Amosando publicacións coa etiqueta Alimentación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Alimentación. Amosar todas as publicacións

25 de maio de 2016

Alimentos que combaten a resaca

Estudos realizados en diversas clínicas e universidades do mundo conclúen que o consumo de máis alcol ou café non axudan a eliminar a resaca, aínda que hai alimentos que si o fan.
As froitas e o mel, segundo investigacións realizadas na Clínica Cleveland de Ohio, conteñen azúcares que son capaces de eliminar o alcol do corpo. O salmón, os ovos e os lácteos, segundo a mesma clínica, son bos para combater a resaca, xa que conteñen altos niveis de vitaminas B6 e B12, que diminúen os seus efectos.
Os espárragos, segundo un estudo publicado pola revista The Journal of Food Science, conteñen aminoácidos e minerais que axudan a metabolizar o alcol e protexen as células do fígado fronte ao mesmo.
As bebidas deportivas axudan a hidratar o organismo e a subir o nivel de electrolitos, e a dieta BRAT, composta por arroz, plátanos, puré de mazá e pan torrado, permite eliminar a dor de estómago rapidamente producida pola resaca. Finalmente, o xenxibre alivia as náuseas e os mareos causados pola mesma.

Imaxe de muyinteresante.es

Fonte: http://www.muyinteresante.es/salud


23 de maio de 2016

Unha app para coñecer a calidade da cervexa

Un equipo de químicos coordinados por Elena Benito Peña e María Cruz Moreno Bondi da Universidade Complutense de Madrid, desenvolveron un sistema que permite medir se a cervexa está rancia.
Este sistema, rápido e de baixo custo, consta duns sensores dun polímero similar ao que se emprega para fabricar as lentes de contacto. Os sensores cambian de cor ao entrar en contacto coa cervexa, pasando de amarelo a rosa segundo a cantidade de furfural -composto químico que se forma cando a bebida envellece- que detecten. 
Mediante unha aplicación móbil, creada polo mesmo equipo, pódese coñecer exactamente a cantidade de furfural presente na bebida mediante a toma dunha fotografía. Considérase este un importante avance para a industria cervexeira, que tamén podería ser utilizado con outros alimentos como mel, leite, café...

Imaxe UCM