É posible conseguir que unha batería se recargue ao 100% nun só minuto? Ata agora todos os investigadores o daban por imposible, aínda que non deixaron de intentalo. Un equipo de científicos da Universidade de Stanford (E.E.U.U.) está a conseguilo.
Existen moitas diferenzas entre esta nova batería e as convencionais. Unha delas é que a primeira pode soportar 7.500 cargas e descargas (chamados ciclos) fronte ás 1.000 que soportan as actuais. O material do que están feitas tamén é distinto: as baterías tradicionais están feitas de litio, mentras que estas novas baterías están feitas de aluminio. A principal vantaxe deste material é que é ignífugo, o que evita que a batería estoupe ou prenda lume a pesar da súa velocidade de proceso de datos. Ademáis, grazas ás características físicas do aluminio, estas baterías poderíanse incorporar nos futuros dispositivos flexibles.
O único problema actual para non poder empregar xa estas baterías é que contan cunha voltaxe de só dous voltios, mentras que as actuais precisan máis de tres. Isto obrigaría a poñer dúas baterías nun mesmo dispositivo ou mellorar os dispositivos actuais.
Polo momento non se coñece unha data de lanzamento a nivel comercial para este invento, pero o seu éxito está máis que asegurado.
http://entertecno/tag/bateria-recargable-en-un-minuto/ |
Sen dúbida, sería un gran éxito, xa que así, o pouco que lle dura a batería actualmente aos teléfonos e o moito que lles leva cargar, xa formaría parte do pasado. Tamén temos que ter en conta, que o tempo que a xente abandona os dispositivos para deixalos cargar, xa non existiría, polo tanto, as persoas pasarían incluso máis tempo aferrados a estas tecnoloxías.
ResponderEliminarMoi bo traballo! Creo que o intento de mellorar as baterías xa se debería haber feito moito antes, pois as actuais tardan moito en cargar e descárganse moi rápido. Por iso me pareceu moi interesante e útil este novo invento.
ResponderEliminarUn traballo moi interesante. Actualmente utilízanse moitos dispositivos que funcionan con batería e, se se pode conseguir que se cargue nun minuto, sería un avance moi significativo e importante.
ResponderEliminarÉ un estudo realmente interesante! A maioría das baterías de hoxe en día, tardan moito en cargarse e, se precisas usar o mesmo aparello electrónico durante todo o día, tes que depender do cargador ou dunha batería portátil. Espero que este proxecto se poida comercializar pronto xa que, sería un avanze e unha vantaxe bastante significativa
ResponderEliminarUn avance moi importante, debido a que case todos os dispositivos utilizan batería e necesitan ser cargados, cousa que require tempo.
ResponderEliminarSe estas baterías chegaran a implantarse no mercado actual sería un paso xigantesco para todos os dispositivos que funcionan con batería. Eliminaríanse os longo períodos de carga o que daría paso a unha maior versatilidade e disfrute de todos os dispositivos actuaís.
ResponderEliminar