Amosando publicacións coa etiqueta Mulleres pioneiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mulleres pioneiras. Amosar todas as publicacións

30 de maio de 2016

Ida Pfeiffer

Ida Pfeiffer foi a primeira occidental en penetrar nas rexións inexploradas de Borneo. Naceu o 14 de outubro de 1797 en Viena (Austria) e morreu no mesmo lugar o 27 de outubro de 1858.  
De familia humilde e sen recursos, estudaba xeografía ás agachadas pois o seu soño era viaxar arredor do mundo e coñecer cousas novas. Cando reuniu o valor necesario para marchar da casa e viaxar, foi a Brasil, China, Singapur, Ceilán, India, Mesopotamia, Persia, Kurdistán, Polinesia, Borneo, Madagascar… co lema: “Ver o máximo posible; gastar o menos posible”.
É famosa por ser unha das poucas mulleres que explorou Borneo onde conviviu con indíxenas. Logrou que os homes de todos eses lugares respectasen a súa vontade.

Imaxe de wikipedia.org

Fonte: LAPIERRE, Alexandra & MOUCHERD, Christel (2007). Grandes aventureras. Ed. Blume. Barcelona.


19 de maio de 2015

Aphra Behn

Foi unha espía e cortesana inglesa que naceu en 1640, no seno dunha familia pobre e traballadora. Inventou que procedía dunha familia aristócrata para que non se lle cerrarán portas no futuro.
En 1663, Aphra foi enviada a Surinam, na Ámerica do Sur, por Lord Willoughby coa misión de observar a loita polo poder entre o gobernador e os colonos. Escribiu sobre esta experiencia a novela Oroonoko.
En 1667 foi enviada, por Carlos II, a Amberes, Holanda, nunha misión de espionaxe para comprobar a calidade da información que un axente inglés afirmaba ter no seu poder, nuns expedientes confidenciais sobre o exército holandés. Foi baixo o nome de Astrea, a cambio dunha paga miserable.
Aphra buscaba a riqueza e un papel clave na corte, pero cando volveu a Londres encarcearona polas débedas. A salvación da súa ruína foi a literatura. Publicou en 1670 a obra de teatro The Forced Marriage, acadando un inmediato éxito.  
http://www.npg.org.uk/

Fonte: Lapierre, Alexandra; Mouchard, Christel (2007). Grandes aventureras. Ed. Blume

18 de maio de 2015

A vida dunha astronauta no espazo

Samantha Cristoforetti, a primeira muller astronauta italiana e a terceira europea, foi seleccionada por parte da Axencia Espacial Europea, para realizar experimentos sobre a ingravidez, dende a Estación Espacial Internacional.
Samantha instalouse na ISS hai seis meses, e aínda que estaba prevista a sua volta esta semana, a súa estancia ampliarase ata principios de xuño, debido a que o mercante Progress 59 da Axencia Espacial Rusa, con subministros para a estación, non puido acoplarse a ela hai dúas semanas.
Esta astronauta nacida en Milán, graduouse en Ciencias da Aeronáutica, na Academia Aeronáutica Italiana, converténdose nunha das primeras mulleres en ser piloto tenente de combate na Forzas Aéreas Italianas. 

Ademais de prepararse fisicamente día a día, Samantha tamén se encarga de preparar as ferramentas e de lanzar pequenos satélites ao espazo.

Imaxe de wikipedia.org

Fonte : www.agenciasinc.es (12/05/15)

12 de maio de 2015

Emmy Noether, revolucionaria das matemáticas

Emmy Noether naceu o 23 de marzo de 1882 en Alemania. De orixe xudía, Noether revolucionou a teoría da álxebra, e no seu momento, foi considerada por Albert Einstein como “A xenio creativa das matemáticas”. 
Debido a que naquela época non era habitual que as mulleres foran a universidade, asistiu de oínte as clases que impartía seu pai na Universidade de Erlangen-Núremberg. Finalmente conseguiu matricularse neste centro e doutorarse exercendo a a súa carreira como profesora durante sete anos.
Máis tarde impartiu clase na Universidade de Gotinga dende 1919 ata que no ano 1933, Hitler expulsou aos profesores de ascendencía xudía das institucións públicas alemanas. Noether exiliouse aos EEUU para poder seguir dando clase en Bryn Mawr (Pensilvania) e adicarse á investigación no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton.

Imaxe da wikipedia

Fonte : www.agenciasinc.es (23/03/15) 


6 de maio de 2015

Anne-Marie Imafidon


Naceu en 1990 en Reino Unido. Esta pioneira creou hai uns anos unha asociación para estimular as mozas do seu país a estudar unha carreira relacionada coa ciencia, tecnoloxía, enxeñería ou matemáticas. Esta asociación recibe o nome de Stemettes.
Anne-Marie ten un máster en ciencias computacionais e estudou matemáticas na Universidade de Oxford (Inglaterra). Recibiu a distinción Point of Light, premio entregado por David Cameron, o primeiro ministro do Reino Unido, por ser “un modelo brillante para as mulleres novas”. 
O pasado mes de Xaneiro, estivo en TEDxBarcelona para compartir como foi a súa xuventude e a súa paixón: as ciencias.


Fonte: www.agenciasinc.es (30/01/15)


21 de maio de 2014

HENRIETTA SWAN LEAVITT( 1857-1911)

Naceu nos Estados Unidos. Estudou o bacharelato no Radcliffe College onde atopou a súa fascinación pola astronomía.
 
En 1893 entra a traballar como voluntaria no Harvard College Observatory xunto con máis mulleres astrónomas ás que lle chamaron “harén”, debido ao machismo da época. Pronto se retirou do seu traballo no observatorio debido a unha xordeira.
 
A súa aportación ao mundo da astronomía permitiu anos máis tarde calcular as distancias entre galaxias despois dun estudio sobre as variables Cefeidas da Nube de Magalláns e numerosos cálculos. Non puido ser recoñecida como a autora deste gran avance xa que tiña unha saúde débil o que fixo que morrera pronto, feito ao que tamén se lle sumou o carácter fortementre machista dunha sociedade que non llo permitiu.

En 2009 a directora do Museo da Ciencia e o Cosmos (La Laguna, Tenerife), Carmen del Puerto, preparou unha obra de teatro sobre ela.
                            
20090213021930-gal-leavitt2.jpg
Imaxe:http://vgomez.blogia.com/2009/021301-henrietta-swan-leavitt.php

 
 
Fontes: 
http://www.muyinteresante.es ( 26/11/09 )  

http://www.elmundo.es  ( 07/10/09 )
 

19 de maio de 2014

Mar Capeáns

Naceu en Santiago de Compostela en 1967. É licenciada en física e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade traballa como investigadora no CERN (Organisation européenne pour la recherche nucléaire).

Cando estudaba non tiña claro que fose apostar pola investigación pero no último curso fascinoulle unha materia sobre os conceptos dos detectores de partículas.

Despois de licenciarse botou un tempo colaborando no departamento de física de particulas da USC. Marchou a Xenebra no 1992 para traballar 12 meses no grupo de Georges Charpak, que recibiu o Premio Nobel de física ese mesmo ano. Estivo no CERN ata 1998, ano no que foi traballar a outro laboratorio de física de partículas, o alemán DESY. Dous anos despois volveu ao CERN para quedar definitivamente. Alí traballou no proxecto ATLAS, entre outros. Ten máis de 60 publicacións en revistas científicas de prestixio internacional. Actualmente está traballando nun experimento do LHC cuxo obxetivo é entender o porque do Big Bang.


 
Fonte: Casal, Iolanda (2007). Investigadoras galegas. Grupo Correo Gallego.


21 de maio de 2013

A Monxa de Alférez

Catalina de Erauso foi unha soldado que naceu no 1592. Aos catro anos foi obrigada a entrar no convento de San Sebastián el Antiguo na que se fixo monxa. Tivo diferentes identidades, pero sempre masculinas, coma Pedro de Orive ou Francisco de Loyola. No ano 1625 escribiu as súas memorias nas que narra a súa vida como soldado.

Embarcouse a América por primeira vez en 1615 onde participou nunha das guerras máis perigosas contra os indios na que, por mala sorte, matou ao seu irmán sen poder evitalo.

Cando declarou a súa verdadeira identidade ante o obispo de Huamanga, este meteuna novamente nun convento.

Imaxe da Wikipedia


Fonte: Lapierre, Alexandra; Mouchard, Christel. Grandes aventureras. Ed.Blume

10 de maio de 2013

Deportista polifacética

Marie Félicie Élisabeth Marvingt naceu en Aurillac (Francia) en 1875. Destacou moi pronto pola súa habilidade deportiva.
Demostrou en diversas probas que podía competir contra calquera home e logrou da Academia de Deportes Francesa a medalla de ouro “por tódolos deportes” en 1910.
En 1909 probou por primeira vez a súa maior paixón: os avións. Está considerada como a primeira muller en pilotar en solitario un avión monoplano.
A Gran Guerra impulsouna a loitar pola construción de ambulancias aéreas. Morreu o 14 de decembro de 1963 mentres durmía. 

Imaxe de wikimedia.org


Fonte: Marck, Bernard. Ellas conquistaron el cielo. Ed. Blume