Descuberto na Universidade de Manchester, o grafeno comparte, xunto cos drons e a IA (intelixencia artificial) o campo de futuros avances que revolucionarán a nosa sociedade. O grafeno componse dunha estrutura de átomos de carbono, que se aliñan formando unha rede dun grosor do tamaña dun só átomo. Esta estrutura confírelle as propiedades de ser o condutor da electricidade máis fino que existe ou de ser transparente, entre outras.
A día de hoxe, a Universidade de Exeter está desenvolvendo melloras substanciais nas propiedades deste revolucionario material. Entre as súas aplicacións posibles están a de fabricar potabilizadores de auga de baixo consumo e alta eficiencia, ou substituír aos actuais condutores dos teléfonos móbiles (óxido de indio e estaño) por unha estrutura de carbono modificada.
Ilustración artística da estrutura de carbono do grafeno (de www.thecuttingedgenews.com) |
Fonte: http://www.muyinteresante.es (12/03/2015)
Bo descubrimento, de útiles aplicacións e con alta eficacia. Cando se investigue un pouco máis podería chegar a supoñer un gran avance.
ResponderEliminarMoi interesante artigo que reflexa a velocidade e eficacia coa que avanzan as novas tecnoloxías de hoxe en día. As miñas felicitacións.
ResponderEliminarOla, Jaime.
ResponderEliminarO verbo "alinear" non existe. É "aliñar", de "liña".
Lois: ante vogal "grande" non apocopa; deberías pór: "grande avance".
Ángel: o verbo é "reflectir", non *"reflexar"
Se para un futuro próximo fóramos capaces de producilo en masa sería un grande avance en moitos campos. Isto permitiríanos substituir diferentes materaís por outro dunha eficiencia moito maior.
ResponderEliminarUn descubrimento moi interesante que podería suponer un gran avance na tecnoloxía futurista. Moi bo trabaixo.
ResponderEliminar