20 de maio de 2015

Predicir a orixe do cancro

Un estudo realizado por expertos do MIT(Massachussets Institute of Technology), a Universidade de Harvard e a Universidade de Washington amosa un novo modo para atopar o tipo de célula que se encontra detrás de calquera tumor. Estudando os datos aportados polo Roadmap Epigenomics Program, o equipo atopou que as caracteristicas dun tumor poden servir para determinar de onde provén. 
Un dos investigadores, afirma que o seu descubrimento pode predicir especificamente, para distintos tipos de cancro, onde se producirán as mutacións e cal foi a célula orixinal que o causou.
As mutacións son a causas que se agochan detrás de todos os tumores. Os cientificos estudaron diferentes tipos de células provintes de distintos tipos de cancro, como por exemplo o de colon e o de cerebro. En todas elas observaron que as mutacións estaban relacionadas coas estructuras da cromatina. A estructura da cromatina é tan única como unha pegada dactilar e resulta ser unha ferramenta moi fiable para determinar a célula responsable.

Imaxe de www.abc.es

Fonte: www.quo.es (18/02/2015)

3 comentarios:

  1. Ola Leticia:
    Inauguro coa túa entrada un pequeno exercicio de corrección lingüística que nos pode ser útil a todos. Dis no teu texto "datos aportados". Non é recomendable. Debemos reservar "aportar" para 'chegar a porto' e empregar unha forma equivalente na acepción que ti o utilizas.

    ResponderEliminar
  2. Artigo completo que nos demostra a velocidade coa que se avanza no ámbito científico para detectar e eliminar tumores e outro tipo de enfermidades.

    ResponderEliminar
  3. Interesante artigo que trata sobre un descubrimento que pode ser determinante para un novo avance na medicina.

    ResponderEliminar