Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas. Amosar todas as publicacións

22 de maio de 2015

Leonhard Euler

Naceu en Basilea, Suiza, en 1707. É considerado o matemático máis influínte de todos os tempos. Con catorce anos, cando comezou a estudar teoloxía, coñeceu na universidade ao matemático Johann Bernoulli. Este descubriu nel un talento sorprendente e unha poderosa memoria así como unha facilidade extraordinaria para o cálculo e un notable rigor dedutivo. Bernouilli convenceu ao seu pai de que lle permitise dedicarse ás matemáticas.
En 1726 publicou o seu primeiro artigo e 57 anos máis tarde escribiría o último. Neste mesmo ano Daniel Bernoulli, fillo de Johann, chamouno para cubrir a praza de Fisioloxía na Academia de Ciencias de San Petersburgo que quedou vacante pola morte de seu irmán. Á súa chegada morre a tsarina Catalina. Isto obrígao a traballar como médico na armada durante tres anos mentres non se solucionan os conflitos entre a casa imperial e a nobreza. A zarina Ana ocupa o trono e, nese momento, Euler pasa a ocupar a praza de matemático na Academia, da que sería director en 1735.
Casa con Katharina Gsell, coa que ten trece fillos. Neste ambiente atopa a solución ó chamado “problema das pontes de Könisberg” que conduce á moderna Topoloxía. Morta a tsarina Ana, en 1740, Euler acepta a proposta de Federico II de Prusia de ocupar unha praza na Academia de Berlín, onde permanecerá durante vintecinco anos.
É autor de varios libros. “Cartas a unha princesa alemá” é o máis popular deles e unha das primeiras obras de divulgación científica. En “Introductio in analysin infinitorum” nacen as modernas funcións matemáticas e en “Methodus inveniendi” crea o cálculo variacional. En 1766, Euler regresa a San Petersburgo e morre na súa casa o 18 de setembro de 1783 dun infarto cerebral.
Imaxe de wikipedia.org

19 de maio de 2015

María Wonenburger

María Josefa Wonenbuger Planells (Montrove, Oleiros 17 de xullo de 1927- A Coruña , 14 de xuño de 2014) foi a primeira bolseira Fulbright de Matemáticas española.
Iniciou os seus primeiros estudos en A Coruña no instituto Eusebio da Guarda. No 1950 obtivo a licenciatura en Matemáticas na Facultade de Matemáticas da Universidade Central de Madrid (antigo nome da Universidade Complutense de Madrid), ata onde se tivo que desprazar porque en Santiago aínda non existían estos estudos. No ano 1953, foi seleccionada polo Goberno dos Estados Unidos para facer a tese doutoral na Universidade de Yale.
Destacou nas álxebras de Clifford e na teoría dos grupos clásicos. As súas ideas foron empregadas por diversos autores. Xunto con Robert Moody fixo unha xeneralización da teoría das álxebras de Lie simples á dimensión infinita.
No ano 1983 a súa nai caeu nunha enfermidade e Wonenburger regresou á súa cidade natal e retirouse oficialmente das matemáticas.
Nos últimos anos estánselle a facer diversas homenaxes en Galicia para recoñecer o seu labor. O premio da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia leva o seu nome.



Imaxe de asturgalicia.net

Fonte: Casal, Iolanda (2007). Investigadoras galegas. Ed. Compostela.




12 de maio de 2015

Emmy Noether, revolucionaria das matemáticas

Emmy Noether naceu o 23 de marzo de 1882 en Alemania. De orixe xudía, Noether revolucionou a teoría da álxebra, e no seu momento, foi considerada por Albert Einstein como “A xenio creativa das matemáticas”. 
Debido a que naquela época non era habitual que as mulleres foran a universidade, asistiu de oínte as clases que impartía seu pai na Universidade de Erlangen-Núremberg. Finalmente conseguiu matricularse neste centro e doutorarse exercendo a a súa carreira como profesora durante sete anos.
Máis tarde impartiu clase na Universidade de Gotinga dende 1919 ata que no ano 1933, Hitler expulsou aos profesores de ascendencía xudía das institucións públicas alemanas. Noether exiliouse aos EEUU para poder seguir dando clase en Bryn Mawr (Pensilvania) e adicarse á investigación no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton.

Imaxe da wikipedia

Fonte : www.agenciasinc.es (23/03/15) 


6 de maio de 2015

Anne-Marie Imafidon


Naceu en 1990 en Reino Unido. Esta pioneira creou hai uns anos unha asociación para estimular as mozas do seu país a estudar unha carreira relacionada coa ciencia, tecnoloxía, enxeñería ou matemáticas. Esta asociación recibe o nome de Stemettes.
Anne-Marie ten un máster en ciencias computacionais e estudou matemáticas na Universidade de Oxford (Inglaterra). Recibiu a distinción Point of Light, premio entregado por David Cameron, o primeiro ministro do Reino Unido, por ser “un modelo brillante para as mulleres novas”. 
O pasado mes de Xaneiro, estivo en TEDxBarcelona para compartir como foi a súa xuventude e a súa paixón: as ciencias.


Fonte: www.agenciasinc.es (30/01/15)


26 de maio de 2014

Galileo, o inicio da Ciencia

Naceu en 1564 en Pisa (Italia). Foi o primeiro dos sete fillos do músico, comerciante e luthier Vicenzo Galilei.
Galileo estudou desde os 17 anos na universidade da súa cidade natal. Pronto descubriu que os seus verdadeiros intereses derivaban cara ás matemáticas. Foi expulsado da universidade polo seu carácter contestatario, polo que viaxa a Florencia sen obter o diploma universitario e comeza os seus estudos teóricos sobre o centro da gravidade dos corpos. Nesta época inventou o medidor do impulso humano.
Traballou nas Universidades de Pisa e de Padua. Nesta época desenvolvería a ley do movemento uniformemente acelerado e a bomba de auga.
En 1609 perfecciona o seu telescopio e fai unha demostración en Venecia. Despois desta, Venecia interésase polo invento xa que lle outorgaba vantaxes militares e comerciais.
En 1610 volve a Florencia onde intentará transmitir a teoría do Heliocentrismo (O Sol é o centro do Sistema Solar e a Terra móvese a redor del). Ao principio, estivo protexido polo papa Urbano III, pero cando este lle mandou facer unha comparación entre as dúas teorías do Universo o Heliocentrismo e o Xeocentrismo (a Terra é o centro do Sistema Solar e o resto dos planetas xiran a redor dela) e Galileo se negou, foi capturado pola Santa Inquisición. Con amenaza de tortura, Galileo foi obrigado a negar a teoría Heliocentrista e, despois disto, foi condenado a cadena perpétua.




wikipedia.org
Fonte: http://www.losimprescindiblesdelaciencia.es/articulos.html

21 de maio de 2014

Isaac Newton, o mestre da razón

Nacido en 1642 en Liconlshire (Inglaterra), nunha familia analfabeta de granxeiros. Seus pais separáronse ao pouco tempo e viviu a súa infancia xunto aos seus avós.
Xa maior de idade, Newton ingresa no Trinity College da Universidade de Cambridge, onde comeza a ler libros sobre Aristóteles,Galileo e Copérnico; lerá a Óptica de Kepler e sobre todo, Os elementos de Euclides, que lle impresionarán decisivamente.
O libro de ciencia máis importante xamais escrito foi o chamado Principia. Nel explica as Leis da Mecánica e as súas aplicacións, o movemento absoluto e relativo, as mareas, a demostración das Leis de Kepler e a Lei de Gravitación Universal.
O seu cáracter neurótico, case psicótico fixo que sufrira grandes crises persoais e progresivamente perdeu a súa capacidade de concentración. Fixou o seu interese na alquimia, astroloxía, relixión e na historia. Morreu en 1727 e encóntrase enterrado na Abadía de Westminster.
Imaxe de: wikipedia.org

Albert Einstein: O precursor da nova era da Física

Naceu no ano 1979 en Ulm (Alemaña) e foi un neno de desenvolvemento tardío. Na súa infancia, os profesores non viron nada especial nel.
Cando acadou a idade apropiada intentou ingresar no ETH, Instituto Tecnolóxico Federal de Suíza, mais suspendeu o exame de acceso. Máis adiante conseguiríao e alí coñecería á súa primeira parella, Mileva.
En 1905 publicou catro artigos científicos sobre diversos temas. No primeiro fala sobre o movemento browniano e no segundo sobre o efecto fotoeléctrico. No terceiro, afirmou que a velocidade da luz é constante para calquera observador e no cuarto artículo, deduce a fórmula para a variación da masa dunha partícula en movemento.
Recibiría, por cambiar as bases da Física, unha cátedra na Universidade de Berlín.
Presentou a chamada Teoría da Relatividade Xeral (1915) que explica a atracción gravitatoria como unha consecuencia da estrutura xeométrica en catro dimensións. Este foi probablemente o logro científico máis importante da historia.
En 1921 recibe o premio Nobel polas súas achegas á Física Teórica, en especial pola súa explicación do efecto fotoeléctrico.
Einstein morreu en Princenton (EEUU), no 1955.



Imaxe de: wikipedia.org

 
Fonte: http://www.losimprescindiblesdelaciencia.es/articulos.html

12 de maio de 2014

Iris Runge (1888-1966)

Foi unha matemática alemá, primeira no campo da aplicación industrial de métodos estatísticos e no desenvolvemento de métodos gráficos de integración. Estudou nunha época na que a ciencia, a tecnoloxía e a industria estaban sufrindo cambios, cambios que contribuíron á carreira das mulleres na ciencia. Loitou por facerse un oco como muller na industria eléctrica e de comunicacións.
Autora do libro: “A LIFE AT THE CROSSROADS OF MATHEMATICS, SCIENCE, AND INDUSTRY” (unha vida na encrucillada de matemáticas, ciencia e industria), no que trata temas autobiográficos como o camiño que se tivo que abrir para poder chegar a ser quen foi. A medida que o libro avanza, vaise centrando máis nas matemáticas, na tecnoloxía, na política e na sociedade.
En conclusión, foi unha muller importante no campo da ciencia que escribiu un denso libro sobre ciencias e sobre as perspectivas académicas, laborais e profesionais das mulleres que se decidían a formar parte da ciencia na Alemaña do siglo XX.

Imaxe: https://www.hu-berlin.de

Fonte: www.investigacionyciencia.es (Outubro 2013 - Nº 445)