Amosando publicacións coa etiqueta Cambio climático. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cambio climático. Amosar todas as publicacións

27 de maio de 2016

Os océanos afectados polo cambio climático

A investigación realizada por AZTI-Tecnalia, apunta a que o oceano sufrirá un incremento na súa temperatura superior a dous graos centígrados a finais deste século. Como consecuencia, haberá cambios na circulación oceánica e unha maior estratificacion na columna de auga, que afectará á dispoñibilidade de nutrientes para o crecemento marino.

O incremento da temperatura do mar provocará unha redución nas producións primaria e secundaria de biomasa do fitoplancton e zooplancton dun 6% e 11% respectivamente.
Outro efecto negativo será unha menor absorción de CO2 na atmosfera por parte dos océanos, o que se traducirá nunha menor capacidade destes para controlar o clima.


Imaxe de www.mundo-geo.es

Fonte: www.mundo-geo.es

13 de maio de 2015

Aos osos polares tamén lles afecta a contaminación

Os osos polares, que xa están en vía de extinción e ameazados polo desxeo e o cambio climático, están agora a correr perigo debido aos contaminantes como é a polución provocada polos plásticos e os contaminantes ambientais que produce a humanidade.
Un estudo realizado por un equipo internacional de científicos, entre os que figura María Jesús Obregón do Instituto de Investigacións Biomédicas , afirma que estes contaminantes poden chegar a afectar ao seu sistema endócrino e reproductivo. 
Este equipo elaborou unha guía para controlar a saúde destes exemplares posto que preocupa a perda do seu hábitat xeado, e polo tanto a súa supervivencia.



Fonte: www.muyinteresante.es (06/04/2015)



4 de maio de 2015

Consecuencias do quentamento global: desaparición dos glaciares

Prevese que os glaciares situados no oeste de Canadá, co paso do tempo, poidan chegar a perder un 50% do seu volume, en lugares nos que o clima sexa seco, e ata un 90% en lugares onde haxa moita humidade. Estes prognósticos baséanse nos escenarios de emisión de gases do efecto invernadoiro. Investigadores canadienses da Universidade de British Columbia combinaron os datos dispoñibles con simulacións do clima a través de ordenadores para conseguir así, unha simulación o máis real posible para o ano 2100.
Este desxeo pode levar unha serie de problemas entre os cales o máis perigoso, sobre todo nesa zona, é que os caudais dos ríos serán moito mais cálidos, o que afectará á produtividade do salmón.



Fonte: www.agenciasinc.es (6/04/15)


26 de maio de 2014

O Ártico derrétese


O xeo do Ártico estase fundindo cada vez máis rápido. Os países cercanos están agardando para lanzarse a explotar recursos: apertura de novas rutas marítimas e grandes cantidades de gas e petróleo.
Investigadores da Universidade de Cambridge chegan á conclusión de que soamente o metano  liberado ao derreterse o permafrost (capa de xeo permanente nos niveis superficiais do solo das  rexións moi frías) situado baixo o Mar de Siberia Oriental, terá un coste económico de 60 billóns de  dólares. Afirman que a liberación deste gas adiantará entre 15 e 25 anos a data na que se esperaba que a temperatura subise máis de dous graos. Isto terá como consecuencia inundacións e fenómenos climáticos extremos que afectarán a todo o planeta.


Fonte: http://www.quo.es/naturaleza/ (25/07/2013)