Amosando publicacións coa etiqueta Medicina. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Medicina. Amosar todas as publicacións

30 de maio de 2016

O brazo que Óscar recuperou en 15 días

O 23 de marzo, Óscar González, que exercía a súa profesión nas obras do túnel do AVE, tivo un aparatoso accidente coa máquina que empregaba no que amputou unha extremidade superior.
Para a reconstrución do seu brazo, pasou polas mans dos cirurxiáns Enrique Moledo, Beatriz Postigo e Rafael Otero do Hospital Povisa de Vigo. 
Parte do éxito da operación, que durou máis de 7 horas, debeuse á rápida intervención do 061.
En primeiro lugar estabilizáronselle os ósos ao paciente, e posteriormente, o equipo de cirurxía plástica e reconstrutora reconectou os vasos sanguíneos, os nervios e os tendóns. 
A Óscar ainda lle queda un longo traballo para recuperar a total movilidade do seu brazo. 
En Povisa, un equipo formado de seis médicos están especializados en macro e micro reimplantes, dos cales se realizan unhas 50 intervencións anuais.

Imaxe de gciencia.com
Fonte: www.gciencia.com (publicado 06/04/2016)


27 de maio de 2016

Macacos sometidos a experimentos

Na actualidade, China consta de 40 compañías que dispoñen destes monos e que converten a este país no maior exportador. Unha das principais empresas que utilizan estes primates para determinar a seguridade de produtos para uso humano é Hubei Tian Qin Company, que ten arredor duns 700 macacos. 
Estes animais críanse en Asia, polo baixo custo de produción, para despois envialos a diversos centros de investigación, principalmente en Gran Bretraña, Estados Unidos e Xapón. Actualmente empréganse arredor de 145 000 primates ao ano en ensaios clínicos. O feito de compartirmos o 96% dos xenes convírteos en animais moi axeitados para tal fin.

Imaxe de www.nationalgeographic.com
Li Feng

Fonte: www.nationalgeographic.com (publicado 29/04/2016) 


25 de maio de 2016

Alimentos que combaten a resaca

Estudos realizados en diversas clínicas e universidades do mundo conclúen que o consumo de máis alcol ou café non axudan a eliminar a resaca, aínda que hai alimentos que si o fan.
As froitas e o mel, segundo investigacións realizadas na Clínica Cleveland de Ohio, conteñen azúcares que son capaces de eliminar o alcol do corpo. O salmón, os ovos e os lácteos, segundo a mesma clínica, son bos para combater a resaca, xa que conteñen altos niveis de vitaminas B6 e B12, que diminúen os seus efectos.
Os espárragos, segundo un estudo publicado pola revista The Journal of Food Science, conteñen aminoácidos e minerais que axudan a metabolizar o alcol e protexen as células do fígado fronte ao mesmo.
As bebidas deportivas axudan a hidratar o organismo e a subir o nivel de electrolitos, e a dieta BRAT, composta por arroz, plátanos, puré de mazá e pan torrado, permite eliminar a dor de estómago rapidamente producida pola resaca. Finalmente, o xenxibre alivia as náuseas e os mareos causados pola mesma.

Imaxe de muyinteresante.es

Fonte: http://www.muyinteresante.es/salud


20 de maio de 2015

Predicir a orixe do cancro

Un estudo realizado por expertos do MIT(Massachussets Institute of Technology), a Universidade de Harvard e a Universidade de Washington amosa un novo modo para atopar o tipo de célula que se encontra detrás de calquera tumor. Estudando os datos aportados polo Roadmap Epigenomics Program, o equipo atopou que as caracteristicas dun tumor poden servir para determinar de onde provén. 
Un dos investigadores, afirma que o seu descubrimento pode predicir especificamente, para distintos tipos de cancro, onde se producirán as mutacións e cal foi a célula orixinal que o causou.
As mutacións son a causas que se agochan detrás de todos os tumores. Os cientificos estudaron diferentes tipos de células provintes de distintos tipos de cancro, como por exemplo o de colon e o de cerebro. En todas elas observaron que as mutacións estaban relacionadas coas estructuras da cromatina. A estructura da cromatina é tan única como unha pegada dactilar e resulta ser unha ferramenta moi fiable para determinar a célula responsable.

Imaxe de www.abc.es

Fonte: www.quo.es (18/02/2015)

11 de maio de 2015

Fibra óptica para diagnosticar e curar.

A fibra óptica, creada polos ilustres Jonh Tyndall, Harold Hopkins e Narinder Singh Kapany, é un dos piares fundamentais sobre o que se apoia a nosa tecnoloxía xa que é a forma mais rápida que temos para comunicarnos de forma guiada. Estímase que o 95% do tráfico global en internet viaxa polos fondos mariños a través de fibras ópticas.
Da mesma maneira que a fibra óptica é o futuro da comunicación, tamén pode ser o futuro de moitas aplicacións médicas como por exemplo a reparación de varices ou a eliminación de tatuaxes: 
As varices son dilatacións venosas causadas por acumulacións de sangue nas veas. Estas son especialmente visibles nas extremidades inferiores. As varices superficiais (“arañas”) ou de grosor intermedio poden quitarse con tratamentos externos de láseres. Non obstante, as varices grosas precisan máis potencia, e para eliminalas introdúcense fibras ópticas para guiar potencias moi altas de luz de láser. Desta maneira, as varices máis gordas “quéimanse” e o propio corpo encárgase de limpar a zona. 
A través da fibra óptica tamén podemos conseguir a retirada de tatuaxes. O que se fai é enviar impulsos eléctricos de alta potencia preparados para un tipo específico de pigmentación. Este láser xera un impulso de luz que é guiado a través dunha fibra óptica. Estes láseres precisan maior potencia que os que se usan para quitar as “arañas” xa que a precisan para profundar mellor no tecido da pel. Ademais permiten facer isto en nanosegundos sen danar a pel.
http://www.gangster-tattoos.com


Fonte: www.investigacionyciencia.es (06/04/15)


6 de maio de 2015

A cabeza explosiva


Ata hoxe en día, pensábase que o síndrome da cabeza explosiva, un tipo de alteración do sono que consiste en escoitar un forte son na cabeza antes ou despois de dormir, afectaba a persoas maiores de 50 anos pero os investigadores da Universidade Estatal de Washington desmentíronno.

Estes profesionais fixeron un estudo cunha mostra de 211 estudantes, observabando que un de cada cinco experimentou a sensación de explosión alomenos unha vez na vida. Para algúns deles mesmo tivo consecuencias no seu día a día, producíndolles parálise do sono.

Aínda non se sabe que é o que causa este trastorno, nin se coñecen tratamentos para el pero, o feito de que haxa un porcentaxe considerable de persoas que o padecen, serve como apoio para cada afectado. Decátanse de que non están sós. 


Imaxe de: www.laraza.com/trastornos-del-sueno-que-meten-miedo/

Fonte: www.investigacionyciencia.es (15/04/2015)

4 de maio de 2015

O instinto materno

É a oxitocina tan só a hormona do pracer? Baseándonos na investigación realizada por neurocientíficos estadounidenses do NYU Langone Medical Center, a resposta é non. 

A partir do seu estudo publicado na revista Nature, observaron que unha inxección desta hormona no cerebro das ratas sen crías, estimulaba o comportamento materno facendo que se preocupasen por coidar os descendentes doutras.

Este efecto perdura incluso despois de que se bloqueen os receptores de oxitocina. Isto indícanos que esta hormona funciona como amplificador e supresor dos sinais neuronais no cerebro podendo ser manipulada nun futuro para trastornos como ansiedade social, estrés postraumático ou transtornos psicolóxicos de abusos.


Imaxe de: el-gatorriodico.blogspot.com
Fonte: www.agenciasinc.es (15/04/2015)

A orixe do Alzhéimer

Nas últimas semanas estanse a producir moitos adiantos nesta enfermidade: como frear a súa progresión ou mesmo un anticipado diagnóstico da mesma, mediante probas no tecido cutáneo. 

O último dos estudos foi o realizado por un grupo de cientificos da Escola de Mediciña da Universidade Duke, que experimentando con ratos de laboratorio decatáronse de que coa aparición da enfermidade, as células do sistema nervioso central comezaban a consumir o aminoácido arxinina, necesario para o correcto funcionamento da memoria.

No seu artigo, publicado na revista Journal of Neuroscience, conclúen que o inhibidor difluorometilornitina (DFNO) bloquea o consumo excesivo de arxinina. 

Hoxe en día, existe un gran número de persoas afectadas e crese que aumentará co paso do tempo. Afecta principalmente a mulleres maiores de 65 anos. 

Este grupo de profesionais estudará a posibilidade de introducir o DFMO como posible fármaco.  

Imaxe de :  células da microglía nun rato de laboratorio con Alzhéimer
(Carol Colton, Universidade Duke)

Fonte: www.investigacionyciencia.es (17/04/2015)

21 de maio de 2014

O consumo de alcohol empeora a visión nocturna

Investigadores da Universidade de Granada demostraron que o consumo de alcohol empeora notablemente a visión na noite. Menoscaba a calidade óptica da imaxe que vemos porque se deteriora a película de lágrima que recobre a superficie do ollo. 

Isto sucede xa que o alcohol aumenta a percepción dos círculos luminosos e produce alteracións visuais nocturnas o que dá lugar a unha visión deficiente. 

Estes investigadores realizaron o experimento con 67 participantes aos que se lle mediu a tasa de alcoholemia en aire expirado e aos que lles fixeron probas de rendemento visual nocturno.


Fonte: www.muyinteresante.es  ( 25/04/14 )  

19 de maio de 2014

O 60% das persoas con pensamentos suicidas non recibe tratamento.

Investigadores da Universidade de Glasgow e da Universidade de Harvard revisaron os factores psicolóxicos que contribúen a un comportamento suicida, como por exemplo os tipos de personalidade, factores cognitivos e acontecementos vitais negativos.

 
O suicidio é unha das 20 causas máis importantes de defunción no mundo para calquera rango de idade con un millón de mortes ao ano. Os resultados amosan que o 60 % das persoas con pensamentos suicidas loitan contra eles sen ningún tipo de axuda.



Fonte: www.agenciasinc.es (02/5/14)


23 de febreiro de 2014

Cicatrices sen puntos

Investigadores da Universidade Pierre e Marie Curie de París estudaron unha solución de nanopartículas (óxido de silicio en po mesturado con auga) que podería ser empregada para pegar tecidos humanos nuns trinta segundos. Até o de agora só se probou en animais, concretamente en fígado de tenreira.
 
 
As súas vantaxes sobre os puntos de sutura convencionais son, por una banda, que as súas nanopartículas se integrarían perfectamente no organismo e por outra, que se evitarían as inflamacións e os desgarros producidos polas agullas.

Fonte: http://www.elmundo.es/salud/

Artigo resumido por Ana Rosa, Isabel e María de 3ºESO C.

15 de maio de 2013

Medicina nun chip

Un equipo de investigación español do CSIC, deseñou un chip flexible e biocompatible que introducido no cerebro permite rexistrar a actividade neuronal e suministrar fármacos no caso de necesitalos.
Unhas das principais funcións nas cales se pode utilizar é para a detención da Epilepsia, Parkinson e Alzheimer a través dos electrodos implantados de forma semicrónica. Para estas funcións é ideal este chip xa que invaden o mínimo posible e garanten unha resposta biocompatible, así como a integración dos circuitos neuronales do implante.
Polo de agora, este chip só foi probado en ratas pero esperan expandilo definitivamente e fabricalo a gran escala. Esta innovación trátase dun paso moi importante na creación de dispositivos que interaccionen co cerebro a escalas microscópicas.



Fonte: www.muyinteresante.es  (12-03-2013)

14 de maio de 2013

O cerebro distingue sílabas varios meses antes de nacer.

O cerebro dos fetos entre 28 e 32 semanas de xestación está listo para establecer funcións neuronais encargadas de descifrar a fala humana, segundo un estudo publicado na revista Proceedings of National Academy of Sciences (PNAS).
 Un equipo de investigadores de varias institucións en Francia indican que, os nenos ao nacer xa son capaces de distinguir algunhas sílabas e recoñecer a fala humana segundo a axencia SINC. Con todo, aínda non está claro como estes circuítos neuronais procesan a linguaxe inmatura.
 Os investigadores levaron a cabo un experimento no que empregaron tecnoloxia óptica mediante un escáner con 12 fetos de entre 28 e 32 semanas de xestación, a idade máis temperá de resposta cortical a estímulos externos, mentres estaban a durmir. O obxectivo foi verificar se o cerebro prematuro pode entender diferenzas en sílabas lingüísticas e non lingüísticas.




Fonte: www.muyinteresante.es (26/02/2013)

Catro datos científicos sobre os psicópatas.

Segundo datos recollidos pola revista “Chemonsensoru Percepcion”, as persoas con tendencias psicópatas teñen atrofiado o sentido do olfato, o que efecta á zona frontal do cerebro. Nesta rexión residen ademais as neuronas encargadas do control dos impulsos, da planificación e da capacidade de adaptar o comportamento ás normas sociais.
Utilizando diversas técnicas de neuroimaxe descubríronse distintas diferenzas cerebrais que poden ser a causa da psicopatía. Máis en concreto, as fibras nerviosas que conectan a corteza orbitofrontal e as amígdalas, atópanse desestructuradas nos psicópatas. O cerebro destes afectados está configurado de tal maneira que buscan recompensas, é dicir, toda acción que realizan ten como finalidade conseguir algo a cambio, tal e como revelaba un estudo publicado na revista “Nature Neuroscience”. Isto debese a que hai un desequilibrio no circuíto da dopamina. Científicos da Universidade de Cornell demostraron que estos suxeitos utilizan o dobre de términos alimentarios, de sexo, diñeiro... e usan moi pouco os términos relixiosos ou familiares.
No mundo do cine é moi coñecida a personaxe de Jack Torrance da película 'El resplandor'. A continuación podedes ver o trailer do filme.





Fonte: www.muyinteresante.es (04/04/2013)

10 de maio de 2013

Ata logo á experimentación animal con fins cosméticos

Recentemente acaba de entrar en vigor a última fase do proceso para prohibir a experimentación con animais con fins cosméticos na Unión Europea. A partir de agora non se poderá nin experimentar nin comercializar produtos cosméticos en cuxo desenvolvemento se houbera experimentado con animais.
Nos últimos anos, grazas á unha Diretiva asinada pola Unión Europea en 2003, estívose a eliminar progresivamente esta práctica na industria cosmética. 
Pero agora xorde unha nova pregunta: "Existen métodos alternativos?". Na actualidade atopamos diversas alternativas como as técnicas in vitro, a bioinformática ou a metabolómica. Estes métodos están recibindo axuda institucional da Unión Europea.

Getty Images

Fonte: www.mundo-geo.es

Cinco cousas que che fan perder a memoria

  • Embarazo: As mulleres embarazadas son particularmente propensas a ver diminuída a súa memoria espacial, perda que se mantén ata tres meses despois do parto.
  • Tabaco: Estudos recentes da Universidade de Northumbria demostraron que os fumadores teñen unha memoria máis pobre cós non fumadores.
  • Exceso de grasa: Se a nosa dieta contén graxa e colesterol moi saturados incha o cerebro, a función dos nervios altérase e a memoria a curto prazo redúcese.
  • Hipertensión: A partir dos 45 anos de idade, a hipertensión asóciase coa perda de memoria, segundo demostrou un estudo da Universidade de Alabama. Os autores atribúen isto ao debilitamento das pequenas arterias do cerebro.
  • Estrés crónico: As hormonas do estrés afectan negativamente a función da cortiza cerebral xa que os sinais nesta rexión son transmitidos a través do glutamato, cuxos niveis caen cando nos estresamos repetidamente.
Animación da Wikipedia
Fonte: www.muyinteresante.es (19/04/2013)

8 de maio de 2013

Riles artificiais

Os investigadores do Hospital Xeral de Massachussets en Boston crearon riles de rata no laboratorio que poderían dar lugar ao desenvolvemento de órganos para o seu transplante a persoas.
Os riles obtidos produciron ouriños no laboratorio e seguírono facendo cando foron transplantados a outras ratas.
Para obter estes órganos partiuse de riles de ratas doantes aos que se lles realizou o proceso de descelularización. A continuación intruducíronse neles novas células para que rexeneraran o tecido.
Demostrouse que este método permitía conservar as complexas estruturas do órgano e que funcionaba en riles de porcos e humanos.
A investigación abre a porta á obtención de órganos a partir das células do propio paciente, o que solucionaría a escaseza de órganos para transplante.


Centro de Médicina Rexenerativa do Hospital Xeral de Massachusetts

Fonte: www.investigaciónyciencia.es (18/04/2013)

7 de maio de 2013

A síndrome de Asperger.

Incapacidade de comprender as intencións ou as emocións dos demais, dificultades para relacionarse ou captar as bromas e os sarcasmos nas conversacións, incapacidade para mentir e intransixencia coas rutinas son os principais síntomas da síndrome de Asperger.
As persoas que sofren esta enfermidade teñen pouca habilidade para comprender os estados mentais dos demais, é dicir, non son capaces de poñerse no lugar doutras persoas, non logran comprender como pensan, senten, actúan ou cales son as súas intencións. Teñen tamén problemas para planificarse e normalmente sofren de ansiedade cando hai cambios nas súas rutinas.
No entanto, a maioría destas persoas teñen un coeficiente intelectual normal ou incluso sobresaíente e poden posuír talentos extraordinarios para a música, o debuxo, o cálculo ou a memoria.

Imaxen da Wikipedia.


Fonte: www.muyinteresante.es  (02/04/2013)

3 de maio de 2013

Demostrado o "efecto Pinocho".

Coñecemos como efecto Pinocho aquel que lle afecta a unha persoa cando mente. Debido a isto aumenta a temperatura do seu nariz e a do seu músculo orbital. O nariz volverá ao seu estado inicial se realizamos un esforzo mental, é dicir, se nos enfrontamos a actividades difíciles, mentras que se sufrimos un ataque de ansiedade a temperatura facial aumentará de novo. 
Isto corresponde a unha investigación realizada mediante termografía, técnica baseada na detección da temperatura dos corpos. 
Cando mentimos sobre os nosos sentimentos, actívase no cerebro unha estrutura denominada ínsula que intervén na regulación da temperatura corporal.


Fonte: www.muyinteresante.es/  (26/11/2012)

Suicido no sangue

Científicos de Suecia e Australia intentan descubrir se é a xenética a que nos predispón a quitarnos a vida.
O ano pasado, investigadores suecos publicaron un estudo respecto a esta investigación, no que vinculaban os intentos de suicidio con niveis elevados de ácido quinolínico, un neurotransmisor asociado á inflamación.
Na actualidade un grupo científico procedente de Australia toma como punto de partida as investigacións dos científicos suecos, para desenvolver unha análise que detecte dito ácido no sangue.



Fonte: www.quo.es (9/2/2013)