Amosando publicacións coa etiqueta Bioloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bioloxía. Amosar todas as publicacións

30 de maio de 2016

O humor galego entre os científicos

Famelab é un concurso internacional que pretende fomentar a divulgación científica a través de monólogos. 
A bióloga galega Alba Aguión Tarrío, de 26 anos, impúxose na edición de 2016 co monólogo “A intelixencia do formigueiro” no que explicou o mundo das formigas. 
 A investigadora representará a España no encontro internacional de Famelab que terá lugar en terras británicas. O xurado deste concurso, que desde 2007 se celebra en viente e cinco países coa colaboración de 5000 investigadores, foi integrado polo bioquímico Didac Carmona, a meteoróloga da TVE Mónica López Moyano e o cómico Enrique Pérez Vergara.
A Raíña Letizia por terceiro ano consecutivo, foi a encargada de entregar o premio.

Imaxe de gciencia.com

Fonte: www.giencia.com (publicado 13/05/2016)

27 de maio de 2016

Os océanos afectados polo cambio climático

A investigación realizada por AZTI-Tecnalia, apunta a que o oceano sufrirá un incremento na súa temperatura superior a dous graos centígrados a finais deste século. Como consecuencia, haberá cambios na circulación oceánica e unha maior estratificacion na columna de auga, que afectará á dispoñibilidade de nutrientes para o crecemento marino.

O incremento da temperatura do mar provocará unha redución nas producións primaria e secundaria de biomasa do fitoplancton e zooplancton dun 6% e 11% respectivamente.
Outro efecto negativo será unha menor absorción de CO2 na atmosfera por parte dos océanos, o que se traducirá nunha menor capacidade destes para controlar o clima.


Imaxe de www.mundo-geo.es

Fonte: www.mundo-geo.es

20 de maio de 2015

Predicir a orixe do cancro

Un estudo realizado por expertos do MIT(Massachussets Institute of Technology), a Universidade de Harvard e a Universidade de Washington amosa un novo modo para atopar o tipo de célula que se encontra detrás de calquera tumor. Estudando os datos aportados polo Roadmap Epigenomics Program, o equipo atopou que as caracteristicas dun tumor poden servir para determinar de onde provén. 
Un dos investigadores, afirma que o seu descubrimento pode predicir especificamente, para distintos tipos de cancro, onde se producirán as mutacións e cal foi a célula orixinal que o causou.
As mutacións son a causas que se agochan detrás de todos os tumores. Os cientificos estudaron diferentes tipos de células provintes de distintos tipos de cancro, como por exemplo o de colon e o de cerebro. En todas elas observaron que as mutacións estaban relacionadas coas estructuras da cromatina. A estructura da cromatina é tan única como unha pegada dactilar e resulta ser unha ferramenta moi fiable para determinar a célula responsable.

Imaxe de www.abc.es

Fonte: www.quo.es (18/02/2015)

13 de maio de 2015

Descubrimento do Uromuna naherba

Un grupo de investigadores da Universidade de Vigo e do Australian Museum acharon un novo exemplar de crustáceo endémico no Grove (Pontevedra, Galicia). Denominárono Uromunna naherba e pertence á orde dos isópodos.
Uromunna naherba mide entre 0,6 e 1,5 milímetros de lonxitude e vive tanto entre as follas das plantas submariñas como nos rizomas ou no talo subterráneo.
Trátase dunha especie de reducido tamaño e limitados desprazamentos e isto fai que sexa proclive á especiación e que os endemismos acontezan con frecuencia. 

Exemplar de Uromuna naherba, un crustáceo de pouco máis dun milímetro./J.A. Peñas-Sinc

Fonte: www.gciencia.com (31/03/2015)


 

6 de maio de 2015

A cabeza explosiva


Ata hoxe en día, pensábase que o síndrome da cabeza explosiva, un tipo de alteración do sono que consiste en escoitar un forte son na cabeza antes ou despois de dormir, afectaba a persoas maiores de 50 anos pero os investigadores da Universidade Estatal de Washington desmentíronno.

Estes profesionais fixeron un estudo cunha mostra de 211 estudantes, observabando que un de cada cinco experimentou a sensación de explosión alomenos unha vez na vida. Para algúns deles mesmo tivo consecuencias no seu día a día, producíndolles parálise do sono.

Aínda non se sabe que é o que causa este trastorno, nin se coñecen tratamentos para el pero, o feito de que haxa un porcentaxe considerable de persoas que o padecen, serve como apoio para cada afectado. Decátanse de que non están sós. 


Imaxe de: www.laraza.com/trastornos-del-sueno-que-meten-miedo/

Fonte: www.investigacionyciencia.es (15/04/2015)

4 de maio de 2015

Clonación do mamut lanudo

A clonación do mamut está cada vez máis preto de levarse a cabo. George Church, xenetista da Universidade de Harvard, logrou inserir 14 xenes de mamut no ADN dun elefante asiático vivo. 
O ADN de mamut lanudo foi descuberto intacto en exemplares conxelados baixo o xeo dunha illa siberiana. Así, a través do estudio do ADN, levouse a cabo a reconstrución do seu xenoma e a posterior replicación deste. O seguinte paso foi inserir unha copia no xenoma do elefante asiático, o parente máis moderno do mamut, grazas a unha técnica chamada CRISPR (Clustered Regularly Interspaced Short Palindromic Repeats) que permite a reprodución de copias exactas dos xenes.
O obxectivo deste experimento non é obter un mamut nun laboratorio, pero si supón o avance no proceso dunha futura clonación. Desta maneira, o home poderá compensar a parte de culpa que tivo na extinción dese animal.




Fonte: www.muyinteresante.es (25/03/15)

A orixe do Alzhéimer

Nas últimas semanas estanse a producir moitos adiantos nesta enfermidade: como frear a súa progresión ou mesmo un anticipado diagnóstico da mesma, mediante probas no tecido cutáneo. 

O último dos estudos foi o realizado por un grupo de cientificos da Escola de Mediciña da Universidade Duke, que experimentando con ratos de laboratorio decatáronse de que coa aparición da enfermidade, as células do sistema nervioso central comezaban a consumir o aminoácido arxinina, necesario para o correcto funcionamento da memoria.

No seu artigo, publicado na revista Journal of Neuroscience, conclúen que o inhibidor difluorometilornitina (DFNO) bloquea o consumo excesivo de arxinina. 

Hoxe en día, existe un gran número de persoas afectadas e crese que aumentará co paso do tempo. Afecta principalmente a mulleres maiores de 65 anos. 

Este grupo de profesionais estudará a posibilidade de introducir o DFMO como posible fármaco.  

Imaxe de :  células da microglía nun rato de laboratorio con Alzhéimer
(Carol Colton, Universidade Duke)

Fonte: www.investigacionyciencia.es (17/04/2015)

26 de maio de 2014

Abellas con microchips

Científicos australianos colocarán sensores en máis de 5000 abellas para estudar as causas da diminución das súas colonias en todo o mundo.
A organización para a Investigación Industrial e Científica da Mancomunidade de Australia (CSIRO) e a Universidade de Tasmania idearon un proxecto que consiste en colocar sensores nos insectos. Estes chips informarannos das relacións das abellas co seu contorno e os cambios no seu comportamento, calificarán o impacto dos pesticidas e desvelarán as causas do declive das súas colonias.
Paulo de Souza, director do proxecto, informa que estes sensores veñen sendo como unha “mochila” que se lle colocará ás abellas tras sometelas a unha temperatura de cinco graos baixo cero para durmilas.

19 de maio de 2014

Como converter o océano en auga potable.

A día de hoxe ningún método para desalinizar a auga deu resultado polo seu coste de produción e mantemento. Pero científicos da Universidade de Texas desenvolveron un chip que podería converter a auga dos mares en auga potable.

O proceso é moi simple: faise correr a auga por un canal pequeno sobre o que se pon unha corrente eléctrica uniforme de 3 vatios. Con isto conseguimos frear os ións de cloruro de sodio ao paso da auga.

De momento só se conseguiu desalinizar unha pequena porcentaxe da que sería necesaria para o consumo humano. Se se fixese funcionar este proceso, o chip axudaría moito aos sistemas purificadores de auga.


Fonte: www.quo.es (28/08/2013)

16 de maio de 2014

Nova forma de ver os átomos

Maximilian Haider, Harald Rose e Knut Urban conseguiron o Premio BBVA Fronteiras do Coñecemento 2013 por descubrir un microscopio que permite observar con detalle como interaccionan á vez os átomos.

Estes tres homes coñecéronse nun congreso en 1989 e tras escoitar e valorar a proposta que fixera Rose, Haider e Urban propuxéronlle xuntarse para poder levar esa idea a cabo. En 1997 o seu traballo xa daría algún froito pero non foi ata 2003 cando empezaron a comercializar o seu produto. Este produto consistía nun microscopio capaz de visualizar átomos a un picómetro de distancia (billonésima parte do metro). 

A cerimonia de entrega deste premio terá lugar en Madrid o 30 de xuño deste ano.

De esquerda a dereita: Harald Rose, Maximilian Haider e Knut Urban.


Fonte: www.quo.es (21/01/2014)

 

23 de febreiro de 2014

Cicatrices sen puntos

Investigadores da Universidade Pierre e Marie Curie de París estudaron unha solución de nanopartículas (óxido de silicio en po mesturado con auga) que podería ser empregada para pegar tecidos humanos nuns trinta segundos. Até o de agora só se probou en animais, concretamente en fígado de tenreira.
 
 
As súas vantaxes sobre os puntos de sutura convencionais son, por una banda, que as súas nanopartículas se integrarían perfectamente no organismo e por outra, que se evitarían as inflamacións e os desgarros producidos polas agullas.

Fonte: http://www.elmundo.es/salud/

Artigo resumido por Ana Rosa, Isabel e María de 3ºESO C.

21 de maio de 2013

Novos pensamentos da evolución humana

Novos descubrimentos de fósiles complican aínda máis a identificación dos nosos antecesores máis remotos.
O noso parente Lucy, descuberto en 1974, poderiámolo confundir cun humano, aínda que só alcanzaba un metro de estatura e tiña brazos longos, unha cabeza pequena e andaba con dúas pernas.
Este era un membro da especie dos Australopithecus afarensis, que viviu hai 3,2 millóns de anos. Considérase das especies máis antigas na liña evolutiva que deu lugar á nosa, Homo sapiens.
Dous descubrimentos recentes acabaron co pensamento que se tiña sobre a orixe dos humanos: o primeiro, un esquelete completo de hai 4,4 millóns de anos; o segundo, os restos de fósiles dun pé de 3,4 millóns de anos.
Debido a eses descubrimentos, os expertos están reconsiderando que trazos permiten recoñecer a especie como ascendente nosa, que camiño percorreu a especie humana e se existe algunha forma de identificar con fiabilidade o último antepasado común de humanos e chimpancés.


Fonte: www.investigaciónyciencia.es (abril de 2013)

8 de maio de 2013

Riles artificiais

Os investigadores do Hospital Xeral de Massachussets en Boston crearon riles de rata no laboratorio que poderían dar lugar ao desenvolvemento de órganos para o seu transplante a persoas.
Os riles obtidos produciron ouriños no laboratorio e seguírono facendo cando foron transplantados a outras ratas.
Para obter estes órganos partiuse de riles de ratas doantes aos que se lles realizou o proceso de descelularización. A continuación intruducíronse neles novas células para que rexeneraran o tecido.
Demostrouse que este método permitía conservar as complexas estruturas do órgano e que funcionaba en riles de porcos e humanos.
A investigación abre a porta á obtención de órganos a partir das células do propio paciente, o que solucionaría a escaseza de órganos para transplante.


Centro de Médicina Rexenerativa do Hospital Xeral de Massachusetts

Fonte: www.investigaciónyciencia.es (18/04/2013)