Amosando publicacións coa etiqueta Informática. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Informática. Amosar todas as publicacións

6 de xuño de 2016

Tecnoloxía galega para o cifrado de datos

O Grupo de Procesado de Sinal en Comunicación do centro de investigación AtlantTIC da Universidade de Vigo, presentou un novo sistema de encriptación que permite unha maior seguridade no envío de datos.  Grazas a unha serie de ferramentas avanzadas de criptografía, traballar sobre datos poderá ofrecer máis privacidade, pois este sistema permitirá modificar os datos encriptados sen a necesidade de ter que descifralos primeiro.
 
O esquema de cifrado que os investigadores do AtlantTIC crearon permite o encriptamento de calquera tipo de sinal (audio, imaxes, vídeos, ecografías 4D…). A eficacia desta nova ferramenta permite agochar os datos mesmo ao proveedor de servizo, sendo ideal para operacións bancarias e para a transmisión de información médica privada entre profesionais da medicina, entre outras moitas máis aplicación.


Juan Ramón Troncoso, investigador de AtlantTIC.
Imaxe de http://atlanttic.uvigo.es


Fonte: www.gciencia.es (publicado 28/04/2016)

 

19 de maio de 2015

O ordenador máis pequeno do mundo

Expertos do Departamento de Ciencias da Computación da Universidade de Michigan desenvolveron o ordenador mais pequeno do mundo chamado Michigan Micro Mote (M^3) que non ten nin teclado nin pantalla.
O obxectivo destes científicos e conseguir que algún día os obxectos cotiáns da casa teñan circuítos integrados e que poidan comunicarse entre eles formando unha rede.
Entres as funcións deste ordenador están: a toma de fotografias, a obtención de temperaturas e o rexistro de medidas de presión. Debido ao seu pequeno tamaño poderase utilizar dentro do corpo humano.
Industrias petroleiras tamén se interesaron por esta tecnoloxía que podería ser empregada en tuberias e gasodutos.

Fonte: www.quo.es (7/04/2015)

Innovacións no Google Translate

Google acaba de anunciar o novo Google Translate. Esta aplicación é máis eficaz xa que nos deixa traducir carteis a 36 idiomas diferentes empregando a función de captura.
Outra das innovacións é a tradución por voz. Para utilizar esta función haberá que tocar o icono do micrófono da pantalla, este recoñecerá os dous idiomas que se están a utilizar e traduciraos automaticamente.
Máis de 500 millóns de persoas, poden gozar desta nova actualización que está dispoñible dende mediados de Xaneiro.
Fonte:www.muyinteresante.es (14/01/2015)

11 de maio de 2015

Unha batería que se recarga ao 100% nun minuto

É posible conseguir que unha batería se recargue ao 100% nun só minuto? Ata agora todos os investigadores o daban por imposible, aínda que non deixaron de intentalo. Un equipo de científicos da Universidade de Stanford (E.E.U.U.) está a conseguilo.
Existen moitas diferenzas entre esta nova batería e as convencionais. Unha delas é que a primeira pode soportar 7.500 cargas e descargas (chamados ciclos) fronte ás 1.000 que soportan as actuais. O material do que están feitas tamén é distinto: as baterías tradicionais están feitas de litio, mentras que estas novas baterías están feitas de aluminio. A principal vantaxe deste material é que é ignífugo, o que evita que a batería estoupe ou prenda lume a pesar da súa velocidade de proceso de datos. Ademáis, grazas ás características físicas do aluminio, estas baterías poderíanse incorporar nos futuros dispositivos flexibles.
O único problema actual para non poder empregar xa estas baterías é que contan cunha voltaxe de só dous voltios, mentras que as actuais precisan máis de tres. Isto obrigaría a poñer dúas baterías nun mesmo dispositivo ou mellorar os dispositivos actuais.
Polo momento non se coñece unha data de lanzamento a nivel comercial para este invento, pero o seu éxito está máis que asegurado.

http://entertecno/tag/bateria-recargable-en-un-minuto/

Fontes:
http://www.muyinteresante.es/ (10-04-2015)
http://www.investigacionyciencia.es/ (14-4-2015)

5 de maio de 2015

Xa chegou o tempo atómico

Hoxe en día, a tecnoloxía permite facer avances incribles, o máis salientábel é o dos chamados “smartphones” (teléfonos intelixentes en inglés), que case posúen as prestacións dun ordenador moderno, permitindo capturar imaxes de moi boa calidade e ata substituír os reloxos, o medio común de medir o tempo no que vivimos.
A pesar diso, a firma inglesa de produtos de luxo Hoptroff, especialmente reloxos, decideu apostar pola construcción do primeiro reloxo atómico de bolsillo. Este aparato, que, por apariencia parecería un xoguete con agullas falsas, posúe 28 eixes de movemento, cunha agulla insertada en cada un, o que lle permite marcar dende o tempo sideral, ata a temperatura, a humidade e tamén inclúe un pequeno compás, por se algún día perdemos o norte…
Este pequeno enxeño mecánico, ten unha precisión case inigualábel, posto que só atrasa 1,5 segundos por cada mil anos, debido tamén a que o chip que o controla é o Quantum SA.45s., que foi desenvolvido militarmente para medir o tempo con precisión case exacta en lugares onde a cobertura GPS non é posíbel.
Consiste nunha cámara que contén gas de cesio en condicións reguladas por láser, e un resoador de microondas, é dicir, un medidor de oscilacións dos átomos deste gas. É ese bip bip nuclear o que permite que este artiluxio de prezo escandaloso (100.000 libras ou 139.276 euros) continúe facendo a súa función, coma calquera das doce unidades que se fabricaron.

Interior del Hoptroff 10.

Fonte: http://www.alpoma.net/ (25/03/2015)