6 de maio de 2015

Anne-Marie Imafidon


Naceu en 1990 en Reino Unido. Esta pioneira creou hai uns anos unha asociación para estimular as mozas do seu país a estudar unha carreira relacionada coa ciencia, tecnoloxía, enxeñería ou matemáticas. Esta asociación recibe o nome de Stemettes.
Anne-Marie ten un máster en ciencias computacionais e estudou matemáticas na Universidade de Oxford (Inglaterra). Recibiu a distinción Point of Light, premio entregado por David Cameron, o primeiro ministro do Reino Unido, por ser “un modelo brillante para as mulleres novas”. 
O pasado mes de Xaneiro, estivo en TEDxBarcelona para compartir como foi a súa xuventude e a súa paixón: as ciencias.


Fonte: www.agenciasinc.es (30/01/15)


1 comentario:

  1. Anne-Marie é sen dúbida unha muller coraxe que loita, sen medo as represalias, polos seus dereitos e polos das demais mulleres como persoas humáns, un gran exemplo a seguir non só para as mulleres, senón tamén para os homes.

    ResponderEliminar