Amosando publicacións coa etiqueta Medio ambiente. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Medio ambiente. Amosar todas as publicacións

30 de maio de 2016

Por que "sangran" os glaciares?

Os glaciares son grandes masas de auga conxelada que se atopan nas zonas máis frías do planeta. Normalmente, teñen unha cor branca ou azulada, aínda que as rochas e minerais que arrastran poden cambiar a súa cor a vermella. 
Na Antártida hai unha paraxe chea de glaciares con este fenómeno, coñecida como “fervenzas de sangue”. O primeiro en observar esta paisaxe foi o xeógrafo e explorador australiano Thomas Griffith Taylor en 1911, quen lle dá o nome ao glaciar Taylor. Este é un terreo moi árido, xa que apenas chove, e o glaciar non está conxelado na súa totalidade. A parte sólida atopase enriba dun lago, o cal posúe unha gran concentración de sal e ferro. Cando os ions ferro da auga entran en contacto coa atmosfera, oxídanse e depositan os seus óxidos na superficie. Estes óxidos son os causantes da cor vermella.
Jill Mikucki, microbióloga da Universidade de Tenessee, descubriu que as bacterias autótrofas do ecosistema son as responsables da oxidación dos ions, tomando como fonte de enerxía a materia órganica enterrada xunto a eles.



Imaxe de elembrujodegaia.blogspot.com.es/

Fonte: http://www.muyinteresante.es/naturaleza (publicado

19 de maio de 2015

A desaparición dos grandes herbívoros ameaza os ecosistemas.

Tras estudar 74 especies de animais, o biólogo William Ripple, da Universidade Estatal de Oregón, afirma que moitos grandes hervíboros desaparecerán e haberá graves consecuencias ecolóxicas, sociais e económicas a non ser que se interveña inmediatamente.
Os factores implicados neste fenómeno son a destrución do seu hábitat e as actividades cinexéticas humanas.
A desaparición destes animais conleva a principal fonte de alimento dos grandes carnívoros e reduce a dispersión de sementes das plantas, un proceso no que desempeña unha importante función. Ademáis, os expertos cren que aumentarán os incendios forestais, xa que a vexetación tenderá a ocupar zonas nas que agora o fai de forma limitada.



Fonte: www.muyinteresante.es (05/05/2015)



13 de maio de 2015

Aos osos polares tamén lles afecta a contaminación

Os osos polares, que xa están en vía de extinción e ameazados polo desxeo e o cambio climático, están agora a correr perigo debido aos contaminantes como é a polución provocada polos plásticos e os contaminantes ambientais que produce a humanidade.
Un estudo realizado por un equipo internacional de científicos, entre os que figura María Jesús Obregón do Instituto de Investigacións Biomédicas , afirma que estes contaminantes poden chegar a afectar ao seu sistema endócrino e reproductivo. 
Este equipo elaborou unha guía para controlar a saúde destes exemplares posto que preocupa a perda do seu hábitat xeado, e polo tanto a súa supervivencia.



Fonte: www.muyinteresante.es (06/04/2015)



4 de maio de 2015

Consecuencias do quentamento global: desaparición dos glaciares

Prevese que os glaciares situados no oeste de Canadá, co paso do tempo, poidan chegar a perder un 50% do seu volume, en lugares nos que o clima sexa seco, e ata un 90% en lugares onde haxa moita humidade. Estes prognósticos baséanse nos escenarios de emisión de gases do efecto invernadoiro. Investigadores canadienses da Universidade de British Columbia combinaron os datos dispoñibles con simulacións do clima a través de ordenadores para conseguir así, unha simulación o máis real posible para o ano 2100.
Este desxeo pode levar unha serie de problemas entre os cales o máis perigoso, sobre todo nesa zona, é que os caudais dos ríos serán moito mais cálidos, o que afectará á produtividade do salmón.



Fonte: www.agenciasinc.es (6/04/15)


26 de maio de 2014

Abellas con microchips

Científicos australianos colocarán sensores en máis de 5000 abellas para estudar as causas da diminución das súas colonias en todo o mundo.
A organización para a Investigación Industrial e Científica da Mancomunidade de Australia (CSIRO) e a Universidade de Tasmania idearon un proxecto que consiste en colocar sensores nos insectos. Estes chips informarannos das relacións das abellas co seu contorno e os cambios no seu comportamento, calificarán o impacto dos pesticidas e desvelarán as causas do declive das súas colonias.
Paulo de Souza, director do proxecto, informa que estes sensores veñen sendo como unha “mochila” que se lle colocará ás abellas tras sometelas a unha temperatura de cinco graos baixo cero para durmilas.

O Ártico derrétese


O xeo do Ártico estase fundindo cada vez máis rápido. Os países cercanos están agardando para lanzarse a explotar recursos: apertura de novas rutas marítimas e grandes cantidades de gas e petróleo.
Investigadores da Universidade de Cambridge chegan á conclusión de que soamente o metano  liberado ao derreterse o permafrost (capa de xeo permanente nos niveis superficiais do solo das  rexións moi frías) situado baixo o Mar de Siberia Oriental, terá un coste económico de 60 billóns de  dólares. Afirman que a liberación deste gas adiantará entre 15 e 25 anos a data na que se esperaba que a temperatura subise máis de dous graos. Isto terá como consecuencia inundacións e fenómenos climáticos extremos que afectarán a todo o planeta.


Fonte: http://www.quo.es/naturaleza/ (25/07/2013)

23 de maio de 2014

A caza das baleas pon fin na Antártida

Tras a demanda de Australia a Xapón pola explotación comercial das baleas na Antártida, coñecida como “caza científica”, o Tribunal da Haya declara ilegal estas prácticas.
Greenpeace opoñíase a estas perigosas prácticas desde hai moito tempo xa que eran moi prexudiciais para a saúde dos océanos. Todo isto recompensouse coa decisión do alto tribunal e ambos países respetan a sentencia.
Tras unha longa investigación, comprobouse que Xapón estivo pagando a países menos desarrollados co fin de asegurar votos para a Comisión Baleeira Internacional (CBI) .Con isto Xapón consegue capturar máis de 10000 baleas durante os últimos 20 anos neste océano.
Como defensa este país afirma que a caza de baleas é parte da súa cultura.

 Fonte: www.mundo-geo.es

21 de maio de 2013

Tartaruga que ouriña pola boca

Científicos da Universidade Nacional de Singapour plantearon a idea, tras a observación dunha tartaruga, que esta orinaba pola boca. Viuse que mentres está en terra, cada certo tempo sumerxe a cabeza na agua durante moito tempo. Este estudo demostra que o fai para escretar urea pola boca. Medindo os niveis de urea na saliva comprobouse que eran máis altos que no sangue.
Este comportamento, débese a súa adaptación a un entorno de augas salgadas. Nestes casos, os animais excretan urea a través do ril e necesitan beber moito, o cal, supón un problema cando á única auga disponible é salgada.

Latinosenlared.com


Fonte: www.muyinteresante.es (11/10/2012)

14 de maio de 2013

A dieta dos esquíos permitiulles sobrevivir 36 millóns de anos

A partir dos datos procedentes da forma da mandíbula de máis de 300 esquíos, así como do estudo da súa historia evolutiva, investigadores do Instituto Catalán de Paleontoloxía Miquel Crusafont (ICP) reconstruíron a dieta dos primeiros esquíos (Douglassciurus Jefferson)
Do traballo  deduciron que a súa dieta actual é practicamente a mesma cá dos esquíos que viviron hai 36 millóns de anos, e que se basea en noces e sementes, o que conlevou que continuasen con mandíbulas moi robustas, o que lles permite alimentarse case de calquer cousa.




Fonte: www.muyinteresante.es (08/04/2013)

10 de maio de 2013

Ata logo á experimentación animal con fins cosméticos

Recentemente acaba de entrar en vigor a última fase do proceso para prohibir a experimentación con animais con fins cosméticos na Unión Europea. A partir de agora non se poderá nin experimentar nin comercializar produtos cosméticos en cuxo desenvolvemento se houbera experimentado con animais.
Nos últimos anos, grazas á unha Diretiva asinada pola Unión Europea en 2003, estívose a eliminar progresivamente esta práctica na industria cosmética. 
Pero agora xorde unha nova pregunta: "Existen métodos alternativos?". Na actualidade atopamos diversas alternativas como as técnicas in vitro, a bioinformática ou a metabolómica. Estes métodos están recibindo axuda institucional da Unión Europea.

Getty Images

Fonte: www.mundo-geo.es

8 de maio de 2013

O panda xigante e o instinto sexual

Poucos mamíferos amosan menor interese polo sexo có panda xigante. Isto débese á pouca duración do celo das femias: de un a tres días e só unha vez ao ano.
Sobre o instinto sexual dos machos, investigacións realizadas no Instituto Smithsoniano de Conservación Biolóxica sinalan que os machos posúen un ciclo reproductivo peculiar no que o período óptimo para o apareamento e de mellor calidade do esperma acádase a finais de marzo mediados de abril.



3 de maio de 2013

É a fin das troitas?


Un estudo español prevé que no ano 2040 unha de cada dúas troitas desaparecerá, e que no ano 2100, case ningunha percorrerá os ríos ibéricos.
Debido á sensibilidade desta especie de salmónido (Salmo trutta) aos cambios no seu contorno e, en especial, aos cambios de temperatura da auga, producidos polo xa coñecido cambio climático, estase producindo a súa rápida regresión nas cuncas ibéricas. Outras causas que están provocando a súa extinción son, entre outras: a sobrepesca, a extracción de auga para cultivos ou a repoboación con outras especies que compiten polo alimento e, ao mesmo tempo, están alterando de xeito negativo a xenética das troitas.