María Josefa Wonenbuger Planells (Montrove, Oleiros 17 de xullo de 1927- A Coruña , 14 de xuño de 2014) foi a primeira bolseira Fulbright de Matemáticas española.
Iniciou os seus primeiros estudos en A Coruña no instituto Eusebio da Guarda. No 1950 obtivo a licenciatura en Matemáticas na Facultade de Matemáticas da Universidade Central de Madrid (antigo nome da Universidade Complutense de Madrid), ata onde se tivo que desprazar porque en Santiago aínda non existían estos estudos.
No ano 1953, foi seleccionada polo Goberno dos Estados Unidos para facer a tese doutoral na Universidade de Yale.
Destacou nas álxebras de Clifford e na teoría dos grupos clásicos. As súas ideas foron empregadas por diversos autores. Xunto con Robert Moody fixo unha xeneralización da teoría das álxebras de Lie simples á dimensión infinita.
No ano 1983 a súa nai caeu nunha enfermidade e Wonenburger regresou á súa cidade natal e retirouse oficialmente das matemáticas.
Nos últimos anos estánselle a facer diversas homenaxes en Galicia para recoñecer o seu labor. O premio da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia leva o seu nome.
Imaxe de asturgalicia.net |
Fonte: Casal, Iolanda (2007). Investigadoras galegas. Ed. Compostela.
Tiveches algún despiste gordo que che corrixín, Andrea.
ResponderEliminar"homenaxe" é palabra feminina e "labor", masculina.