21 de maio de 2013

A Monxa de Alférez

Catalina de Erauso foi unha soldado que naceu no 1592. Aos catro anos foi obrigada a entrar no convento de San Sebastián el Antiguo na que se fixo monxa. Tivo diferentes identidades, pero sempre masculinas, coma Pedro de Orive ou Francisco de Loyola. No ano 1625 escribiu as súas memorias nas que narra a súa vida como soldado.

Embarcouse a América por primeira vez en 1615 onde participou nunha das guerras máis perigosas contra os indios na que, por mala sorte, matou ao seu irmán sen poder evitalo.

Cando declarou a súa verdadeira identidade ante o obispo de Huamanga, este meteuna novamente nun convento.

Imaxe da Wikipedia


Fonte: Lapierre, Alexandra; Mouchard, Christel. Grandes aventureras. Ed.Blume

Tartaruga que ouriña pola boca

Científicos da Universidade Nacional de Singapour plantearon a idea, tras a observación dunha tartaruga, que esta orinaba pola boca. Viuse que mentres está en terra, cada certo tempo sumerxe a cabeza na agua durante moito tempo. Este estudo demostra que o fai para escretar urea pola boca. Medindo os niveis de urea na saliva comprobouse que eran máis altos que no sangue.
Este comportamento, débese a súa adaptación a un entorno de augas salgadas. Nestes casos, os animais excretan urea a través do ril e necesitan beber moito, o cal, supón un problema cando á única auga disponible é salgada.

Latinosenlared.com


Fonte: www.muyinteresante.es (11/10/2012)

Novos pensamentos da evolución humana

Novos descubrimentos de fósiles complican aínda máis a identificación dos nosos antecesores máis remotos.
O noso parente Lucy, descuberto en 1974, poderiámolo confundir cun humano, aínda que só alcanzaba un metro de estatura e tiña brazos longos, unha cabeza pequena e andaba con dúas pernas.
Este era un membro da especie dos Australopithecus afarensis, que viviu hai 3,2 millóns de anos. Considérase das especies máis antigas na liña evolutiva que deu lugar á nosa, Homo sapiens.
Dous descubrimentos recentes acabaron co pensamento que se tiña sobre a orixe dos humanos: o primeiro, un esquelete completo de hai 4,4 millóns de anos; o segundo, os restos de fósiles dun pé de 3,4 millóns de anos.
Debido a eses descubrimentos, os expertos están reconsiderando que trazos permiten recoñecer a especie como ascendente nosa, que camiño percorreu a especie humana e se existe algunha forma de identificar con fiabilidade o último antepasado común de humanos e chimpancés.


Fonte: www.investigaciónyciencia.es (abril de 2013)

15 de maio de 2013

Medicina nun chip

Un equipo de investigación español do CSIC, deseñou un chip flexible e biocompatible que introducido no cerebro permite rexistrar a actividade neuronal e suministrar fármacos no caso de necesitalos.
Unhas das principais funcións nas cales se pode utilizar é para a detención da Epilepsia, Parkinson e Alzheimer a través dos electrodos implantados de forma semicrónica. Para estas funcións é ideal este chip xa que invaden o mínimo posible e garanten unha resposta biocompatible, así como a integración dos circuitos neuronales do implante.
Polo de agora, este chip só foi probado en ratas pero esperan expandilo definitivamente e fabricalo a gran escala. Esta innovación trátase dun paso moi importante na creación de dispositivos que interaccionen co cerebro a escalas microscópicas.



Fonte: www.muyinteresante.es  (12-03-2013)

Hovercraft cos apeiros do xardín.

Material a empregar: 
  • Unha cadeira de xardín.
  • Un soplador de follas.
  • Dúas táboas de contrachapado.
  • Gomaespuma.
  • Plástico resistente.
  • Cable.
  • Un interruptor.
  • Cinta adhesiva.
  • A tapa dun tupper.
Como primeiro paso hai que cortar dúas láminas de contrachapado cun diámetro de 130cm ás que lle hai que facer dous buratos co diámetro da circunferencia do soplador. Un dos buratos cúbrese con plástico resistente e fíxase con grapas de tapiceiro. Montase a segunda plancha de contrachapado sobre a primeira . Engádese o soplador e acóplase aos buratos. Por último engádese a cadeira.
No seguinte video pódese ver como construilo.




Fonte: www.quo.es/tecnologia (19/10/2012)


14 de maio de 2013

A primeira eclipse de 2013

O pasado 25 de abril tivo lugar unha eclipse parcial de lúa que foi visible en numerosas zonas de Europa, África, Asia e Australia. Tratouse dunha eclipse de curta duración e o seu escurecemento foi limitado. Por iso se denomina eclipse penumbral.
O fenómeno contemplouse sen necesidade ningunha dun instrumento óptico, dado que se produciu durante o día. 
Esta é a eclipse número 65 das 72 eclipses do ciclo Saros, denominadas caldeos polos astrónomos na antigüidade. Cada un destes ciclos contén 223 meses sinódicos (meses dende unha Lúa Nova á seguinte). 
Trátase tamén da segunda eclipse parcial de lúa máis breve do século XXI e a primeira deste tipo en 2013.
No presente ano produciránse ademais outras dúas eclipses deste tipo, a primeira o 25 de maio e a segunda o 18 de outubro, tendo unha duración maior cá da mencionada no texto.



Fonte: www.muyinteresante.es (25/04/13)

A dieta dos esquíos permitiulles sobrevivir 36 millóns de anos

A partir dos datos procedentes da forma da mandíbula de máis de 300 esquíos, así como do estudo da súa historia evolutiva, investigadores do Instituto Catalán de Paleontoloxía Miquel Crusafont (ICP) reconstruíron a dieta dos primeiros esquíos (Douglassciurus Jefferson)
Do traballo  deduciron que a súa dieta actual é practicamente a mesma cá dos esquíos que viviron hai 36 millóns de anos, e que se basea en noces e sementes, o que conlevou que continuasen con mandíbulas moi robustas, o que lles permite alimentarse case de calquer cousa.




Fonte: www.muyinteresante.es (08/04/2013)

O cerebro distingue sílabas varios meses antes de nacer.

O cerebro dos fetos entre 28 e 32 semanas de xestación está listo para establecer funcións neuronais encargadas de descifrar a fala humana, segundo un estudo publicado na revista Proceedings of National Academy of Sciences (PNAS).
 Un equipo de investigadores de varias institucións en Francia indican que, os nenos ao nacer xa son capaces de distinguir algunhas sílabas e recoñecer a fala humana segundo a axencia SINC. Con todo, aínda non está claro como estes circuítos neuronais procesan a linguaxe inmatura.
 Os investigadores levaron a cabo un experimento no que empregaron tecnoloxia óptica mediante un escáner con 12 fetos de entre 28 e 32 semanas de xestación, a idade máis temperá de resposta cortical a estímulos externos, mentres estaban a durmir. O obxectivo foi verificar se o cerebro prematuro pode entender diferenzas en sílabas lingüísticas e non lingüísticas.




Fonte: www.muyinteresante.es (26/02/2013)

Catro datos científicos sobre os psicópatas.

Segundo datos recollidos pola revista “Chemonsensoru Percepcion”, as persoas con tendencias psicópatas teñen atrofiado o sentido do olfato, o que efecta á zona frontal do cerebro. Nesta rexión residen ademais as neuronas encargadas do control dos impulsos, da planificación e da capacidade de adaptar o comportamento ás normas sociais.
Utilizando diversas técnicas de neuroimaxe descubríronse distintas diferenzas cerebrais que poden ser a causa da psicopatía. Máis en concreto, as fibras nerviosas que conectan a corteza orbitofrontal e as amígdalas, atópanse desestructuradas nos psicópatas. O cerebro destes afectados está configurado de tal maneira que buscan recompensas, é dicir, toda acción que realizan ten como finalidade conseguir algo a cambio, tal e como revelaba un estudo publicado na revista “Nature Neuroscience”. Isto debese a que hai un desequilibrio no circuíto da dopamina. Científicos da Universidade de Cornell demostraron que estos suxeitos utilizan o dobre de términos alimentarios, de sexo, diñeiro... e usan moi pouco os términos relixiosos ou familiares.
No mundo do cine é moi coñecida a personaxe de Jack Torrance da película 'El resplandor'. A continuación podedes ver o trailer do filme.





Fonte: www.muyinteresante.es (04/04/2013)

Google Glasses


As Google Glasses son un novo proxecto no que está traballando a compañía informática dende hai un ano e que non estarán dispoñibles á venda para o público ata 2014.
Os creadores destas gafas pretenden que sexan utilizadas como un computador ou un smartphone, só que permitirá ter as mans libres. Constarán do sistema operativo Android e dun sistema de comandos de voz comparable ao Siri do iPhone.
Tamén terá unha avanzada tecnoloxía de lectura de ollos, xa que todo será dirixido mediante os movementos das nosas pupilas. 
A montura será de titanio e constarán dunha pequena cámara e dunha pantalla do tamaño dun selo de correos, que será proxectada virtualmente grazas a un láser.

From: www.phonearena.com

Fonte: www.muyinteresante.es (14/5/2013)

Robert Hooke, o científico experimental

Científico polifacético que nace no 1635 en Freshwater ( Reino Unido).
Destacou nunha enorme variedade de campos como a astronomía, química, bioloxía, entre outras. Grazas a el, a Royal Society de Londres chegou a converterse no centro da ciencia europea e mundial. Escribiu numerosos artículos e realizou diversos descubrimentos, entre os que destacan a lei de Hooke sobre a elasticidade dun resorte. 
A obra de Hooke que se convertiu nun dos grandes libros da historia foi “Micrographia” no que se describen diversas observacións microscópicas e tres telescópicas. Esta obra abriu ao público as portas dun novo mundo: o mundo microscópico.
Ao longo da súa vida mantivo diversas disputas con algúns científicos como Newton.
No seguinte video Richard Dawkins fainos un resumo da súa vida.




10 de maio de 2013

Ata logo á experimentación animal con fins cosméticos

Recentemente acaba de entrar en vigor a última fase do proceso para prohibir a experimentación con animais con fins cosméticos na Unión Europea. A partir de agora non se poderá nin experimentar nin comercializar produtos cosméticos en cuxo desenvolvemento se houbera experimentado con animais.
Nos últimos anos, grazas á unha Diretiva asinada pola Unión Europea en 2003, estívose a eliminar progresivamente esta práctica na industria cosmética. 
Pero agora xorde unha nova pregunta: "Existen métodos alternativos?". Na actualidade atopamos diversas alternativas como as técnicas in vitro, a bioinformática ou a metabolómica. Estes métodos están recibindo axuda institucional da Unión Europea.

Getty Images

Fonte: www.mundo-geo.es

Cinco cousas que che fan perder a memoria

  • Embarazo: As mulleres embarazadas son particularmente propensas a ver diminuída a súa memoria espacial, perda que se mantén ata tres meses despois do parto.
  • Tabaco: Estudos recentes da Universidade de Northumbria demostraron que os fumadores teñen unha memoria máis pobre cós non fumadores.
  • Exceso de grasa: Se a nosa dieta contén graxa e colesterol moi saturados incha o cerebro, a función dos nervios altérase e a memoria a curto prazo redúcese.
  • Hipertensión: A partir dos 45 anos de idade, a hipertensión asóciase coa perda de memoria, segundo demostrou un estudo da Universidade de Alabama. Os autores atribúen isto ao debilitamento das pequenas arterias do cerebro.
  • Estrés crónico: As hormonas do estrés afectan negativamente a función da cortiza cerebral xa que os sinais nesta rexión son transmitidos a través do glutamato, cuxos niveis caen cando nos estresamos repetidamente.
Animación da Wikipedia
Fonte: www.muyinteresante.es (19/04/2013)

Deportista polifacética

Marie Félicie Élisabeth Marvingt naceu en Aurillac (Francia) en 1875. Destacou moi pronto pola súa habilidade deportiva.
Demostrou en diversas probas que podía competir contra calquera home e logrou da Academia de Deportes Francesa a medalla de ouro “por tódolos deportes” en 1910.
En 1909 probou por primeira vez a súa maior paixón: os avións. Está considerada como a primeira muller en pilotar en solitario un avión monoplano.
A Gran Guerra impulsouna a loitar pola construción de ambulancias aéreas. Morreu o 14 de decembro de 1963 mentres durmía. 

Imaxe de wikimedia.org


Fonte: Marck, Bernard. Ellas conquistaron el cielo. Ed. Blume



Novo Reloxo de Apple

Cen deseñadores da compañía Apple traballaron no deseño do reloxo iWatch, que permite as funcións que se atopan no iPhone e no iPad como facer chamadas telefónicas ou chequear as coordenadas de posición nun mapa. 
Os analistas afirman que é posible que inclúa unha pantalla flexible alimentada con enerxía cinética xerada a partir do movemento do usuario. Este aparello incorpora un podómetro para controlar os pasos dos usuarios mentres camiñan ou corren, así coma sensores para motorizar datos relacionados coa saúde, coma o latexo cardíaco.



Fonte: www.muyinteresante.es (05/03/2013)

John Dalton, pai da teoría atómica

Célebre físico inglés. Con doce anos comezou o seu interese pola ciencia.
Dalton tiña dificultades para diferenciar determinadas cores polo que, hoxe en día, esta enfermidade coñecese co nome de daltonismo, na súa honra.
É coñecido pola súa teoría atómica, que explica que a materia está formada por átomos e que estes son indivisibles e non se poden nin crear nin destruír. Tamén afirma que os átomos se poden combinar de tal maneira que se crean estruturas máis complexas.
Esta teoría era moi útil para explicar as reaccións químicas, pero foi rexeitada por moitos científicos  da época. Hoxe en día está demostrado que o átomo se pode dividir.

Imaxe da wikipedia
Fonte:  www.losimprescindiblesdelaciencia.com


8 de maio de 2013

Un traxe que se volve transparente cando quen o leva mente

Se levas esta roupa e mentes, será mellor que te escondas.
O autor holandés Daan Roosegaarde creou unha innovadora prenda que se volve totalmente transparente cando o que a leva posta mente. O invento, que forma parte do proyecto Intimacy 2.0, utiliza coiro como láminas electrónicas que cambian a súa opacidade dependendo do ritmo dos latexos do corazón. Así, este tecido intelixente consegue responder á interacción social modificando a corrente eléctrica e a luz para alternar entre un estado opaco e outro transparente. 
Daan está á fronte do Studio Roosegaarde, que se pode describir como un laboratorio artístico de proxectos interactivos, sobre todo proxectos que relacionan a tecnoloxía coa interactividade dos humanos, o son e as emocións.



Fonte: www.muyinteresante.es (29/04/2013)



Meteorito en Arxentina

Na madrugada do pasado 24 de Abril, un meteorito entrou na atmosfera terrestre, véndose con claridade en moitos lugares de Arxentina. Segundo os expertos, o asteroide avanzaba a unha velocidade de 130.000 kilómetros por hora, descompoñéndose totalmente no aire cando se encontraba a unha altura de 65 quilómetros.
O ronsel deixadp polo meteorito foi tan potente, que pareceu facerse día nalgunhas provincias do Norte do país. Por outra banda, producíronse unha serie de sacudidas e movementos tectónicos, que alarmaron a unha gran parte da poboación destas zonas.
O profesor Jorge Coghlan, director do Observatorio Astronómico de Santa Fe, asegurou que "a importancia non está no tamaño, senón na velocidade de impacto na atmosfera do corpo". O experto informounos tamén da composición do asteroide; segundo el estaría formado por níquel, ferro e magnesio, tendo unha orixe tan primitiva como a do noso propio planeta.


O panda xigante e o instinto sexual

Poucos mamíferos amosan menor interese polo sexo có panda xigante. Isto débese á pouca duración do celo das femias: de un a tres días e só unha vez ao ano.
Sobre o instinto sexual dos machos, investigacións realizadas no Instituto Smithsoniano de Conservación Biolóxica sinalan que os machos posúen un ciclo reproductivo peculiar no que o período óptimo para o apareamento e de mellor calidade do esperma acádase a finais de marzo mediados de abril.



Riles artificiais

Os investigadores do Hospital Xeral de Massachussets en Boston crearon riles de rata no laboratorio que poderían dar lugar ao desenvolvemento de órganos para o seu transplante a persoas.
Os riles obtidos produciron ouriños no laboratorio e seguírono facendo cando foron transplantados a outras ratas.
Para obter estes órganos partiuse de riles de ratas doantes aos que se lles realizou o proceso de descelularización. A continuación intruducíronse neles novas células para que rexeneraran o tecido.
Demostrouse que este método permitía conservar as complexas estruturas do órgano e que funcionaba en riles de porcos e humanos.
A investigación abre a porta á obtención de órganos a partir das células do propio paciente, o que solucionaría a escaseza de órganos para transplante.


Centro de Médicina Rexenerativa do Hospital Xeral de Massachusetts

Fonte: www.investigaciónyciencia.es (18/04/2013)

7 de maio de 2013

Deseñan un material transparente inspirado nas lágrimas.

Investigadores da Universidade de Harvard (EEUU) deseñaron un material que pode volverse transparente e axustar as súas características de humectabilidade segundo conveña. Está inspirado nas lágrimas, onde os líquidos se unen e forman unha capa sobre os ollos con múltiples funcións. Así, o novo material consiste nunha película líquida que cobre un sustrato poroso elástico, o que fai que sexa tan versátil. Deformando o material cambiase o tamaño dos poros, o que permite que a superficie do líquido cambie a súa forma. A autora principal do traballo, Joanna Aizenberg, destacou que “o bo do sistema é que é adaptable e multifuncional”.
En estado de repouso, este novo material é suave, claro e plano. No momento no que caen substancias líquidas sobre a súa superficie, discorren por el facilmente. Por outro lado, se se estira a súa superficie vólvese máis rugosa e o material pasa a ser lixeiramente máis opaco.
Podería empregarse en tendas de campaña, xa que este material bloquearía a luz nun día seco e soleado e volveríase transparente e repelente ao auga nun día escuro e chuvioso, así como en lentes de contacto de alta precisión, autoaxustables e que se limpan a sí mesmas así como en tuberías que regulan o paso da auga.

Instituto Weyss/SEAS

Fonte: www.muyinteresante.es (13/04/13)

As formigas matemáticas

Según diversos estudos, as formigas son mellores en matemáticas cós humanos porque escollen o camiño máis rápido, en lugar do máis curto, para se desprazaren dun determinado punto a outro.
Pode ser que o camiño máis curto dificulte a nosa velocidade por calquera motivo, pero os humanos tendemos a escollelo, mentres que as formigas escollen o máis rápido aínda que camiñen máis distancia.
Para a investigación empregáronse colonias de Wasmannia auropunctata, unha das especies  de formigas máis invasoras do mundo. 


Alex Wild 2007 (myrmecos.net)
Fonte: www.quo.es (18/04/2013)

A síndrome de Asperger.

Incapacidade de comprender as intencións ou as emocións dos demais, dificultades para relacionarse ou captar as bromas e os sarcasmos nas conversacións, incapacidade para mentir e intransixencia coas rutinas son os principais síntomas da síndrome de Asperger.
As persoas que sofren esta enfermidade teñen pouca habilidade para comprender os estados mentais dos demais, é dicir, non son capaces de poñerse no lugar doutras persoas, non logran comprender como pensan, senten, actúan ou cales son as súas intencións. Teñen tamén problemas para planificarse e normalmente sofren de ansiedade cando hai cambios nas súas rutinas.
No entanto, a maioría destas persoas teñen un coeficiente intelectual normal ou incluso sobresaíente e poden posuír talentos extraordinarios para a música, o debuxo, o cálculo ou a memoria.

Imaxen da Wikipedia.


Fonte: www.muyinteresante.es  (02/04/2013)

O ruso Mendeléiev e a química.

Científico ruso nacido en 1834 en Tobolsk. Foi un estudante avantaxado que pronto destacou en matemáticas, física e xeografía. Aos 15 anos xa rematara os seus estudos e o empeño da súa nai fixo posible que entrara no Instituto Pedagóxico Central de San Petersburgo onde obtivo o título de maestro en Ciencias aos 21 anos. Foi un persoieiro patriota que orientou todas as súas actividades ao servicio de Rusia.
En 1969 publicou a primeira versión da súa grande obra científica, a ordenación dos elementos químicos de acordo co súa lei periódica. O elemento número 101 da táboa periódica leva o nome de Mendelevio na súa honra.


Imaxe da Wikipedia


Fontes:

www.losimprescindiblesdelaciencia.com

Román Polo, Pascual (2002). Mendelèiev. El profeta del orden químico. Ed. Nivola.

James Watt, o creador da máquina de vapor

Inventor inglés da máquina de vapor nacido en Greenock no 1736. Descubriu o calor latente, necesario para producir cambios entre os estados sólidos, líquidos e gasosos, grazas ao profesor de medicina James Black.
Watt, reparando un prototipo de máquina de “vapor” de Newcomen, estudou o seu funcionamento, diseñando así unha cámara para a condensación do vapor separada do resto da máquina e así creou a máquina de vapor. Posteriormente, patentou esta máquina, o que o levou a acadar a fama e aumentar o seu nivel económico.
Este invento aplicouse a diversos campos: minería, cantería, téxtil. Por último, empregouse no ferrocarril, o que permitía transportar persoas e mercancías. Faleceu en Birmingham o 19 de agosto do 1819. 

Imaxe da wikipedia 

Investigación de peloides na Universidade de Vigo

O Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo está a estudar as propiedades dos denominados “peloides”. A peloterapia é unha rama da terapia termal que consiste na aplicacion de barros termales (peloides). Estes produtos presentan diferentes características físicas, químicas e biolóxicas. Este tipo de terapia está en auxe agora mesmo en balnearios e centros termais. Este traballo ten como fin estudar o comportamento térmico para así facilitar un deseño óptimo destas mezclas . Do estudio da peloterapia como axente terapéutico encárgase a Hidrología Médica e a Medicina Física. 


Imaxe da Wikipedia


Fonte: Publicación Semestral da Agrupación Astronómica Rías Baixas. Segundo semestre 2012.

3 de maio de 2013

Demostrado o "efecto Pinocho".

Coñecemos como efecto Pinocho aquel que lle afecta a unha persoa cando mente. Debido a isto aumenta a temperatura do seu nariz e a do seu músculo orbital. O nariz volverá ao seu estado inicial se realizamos un esforzo mental, é dicir, se nos enfrontamos a actividades difíciles, mentras que se sufrimos un ataque de ansiedade a temperatura facial aumentará de novo. 
Isto corresponde a unha investigación realizada mediante termografía, técnica baseada na detección da temperatura dos corpos. 
Cando mentimos sobre os nosos sentimentos, actívase no cerebro unha estrutura denominada ínsula que intervén na regulación da temperatura corporal.


Fonte: www.muyinteresante.es/  (26/11/2012)

É a fin das troitas?


Un estudo español prevé que no ano 2040 unha de cada dúas troitas desaparecerá, e que no ano 2100, case ningunha percorrerá os ríos ibéricos.
Debido á sensibilidade desta especie de salmónido (Salmo trutta) aos cambios no seu contorno e, en especial, aos cambios de temperatura da auga, producidos polo xa coñecido cambio climático, estase producindo a súa rápida regresión nas cuncas ibéricas. Outras causas que están provocando a súa extinción son, entre outras: a sobrepesca, a extracción de auga para cultivos ou a repoboación con outras especies que compiten polo alimento e, ao mesmo tempo, están alterando de xeito negativo a xenética das troitas.




Suicido no sangue

Científicos de Suecia e Australia intentan descubrir se é a xenética a que nos predispón a quitarnos a vida.
O ano pasado, investigadores suecos publicaron un estudo respecto a esta investigación, no que vinculaban os intentos de suicidio con niveis elevados de ácido quinolínico, un neurotransmisor asociado á inflamación.
Na actualidade un grupo científico procedente de Australia toma como punto de partida as investigacións dos científicos suecos, para desenvolver unha análise que detecte dito ácido no sangue.



Fonte: www.quo.es (9/2/2013)

Xatcobeo

Na universidade de Vigo (co apoio do Instituto Nacional de Técnicas Aereoespaciais) creouse o prototipo dun “cubosatélite” chamado Xatcobeo que foi posto en órbita o 9 de febreiro na Guayana Francesa.
O “cubosatélite” de 900 gramos e 10 centímetros de longo, largo e profundidade será útil na futura construción de novos satélites. Outra aplicación poderá ser a recepción de sinais de vixilancia marítima ata a configuración de sensores terrestres que axudarán na loita contra incendios. Varias universidades chilenas amosaron interés polo “cubosatélite”.



Fonte: www.elmundo.es (14/01/2012)

Síndrome de Alicia no País da Marabillas

Investigadores galegos estudaron un caso excepcional dun transtorno neurolóxico chamado “Síndrome de Alicia no País das Marabillas”, que pode afectar a nenos e adultos que padecen migraña.
María José Corral Caramés, autora principal do estudo e pediatra do Centro de Saúde "A Ponte" (Ourense), explica que os pacientes que sofren esta síndrome perciben alteracións da forma, tamaño e situación espacial dos obxectos, así como a distorsión da imaxe corporal e do transcurso do tempo.



Fonte: www.muyinteresante.es (15/07/2009).