Amosando publicacións coa etiqueta Biografías. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biografías. Amosar todas as publicacións

1 de xuño de 2016

Nicolás Copérnico (1473-1543)

Copérnico é coñecido como o iniciador da revolución científica que cambiou de maneira decisiva a historia da ciencia e con iso a da humanidade. Naceu en Thorn (hoxe Polonia), e criouse baixo os coidados do seu tío Lucas Watzenrode, quen se fixo cargo dos seus estudos.
Estudou Dereito, Medicina, Grego, Filosofía, Ciencias e Astronomía na Universidade de Cracovia. Chegou a exercer a Medicina mais foron os seus traballos sobre Astronomía os que o converteron nun dos científicos máis famosos de todos os tempos.
A primeira teoría referente ao universo foi dun astrónomo grego chamado Claudio Ptolomeo que dicía que a Terra ocupaba o centro do Universo, e así movíanse os planetas, a Lua é o Sol en órbitas circulares a diferentes distancias en torno a ela, existindo unha esfera externa onde situar as estrelas, é dicir, a Terra era o centro do universo e polo tanto o ser humano. 
Copérnico contradiciu a teoría de Ptolomeo coa súa propia, grazas as observacións que realizou nas torres de Heilsberg, Allenstein e Frauenburg.
No seu libro De revolutionibus orbium coelestium expuxo a súa teoría heliocéntrica na que o sol é o centro do universo, os planetas orbitan arredor del e os satélites arredor dos planetas. 
Con este descubrimento de Copérnico inaugúrase unha nova época que fai ver dunha maneira diferente a observación do universo, mais as súas teorias do universo enfrontáronse coa Igrexa. O desprazamento da Terra e mais do home do centro do Universo foi rexeitado e a súa obra incluida no Índice de Libro Prohibidos pola Igrexa.

Imaxe de wikipedia.org

Fonte: http://www.losimprescindiblesdelaciencia.es/artpdf/01a.pdf



30 de maio de 2016

Ida Pfeiffer

Ida Pfeiffer foi a primeira occidental en penetrar nas rexións inexploradas de Borneo. Naceu o 14 de outubro de 1797 en Viena (Austria) e morreu no mesmo lugar o 27 de outubro de 1858.  
De familia humilde e sen recursos, estudaba xeografía ás agachadas pois o seu soño era viaxar arredor do mundo e coñecer cousas novas. Cando reuniu o valor necesario para marchar da casa e viaxar, foi a Brasil, China, Singapur, Ceilán, India, Mesopotamia, Persia, Kurdistán, Polinesia, Borneo, Madagascar… co lema: “Ver o máximo posible; gastar o menos posible”.
É famosa por ser unha das poucas mulleres que explorou Borneo onde conviviu con indíxenas. Logrou que os homes de todos eses lugares respectasen a súa vontade.

Imaxe de wikipedia.org

Fonte: LAPIERRE, Alexandra & MOUCHERD, Christel (2007). Grandes aventureras. Ed. Blume. Barcelona.


22 de maio de 2015

Pilar Bermejo

Santiago, 1956.
Foi Vicedecana da Facultade de Química dende 1989 ata 1994 e directora do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía dende 1998 ata 2006.
Dirixe nesta facultade o Grupo de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación.
Dirixiu e desenvolveu numerosos proxectos de investigación. Entre eles citamos o realizado coa cooperativa galega leiteira Feiraco para obter leite enriquecido en selenio, elemento químico que achega propiedades protectoras contra o cancro e a diabete.

 
Pilar Bermejo é decana da Facultade de Química dende 2014.
Imaxe de www.lavoz degalicia.es
Fonte:Casal, Iolanda (2007). Investigadoras galegas.Ed. Compostela.

Leonhard Euler

Naceu en Basilea, Suiza, en 1707. É considerado o matemático máis influínte de todos os tempos. Con catorce anos, cando comezou a estudar teoloxía, coñeceu na universidade ao matemático Johann Bernoulli. Este descubriu nel un talento sorprendente e unha poderosa memoria así como unha facilidade extraordinaria para o cálculo e un notable rigor dedutivo. Bernouilli convenceu ao seu pai de que lle permitise dedicarse ás matemáticas.
En 1726 publicou o seu primeiro artigo e 57 anos máis tarde escribiría o último. Neste mesmo ano Daniel Bernoulli, fillo de Johann, chamouno para cubrir a praza de Fisioloxía na Academia de Ciencias de San Petersburgo que quedou vacante pola morte de seu irmán. Á súa chegada morre a tsarina Catalina. Isto obrígao a traballar como médico na armada durante tres anos mentres non se solucionan os conflitos entre a casa imperial e a nobreza. A zarina Ana ocupa o trono e, nese momento, Euler pasa a ocupar a praza de matemático na Academia, da que sería director en 1735.
Casa con Katharina Gsell, coa que ten trece fillos. Neste ambiente atopa a solución ó chamado “problema das pontes de Könisberg” que conduce á moderna Topoloxía. Morta a tsarina Ana, en 1740, Euler acepta a proposta de Federico II de Prusia de ocupar unha praza na Academia de Berlín, onde permanecerá durante vintecinco anos.
É autor de varios libros. “Cartas a unha princesa alemá” é o máis popular deles e unha das primeiras obras de divulgación científica. En “Introductio in analysin infinitorum” nacen as modernas funcións matemáticas e en “Methodus inveniendi” crea o cálculo variacional. En 1766, Euler regresa a San Petersburgo e morre na súa casa o 18 de setembro de 1783 dun infarto cerebral.
Imaxe de wikipedia.org

19 de maio de 2015

Aphra Behn

Foi unha espía e cortesana inglesa que naceu en 1640, no seno dunha familia pobre e traballadora. Inventou que procedía dunha familia aristócrata para que non se lle cerrarán portas no futuro.
En 1663, Aphra foi enviada a Surinam, na Ámerica do Sur, por Lord Willoughby coa misión de observar a loita polo poder entre o gobernador e os colonos. Escribiu sobre esta experiencia a novela Oroonoko.
En 1667 foi enviada, por Carlos II, a Amberes, Holanda, nunha misión de espionaxe para comprobar a calidade da información que un axente inglés afirmaba ter no seu poder, nuns expedientes confidenciais sobre o exército holandés. Foi baixo o nome de Astrea, a cambio dunha paga miserable.
Aphra buscaba a riqueza e un papel clave na corte, pero cando volveu a Londres encarcearona polas débedas. A salvación da súa ruína foi a literatura. Publicou en 1670 a obra de teatro The Forced Marriage, acadando un inmediato éxito.  
http://www.npg.org.uk/

Fonte: Lapierre, Alexandra; Mouchard, Christel (2007). Grandes aventureras. Ed. Blume

María Wonenburger

María Josefa Wonenbuger Planells (Montrove, Oleiros 17 de xullo de 1927- A Coruña , 14 de xuño de 2014) foi a primeira bolseira Fulbright de Matemáticas española.
Iniciou os seus primeiros estudos en A Coruña no instituto Eusebio da Guarda. No 1950 obtivo a licenciatura en Matemáticas na Facultade de Matemáticas da Universidade Central de Madrid (antigo nome da Universidade Complutense de Madrid), ata onde se tivo que desprazar porque en Santiago aínda non existían estos estudos. No ano 1953, foi seleccionada polo Goberno dos Estados Unidos para facer a tese doutoral na Universidade de Yale.
Destacou nas álxebras de Clifford e na teoría dos grupos clásicos. As súas ideas foron empregadas por diversos autores. Xunto con Robert Moody fixo unha xeneralización da teoría das álxebras de Lie simples á dimensión infinita.
No ano 1983 a súa nai caeu nunha enfermidade e Wonenburger regresou á súa cidade natal e retirouse oficialmente das matemáticas.
Nos últimos anos estánselle a facer diversas homenaxes en Galicia para recoñecer o seu labor. O premio da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia leva o seu nome.



Imaxe de asturgalicia.net

Fonte: Casal, Iolanda (2007). Investigadoras galegas. Ed. Compostela.




12 de maio de 2015

Emmy Noether, revolucionaria das matemáticas

Emmy Noether naceu o 23 de marzo de 1882 en Alemania. De orixe xudía, Noether revolucionou a teoría da álxebra, e no seu momento, foi considerada por Albert Einstein como “A xenio creativa das matemáticas”. 
Debido a que naquela época non era habitual que as mulleres foran a universidade, asistiu de oínte as clases que impartía seu pai na Universidade de Erlangen-Núremberg. Finalmente conseguiu matricularse neste centro e doutorarse exercendo a a súa carreira como profesora durante sete anos.
Máis tarde impartiu clase na Universidade de Gotinga dende 1919 ata que no ano 1933, Hitler expulsou aos profesores de ascendencía xudía das institucións públicas alemanas. Noether exiliouse aos EEUU para poder seguir dando clase en Bryn Mawr (Pensilvania) e adicarse á investigación no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton.

Imaxe da wikipedia

Fonte : www.agenciasinc.es (23/03/15) 


26 de maio de 2014

Galileo, o inicio da Ciencia

Naceu en 1564 en Pisa (Italia). Foi o primeiro dos sete fillos do músico, comerciante e luthier Vicenzo Galilei.
Galileo estudou desde os 17 anos na universidade da súa cidade natal. Pronto descubriu que os seus verdadeiros intereses derivaban cara ás matemáticas. Foi expulsado da universidade polo seu carácter contestatario, polo que viaxa a Florencia sen obter o diploma universitario e comeza os seus estudos teóricos sobre o centro da gravidade dos corpos. Nesta época inventou o medidor do impulso humano.
Traballou nas Universidades de Pisa e de Padua. Nesta época desenvolvería a ley do movemento uniformemente acelerado e a bomba de auga.
En 1609 perfecciona o seu telescopio e fai unha demostración en Venecia. Despois desta, Venecia interésase polo invento xa que lle outorgaba vantaxes militares e comerciais.
En 1610 volve a Florencia onde intentará transmitir a teoría do Heliocentrismo (O Sol é o centro do Sistema Solar e a Terra móvese a redor del). Ao principio, estivo protexido polo papa Urbano III, pero cando este lle mandou facer unha comparación entre as dúas teorías do Universo o Heliocentrismo e o Xeocentrismo (a Terra é o centro do Sistema Solar e o resto dos planetas xiran a redor dela) e Galileo se negou, foi capturado pola Santa Inquisición. Con amenaza de tortura, Galileo foi obrigado a negar a teoría Heliocentrista e, despois disto, foi condenado a cadena perpétua.




wikipedia.org
Fonte: http://www.losimprescindiblesdelaciencia.es/articulos.html

21 de maio de 2014

Isaac Newton, o mestre da razón

Nacido en 1642 en Liconlshire (Inglaterra), nunha familia analfabeta de granxeiros. Seus pais separáronse ao pouco tempo e viviu a súa infancia xunto aos seus avós.
Xa maior de idade, Newton ingresa no Trinity College da Universidade de Cambridge, onde comeza a ler libros sobre Aristóteles,Galileo e Copérnico; lerá a Óptica de Kepler e sobre todo, Os elementos de Euclides, que lle impresionarán decisivamente.
O libro de ciencia máis importante xamais escrito foi o chamado Principia. Nel explica as Leis da Mecánica e as súas aplicacións, o movemento absoluto e relativo, as mareas, a demostración das Leis de Kepler e a Lei de Gravitación Universal.
O seu cáracter neurótico, case psicótico fixo que sufrira grandes crises persoais e progresivamente perdeu a súa capacidade de concentración. Fixou o seu interese na alquimia, astroloxía, relixión e na historia. Morreu en 1727 e encóntrase enterrado na Abadía de Westminster.
Imaxe de: wikipedia.org

HENRIETTA SWAN LEAVITT( 1857-1911)

Naceu nos Estados Unidos. Estudou o bacharelato no Radcliffe College onde atopou a súa fascinación pola astronomía.
 
En 1893 entra a traballar como voluntaria no Harvard College Observatory xunto con máis mulleres astrónomas ás que lle chamaron “harén”, debido ao machismo da época. Pronto se retirou do seu traballo no observatorio debido a unha xordeira.
 
A súa aportación ao mundo da astronomía permitiu anos máis tarde calcular as distancias entre galaxias despois dun estudio sobre as variables Cefeidas da Nube de Magalláns e numerosos cálculos. Non puido ser recoñecida como a autora deste gran avance xa que tiña unha saúde débil o que fixo que morrera pronto, feito ao que tamén se lle sumou o carácter fortementre machista dunha sociedade que non llo permitiu.

En 2009 a directora do Museo da Ciencia e o Cosmos (La Laguna, Tenerife), Carmen del Puerto, preparou unha obra de teatro sobre ela.
                            
20090213021930-gal-leavitt2.jpg
Imaxe:http://vgomez.blogia.com/2009/021301-henrietta-swan-leavitt.php

 
 
Fontes: 
http://www.muyinteresante.es ( 26/11/09 )  

http://www.elmundo.es  ( 07/10/09 )
 

Albert Einstein: O precursor da nova era da Física

Naceu no ano 1979 en Ulm (Alemaña) e foi un neno de desenvolvemento tardío. Na súa infancia, os profesores non viron nada especial nel.
Cando acadou a idade apropiada intentou ingresar no ETH, Instituto Tecnolóxico Federal de Suíza, mais suspendeu o exame de acceso. Máis adiante conseguiríao e alí coñecería á súa primeira parella, Mileva.
En 1905 publicou catro artigos científicos sobre diversos temas. No primeiro fala sobre o movemento browniano e no segundo sobre o efecto fotoeléctrico. No terceiro, afirmou que a velocidade da luz é constante para calquera observador e no cuarto artículo, deduce a fórmula para a variación da masa dunha partícula en movemento.
Recibiría, por cambiar as bases da Física, unha cátedra na Universidade de Berlín.
Presentou a chamada Teoría da Relatividade Xeral (1915) que explica a atracción gravitatoria como unha consecuencia da estrutura xeométrica en catro dimensións. Este foi probablemente o logro científico máis importante da historia.
En 1921 recibe o premio Nobel polas súas achegas á Física Teórica, en especial pola súa explicación do efecto fotoeléctrico.
Einstein morreu en Princenton (EEUU), no 1955.



Imaxe de: wikipedia.org

 
Fonte: http://www.losimprescindiblesdelaciencia.es/articulos.html

19 de maio de 2014

Mar Capeáns

Naceu en Santiago de Compostela en 1967. É licenciada en física e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade traballa como investigadora no CERN (Organisation européenne pour la recherche nucléaire).

Cando estudaba non tiña claro que fose apostar pola investigación pero no último curso fascinoulle unha materia sobre os conceptos dos detectores de partículas.

Despois de licenciarse botou un tempo colaborando no departamento de física de particulas da USC. Marchou a Xenebra no 1992 para traballar 12 meses no grupo de Georges Charpak, que recibiu o Premio Nobel de física ese mesmo ano. Estivo no CERN ata 1998, ano no que foi traballar a outro laboratorio de física de partículas, o alemán DESY. Dous anos despois volveu ao CERN para quedar definitivamente. Alí traballou no proxecto ATLAS, entre outros. Ten máis de 60 publicacións en revistas científicas de prestixio internacional. Actualmente está traballando nun experimento do LHC cuxo obxetivo é entender o porque do Big Bang.


 
Fonte: Casal, Iolanda (2007). Investigadoras galegas. Grupo Correo Gallego.


12 de maio de 2014

Iris Runge (1888-1966)

Foi unha matemática alemá, primeira no campo da aplicación industrial de métodos estatísticos e no desenvolvemento de métodos gráficos de integración. Estudou nunha época na que a ciencia, a tecnoloxía e a industria estaban sufrindo cambios, cambios que contribuíron á carreira das mulleres na ciencia. Loitou por facerse un oco como muller na industria eléctrica e de comunicacións.
Autora do libro: “A LIFE AT THE CROSSROADS OF MATHEMATICS, SCIENCE, AND INDUSTRY” (unha vida na encrucillada de matemáticas, ciencia e industria), no que trata temas autobiográficos como o camiño que se tivo que abrir para poder chegar a ser quen foi. A medida que o libro avanza, vaise centrando máis nas matemáticas, na tecnoloxía, na política e na sociedade.
En conclusión, foi unha muller importante no campo da ciencia que escribiu un denso libro sobre ciencias e sobre as perspectivas académicas, laborais e profesionais das mulleres que se decidían a formar parte da ciencia na Alemaña do siglo XX.

Imaxe: https://www.hu-berlin.de

Fonte: www.investigacionyciencia.es (Outubro 2013 - Nº 445)

22 de outubro de 2013

Seguindo os pasos de Michael Faraday

Coñece Londres seguindo os pasos de Michael Faraday, brillante científico británico do século XIX, a quen lle debemos importantes aportacións no campo da electricidade e o magnetismo.


 
 

21 de maio de 2013

A Monxa de Alférez

Catalina de Erauso foi unha soldado que naceu no 1592. Aos catro anos foi obrigada a entrar no convento de San Sebastián el Antiguo na que se fixo monxa. Tivo diferentes identidades, pero sempre masculinas, coma Pedro de Orive ou Francisco de Loyola. No ano 1625 escribiu as súas memorias nas que narra a súa vida como soldado.

Embarcouse a América por primeira vez en 1615 onde participou nunha das guerras máis perigosas contra os indios na que, por mala sorte, matou ao seu irmán sen poder evitalo.

Cando declarou a súa verdadeira identidade ante o obispo de Huamanga, este meteuna novamente nun convento.

Imaxe da Wikipedia


Fonte: Lapierre, Alexandra; Mouchard, Christel. Grandes aventureras. Ed.Blume

14 de maio de 2013

Robert Hooke, o científico experimental

Científico polifacético que nace no 1635 en Freshwater ( Reino Unido).
Destacou nunha enorme variedade de campos como a astronomía, química, bioloxía, entre outras. Grazas a el, a Royal Society de Londres chegou a converterse no centro da ciencia europea e mundial. Escribiu numerosos artículos e realizou diversos descubrimentos, entre os que destacan a lei de Hooke sobre a elasticidade dun resorte. 
A obra de Hooke que se convertiu nun dos grandes libros da historia foi “Micrographia” no que se describen diversas observacións microscópicas e tres telescópicas. Esta obra abriu ao público as portas dun novo mundo: o mundo microscópico.
Ao longo da súa vida mantivo diversas disputas con algúns científicos como Newton.
No seguinte video Richard Dawkins fainos un resumo da súa vida.




10 de maio de 2013

Deportista polifacética

Marie Félicie Élisabeth Marvingt naceu en Aurillac (Francia) en 1875. Destacou moi pronto pola súa habilidade deportiva.
Demostrou en diversas probas que podía competir contra calquera home e logrou da Academia de Deportes Francesa a medalla de ouro “por tódolos deportes” en 1910.
En 1909 probou por primeira vez a súa maior paixón: os avións. Está considerada como a primeira muller en pilotar en solitario un avión monoplano.
A Gran Guerra impulsouna a loitar pola construción de ambulancias aéreas. Morreu o 14 de decembro de 1963 mentres durmía. 

Imaxe de wikimedia.org


Fonte: Marck, Bernard. Ellas conquistaron el cielo. Ed. Blume



John Dalton, pai da teoría atómica

Célebre físico inglés. Con doce anos comezou o seu interese pola ciencia.
Dalton tiña dificultades para diferenciar determinadas cores polo que, hoxe en día, esta enfermidade coñecese co nome de daltonismo, na súa honra.
É coñecido pola súa teoría atómica, que explica que a materia está formada por átomos e que estes son indivisibles e non se poden nin crear nin destruír. Tamén afirma que os átomos se poden combinar de tal maneira que se crean estruturas máis complexas.
Esta teoría era moi útil para explicar as reaccións químicas, pero foi rexeitada por moitos científicos  da época. Hoxe en día está demostrado que o átomo se pode dividir.

Imaxe da wikipedia
Fonte:  www.losimprescindiblesdelaciencia.com


7 de maio de 2013

O ruso Mendeléiev e a química.

Científico ruso nacido en 1834 en Tobolsk. Foi un estudante avantaxado que pronto destacou en matemáticas, física e xeografía. Aos 15 anos xa rematara os seus estudos e o empeño da súa nai fixo posible que entrara no Instituto Pedagóxico Central de San Petersburgo onde obtivo o título de maestro en Ciencias aos 21 anos. Foi un persoieiro patriota que orientou todas as súas actividades ao servicio de Rusia.
En 1969 publicou a primeira versión da súa grande obra científica, a ordenación dos elementos químicos de acordo co súa lei periódica. O elemento número 101 da táboa periódica leva o nome de Mendelevio na súa honra.


Imaxe da Wikipedia


Fontes:

www.losimprescindiblesdelaciencia.com

Román Polo, Pascual (2002). Mendelèiev. El profeta del orden químico. Ed. Nivola.

James Watt, o creador da máquina de vapor

Inventor inglés da máquina de vapor nacido en Greenock no 1736. Descubriu o calor latente, necesario para producir cambios entre os estados sólidos, líquidos e gasosos, grazas ao profesor de medicina James Black.
Watt, reparando un prototipo de máquina de “vapor” de Newcomen, estudou o seu funcionamento, diseñando así unha cámara para a condensación do vapor separada do resto da máquina e así creou a máquina de vapor. Posteriormente, patentou esta máquina, o que o levou a acadar a fama e aumentar o seu nivel económico.
Este invento aplicouse a diversos campos: minería, cantería, téxtil. Por último, empregouse no ferrocarril, o que permitía transportar persoas e mercancías. Faleceu en Birmingham o 19 de agosto do 1819. 

Imaxe da wikipedia