5 de maio de 2015

Xa chegou o tempo atómico

Hoxe en día, a tecnoloxía permite facer avances incribles, o máis salientábel é o dos chamados “smartphones” (teléfonos intelixentes en inglés), que case posúen as prestacións dun ordenador moderno, permitindo capturar imaxes de moi boa calidade e ata substituír os reloxos, o medio común de medir o tempo no que vivimos.
A pesar diso, a firma inglesa de produtos de luxo Hoptroff, especialmente reloxos, decideu apostar pola construcción do primeiro reloxo atómico de bolsillo. Este aparato, que, por apariencia parecería un xoguete con agullas falsas, posúe 28 eixes de movemento, cunha agulla insertada en cada un, o que lle permite marcar dende o tempo sideral, ata a temperatura, a humidade e tamén inclúe un pequeno compás, por se algún día perdemos o norte…
Este pequeno enxeño mecánico, ten unha precisión case inigualábel, posto que só atrasa 1,5 segundos por cada mil anos, debido tamén a que o chip que o controla é o Quantum SA.45s., que foi desenvolvido militarmente para medir o tempo con precisión case exacta en lugares onde a cobertura GPS non é posíbel.
Consiste nunha cámara que contén gas de cesio en condicións reguladas por láser, e un resoador de microondas, é dicir, un medidor de oscilacións dos átomos deste gas. É ese bip bip nuclear o que permite que este artiluxio de prezo escandaloso (100.000 libras ou 139.276 euros) continúe facendo a súa función, coma calquera das doce unidades que se fabricaron.

Interior del Hoptroff 10.

Fonte: http://www.alpoma.net/ (25/03/2015)


Ningún comentario:

Publicar un comentario