Amosando publicacións coa etiqueta Curiosidades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curiosidades. Amosar todas as publicacións

30 de maio de 2016

Por que "sangran" os glaciares?

Os glaciares son grandes masas de auga conxelada que se atopan nas zonas máis frías do planeta. Normalmente, teñen unha cor branca ou azulada, aínda que as rochas e minerais que arrastran poden cambiar a súa cor a vermella. 
Na Antártida hai unha paraxe chea de glaciares con este fenómeno, coñecida como “fervenzas de sangue”. O primeiro en observar esta paisaxe foi o xeógrafo e explorador australiano Thomas Griffith Taylor en 1911, quen lle dá o nome ao glaciar Taylor. Este é un terreo moi árido, xa que apenas chove, e o glaciar non está conxelado na súa totalidade. A parte sólida atopase enriba dun lago, o cal posúe unha gran concentración de sal e ferro. Cando os ions ferro da auga entran en contacto coa atmosfera, oxídanse e depositan os seus óxidos na superficie. Estes óxidos son os causantes da cor vermella.
Jill Mikucki, microbióloga da Universidade de Tenessee, descubriu que as bacterias autótrofas do ecosistema son as responsables da oxidación dos ions, tomando como fonte de enerxía a materia órganica enterrada xunto a eles.



Imaxe de elembrujodegaia.blogspot.com.es/

Fonte: http://www.muyinteresante.es/naturaleza (publicado

25 de maio de 2016

Alimentos que combaten a resaca

Estudos realizados en diversas clínicas e universidades do mundo conclúen que o consumo de máis alcol ou café non axudan a eliminar a resaca, aínda que hai alimentos que si o fan.
As froitas e o mel, segundo investigacións realizadas na Clínica Cleveland de Ohio, conteñen azúcares que son capaces de eliminar o alcol do corpo. O salmón, os ovos e os lácteos, segundo a mesma clínica, son bos para combater a resaca, xa que conteñen altos niveis de vitaminas B6 e B12, que diminúen os seus efectos.
Os espárragos, segundo un estudo publicado pola revista The Journal of Food Science, conteñen aminoácidos e minerais que axudan a metabolizar o alcol e protexen as células do fígado fronte ao mesmo.
As bebidas deportivas axudan a hidratar o organismo e a subir o nivel de electrolitos, e a dieta BRAT, composta por arroz, plátanos, puré de mazá e pan torrado, permite eliminar a dor de estómago rapidamente producida pola resaca. Finalmente, o xenxibre alivia as náuseas e os mareos causados pola mesma.

Imaxe de muyinteresante.es

Fonte: http://www.muyinteresante.es/salud


13 de maio de 2015

Descubrimento do Uromuna naherba

Un grupo de investigadores da Universidade de Vigo e do Australian Museum acharon un novo exemplar de crustáceo endémico no Grove (Pontevedra, Galicia). Denominárono Uromunna naherba e pertence á orde dos isópodos.
Uromunna naherba mide entre 0,6 e 1,5 milímetros de lonxitude e vive tanto entre as follas das plantas submariñas como nos rizomas ou no talo subterráneo.
Trátase dunha especie de reducido tamaño e limitados desprazamentos e isto fai que sexa proclive á especiación e que os endemismos acontezan con frecuencia. 

Exemplar de Uromuna naherba, un crustáceo de pouco máis dun milímetro./J.A. Peñas-Sinc

Fonte: www.gciencia.com (31/03/2015)


 

11 de maio de 2015

Fibra óptica para diagnosticar e curar.

A fibra óptica, creada polos ilustres Jonh Tyndall, Harold Hopkins e Narinder Singh Kapany, é un dos piares fundamentais sobre o que se apoia a nosa tecnoloxía xa que é a forma mais rápida que temos para comunicarnos de forma guiada. Estímase que o 95% do tráfico global en internet viaxa polos fondos mariños a través de fibras ópticas.
Da mesma maneira que a fibra óptica é o futuro da comunicación, tamén pode ser o futuro de moitas aplicacións médicas como por exemplo a reparación de varices ou a eliminación de tatuaxes: 
As varices son dilatacións venosas causadas por acumulacións de sangue nas veas. Estas son especialmente visibles nas extremidades inferiores. As varices superficiais (“arañas”) ou de grosor intermedio poden quitarse con tratamentos externos de láseres. Non obstante, as varices grosas precisan máis potencia, e para eliminalas introdúcense fibras ópticas para guiar potencias moi altas de luz de láser. Desta maneira, as varices máis gordas “quéimanse” e o propio corpo encárgase de limpar a zona. 
A través da fibra óptica tamén podemos conseguir a retirada de tatuaxes. O que se fai é enviar impulsos eléctricos de alta potencia preparados para un tipo específico de pigmentación. Este láser xera un impulso de luz que é guiado a través dunha fibra óptica. Estes láseres precisan maior potencia que os que se usan para quitar as “arañas” xa que a precisan para profundar mellor no tecido da pel. Ademais permiten facer isto en nanosegundos sen danar a pel.
http://www.gangster-tattoos.com


Fonte: www.investigacionyciencia.es (06/04/15)


6 de maio de 2015

A Terra primitiva devorou un astro semellante a Mercurio

Un equipo de xeoquímicos da Universidade de Oxford afirman que hai máis de 3500 anos, a Terra devorou un obxecto cósmico do tamaño de Marte, pero moi parecido a Mercurio na súa composición: rico en xofre e pobre en osíxeno. 
Os expertos afirman que este choque resultou fundamental para o desenvolvemento da vida actual, pois proporcionou ao núcleo do noso planeta os elementos radiactivos fundamentais para a formación do campo magnético terrestre, campo que nos protexe constantemente das radiacións que chegan continuamente do espazo exterior.




Fonte: www.muyinteresante.es 16/04/15

4 de maio de 2015

Clonación do mamut lanudo

A clonación do mamut está cada vez máis preto de levarse a cabo. George Church, xenetista da Universidade de Harvard, logrou inserir 14 xenes de mamut no ADN dun elefante asiático vivo. 
O ADN de mamut lanudo foi descuberto intacto en exemplares conxelados baixo o xeo dunha illa siberiana. Así, a través do estudio do ADN, levouse a cabo a reconstrución do seu xenoma e a posterior replicación deste. O seguinte paso foi inserir unha copia no xenoma do elefante asiático, o parente máis moderno do mamut, grazas a unha técnica chamada CRISPR (Clustered Regularly Interspaced Short Palindromic Repeats) que permite a reprodución de copias exactas dos xenes.
O obxectivo deste experimento non é obter un mamut nun laboratorio, pero si supón o avance no proceso dunha futura clonación. Desta maneira, o home poderá compensar a parte de culpa que tivo na extinción dese animal.




Fonte: www.muyinteresante.es (25/03/15)

Consecuencias do quentamento global: desaparición dos glaciares

Prevese que os glaciares situados no oeste de Canadá, co paso do tempo, poidan chegar a perder un 50% do seu volume, en lugares nos que o clima sexa seco, e ata un 90% en lugares onde haxa moita humidade. Estes prognósticos baséanse nos escenarios de emisión de gases do efecto invernadoiro. Investigadores canadienses da Universidade de British Columbia combinaron os datos dispoñibles con simulacións do clima a través de ordenadores para conseguir así, unha simulación o máis real posible para o ano 2100.
Este desxeo pode levar unha serie de problemas entre os cales o máis perigoso, sobre todo nesa zona, é que os caudais dos ríos serán moito mais cálidos, o que afectará á produtividade do salmón.



Fonte: www.agenciasinc.es (6/04/15)


28 de maio de 2014

Project Natal de Xbox

Un equipo de enxeñeiros da Universidade de Stanford (EEUU) acaban de deseñar un dispositivo para consolas que podería revolucionar o mundo dos videoxogos. Concretamente, este é un mando que mide as funcións fisiolóxicas dos xogadores e altera o modo de xogo para ter unha experiencia máis real e interesante. 
Basicamente, este dispositivo mide a actividade cerebral do xogador e, a partir dos datos que recolla, vai modificando distintos parámetros do xogo (dificultade, cantidade de luz, etc..). O dispositivo foi deseñado polo investigador Gregory Kovacs da Universidade de Stanford en colaboración con Texas Instruments.
O mando que se usou para instalalo foi o da consola Xbox 360, ao que se lle remprazou a parte traseira por un módulo de plástico tridimensional con varios sensores que miden distintas funcións corporais como o ritmo cardíaco ou a tasa de respiración.

Fonte :www.muyinteresante.es (09/04/2014)

21 de maio de 2014

O consumo de alcohol empeora a visión nocturna

Investigadores da Universidade de Granada demostraron que o consumo de alcohol empeora notablemente a visión na noite. Menoscaba a calidade óptica da imaxe que vemos porque se deteriora a película de lágrima que recobre a superficie do ollo. 

Isto sucede xa que o alcohol aumenta a percepción dos círculos luminosos e produce alteracións visuais nocturnas o que dá lugar a unha visión deficiente. 

Estes investigadores realizaron o experimento con 67 participantes aos que se lle mediu a tasa de alcoholemia en aire expirado e aos que lles fixeron probas de rendemento visual nocturno.


Fonte: www.muyinteresante.es  ( 25/04/14 )  

21 de maio de 2013

Tartaruga que ouriña pola boca

Científicos da Universidade Nacional de Singapour plantearon a idea, tras a observación dunha tartaruga, que esta orinaba pola boca. Viuse que mentres está en terra, cada certo tempo sumerxe a cabeza na agua durante moito tempo. Este estudo demostra que o fai para escretar urea pola boca. Medindo os niveis de urea na saliva comprobouse que eran máis altos que no sangue.
Este comportamento, débese a súa adaptación a un entorno de augas salgadas. Nestes casos, os animais excretan urea a través do ril e necesitan beber moito, o cal, supón un problema cando á única auga disponible é salgada.

Latinosenlared.com


Fonte: www.muyinteresante.es (11/10/2012)

14 de maio de 2013

O cerebro distingue sílabas varios meses antes de nacer.

O cerebro dos fetos entre 28 e 32 semanas de xestación está listo para establecer funcións neuronais encargadas de descifrar a fala humana, segundo un estudo publicado na revista Proceedings of National Academy of Sciences (PNAS).
 Un equipo de investigadores de varias institucións en Francia indican que, os nenos ao nacer xa son capaces de distinguir algunhas sílabas e recoñecer a fala humana segundo a axencia SINC. Con todo, aínda non está claro como estes circuítos neuronais procesan a linguaxe inmatura.
 Os investigadores levaron a cabo un experimento no que empregaron tecnoloxia óptica mediante un escáner con 12 fetos de entre 28 e 32 semanas de xestación, a idade máis temperá de resposta cortical a estímulos externos, mentres estaban a durmir. O obxectivo foi verificar se o cerebro prematuro pode entender diferenzas en sílabas lingüísticas e non lingüísticas.




Fonte: www.muyinteresante.es (26/02/2013)

10 de maio de 2013

Cinco cousas que che fan perder a memoria

  • Embarazo: As mulleres embarazadas son particularmente propensas a ver diminuída a súa memoria espacial, perda que se mantén ata tres meses despois do parto.
  • Tabaco: Estudos recentes da Universidade de Northumbria demostraron que os fumadores teñen unha memoria máis pobre cós non fumadores.
  • Exceso de grasa: Se a nosa dieta contén graxa e colesterol moi saturados incha o cerebro, a función dos nervios altérase e a memoria a curto prazo redúcese.
  • Hipertensión: A partir dos 45 anos de idade, a hipertensión asóciase coa perda de memoria, segundo demostrou un estudo da Universidade de Alabama. Os autores atribúen isto ao debilitamento das pequenas arterias do cerebro.
  • Estrés crónico: As hormonas do estrés afectan negativamente a función da cortiza cerebral xa que os sinais nesta rexión son transmitidos a través do glutamato, cuxos niveis caen cando nos estresamos repetidamente.
Animación da Wikipedia
Fonte: www.muyinteresante.es (19/04/2013)

7 de maio de 2013

As formigas matemáticas

Según diversos estudos, as formigas son mellores en matemáticas cós humanos porque escollen o camiño máis rápido, en lugar do máis curto, para se desprazaren dun determinado punto a outro.
Pode ser que o camiño máis curto dificulte a nosa velocidade por calquera motivo, pero os humanos tendemos a escollelo, mentres que as formigas escollen o máis rápido aínda que camiñen máis distancia.
Para a investigación empregáronse colonias de Wasmannia auropunctata, unha das especies  de formigas máis invasoras do mundo. 


Alex Wild 2007 (myrmecos.net)
Fonte: www.quo.es (18/04/2013)

24 de outubro de 2012

Que é unha gaiola de Faraday?

Pois non é máis que unha caixa metálica que nos protexe de descargas eléctricas. Esta propiedade débese á capacidade que teñen os materiais condutores, coma os metais, de anular o efecto dos campos eléctricos externos.
Este curioso fenómeno, descuberto polo físico inglés Michael Faraday, ten unha importante aplicación na protección dos avións, pois  non se ven afectados polo impacto dos raios cando se atopan en pleno voo. Na seguinte gravación podes comprobalo.