4 de maio de 2015

Clonación do mamut lanudo

A clonación do mamut está cada vez máis preto de levarse a cabo. George Church, xenetista da Universidade de Harvard, logrou inserir 14 xenes de mamut no ADN dun elefante asiático vivo. 
O ADN de mamut lanudo foi descuberto intacto en exemplares conxelados baixo o xeo dunha illa siberiana. Así, a través do estudio do ADN, levouse a cabo a reconstrución do seu xenoma e a posterior replicación deste. O seguinte paso foi inserir unha copia no xenoma do elefante asiático, o parente máis moderno do mamut, grazas a unha técnica chamada CRISPR (Clustered Regularly Interspaced Short Palindromic Repeats) que permite a reprodución de copias exactas dos xenes.
O obxectivo deste experimento non é obter un mamut nun laboratorio, pero si supón o avance no proceso dunha futura clonación. Desta maneira, o home poderá compensar a parte de culpa que tivo na extinción dese animal.




Fonte: www.muyinteresante.es (25/03/15)

Ningún comentario:

Publicar un comentario