Recibe a nosa benvida ao blogue de actualidade científica do IES Aller Ulloa de Lalín.
Este proxecto nace como unha actividade de aula levada a cabo no curso 2012/2013 na materia de Informática de 4º de ESO.
No curso 2013/2014 esténdese o seu uso ás materias de Inglés e Física e Química bilingüe en 3º de ESO.
No curso 2013/2014 esténdese o seu uso ás materias de Inglés e Física e Química bilingüe en 3º de ESO.
Preténdese que este sitio web, sobre a base dunha metodoloxía colaborativa, sexa empregado dende outras materias de ciencias como complemento ao labor que se realiza na biblioteca para o fomento da lectura.
Obxectivos da actividade :
- Traballar e cooperar en pequenos grupos.
- Manexar distintas fontes de información.
- Ler, interpretar, resumir e redactar pequenos textos científicos.
- Comentar textos de xeito crítico.
- Manexar as ferramentas de traballo colaborativo Google Drive.
- Coñecer o emprego básico de Blogger.
Metodoloxía:
- Dividirase o alumnado en grupos de dúas ou tres persoas. Empregaranse só as referencias bibliográficas do apartado FONTES. O número de referencias poderá ser ampliado ao longo do curso.
- A redacción dos traballos realizarase empregando un documento de texto en Google Drive compartido por todos os membros do grupo e co profesor, que poderá controlar en todo momento o proceso de redacción.
- Os textos redactados estarán relacionados con temas propostos polo profesor:
- Medio ambiente
- Bioquímica
- Medicina
- Investigación en Galicia
- Biografías
- Curiosidades científicas
- Inventos
- Astronomía
- …
Criterios de avaliación
- Fai a tarefa adecuándose ao tempo.
- Manexa distintas fontes de información.
- Traballa na tarefa asignada.
- Traballa en grupo.
- Redacta axeitadamente.
- Non comete faltas de ortografía.
- Fai comentarios críticos das novas publicadas polos compañeiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario