13 de maio de 2015

O aforro by Tesla

O aforro non é unha obsesión, é unha obriga para moitos fogares actuais en España. Unha das maneiras más citadas a hora do aforro é a factura da luz. Tesla Motors acaba de pór no mercado unha batería que funciona con enerxia renovable chamada Tesla Powerwall e que nos permitiría sacudirnos algo da ditadura que nos impoñen as compañías eléctricas.

Pero a gran cuestión: É o rendemento das baterías realmente fiable? Actualmente están dispoñibles dúas baterías, unha de 10 kW-h e outra de 7 o día, realizadas con tecnoloxia lon-Litio. As baterías funcionan con paneis solares, aínda que a compañía non especificou o número de paneis necesarios. Se ben as baterías non son suficientes para soportar o consumo eléctrico total dunha casa, é posible ter un sistema de electricidade propio e independente grazas a un soporte especial, mediante o cal se poden conectar 9 baterías ao mesmo tempo, e así alcadar 90 kW-h de enerxía, suficiente para manter o consumo eléctrico dun fogar.

Imagen de la Tesla Powerwall.

Fontes:  http://www.elmundo.es (02/05/2015)

2 comentarios:

  1. A batería paréceme un moi bo invento na teoría, pois podería proporcionar a mesma enerxía para un fogar ca unha compañía eléctrica, cun precio moito menor. Sen embargo, na práctica creo que non resultaría moi eficiente, pois necesítanse varias baterías para obter a enerxía necesaria, e ademais, que funcionen con placas solares pode ser outro inconveniente xa que pola noite ou en lugares con pouca luz solar, a Tesla Powerwall non funcionaría.

    ResponderEliminar
  2. A batería paréceme un moi bo invento debido a que, moitas das familias de hoxe en día, non se poden permitir pagar as elevadas facturas de luz. Se esta batería se pode combinar coa enerxía eléctrica, permitiría rebaixar moito o coste desta ao longo do ano.

    ResponderEliminar