Os osos polares, que xa están en vía de extinción e ameazados polo desxeo e o cambio climático, están agora a correr perigo debido aos contaminantes como é a polución provocada polos plásticos e os contaminantes ambientais que produce a humanidade.
Un estudo realizado por un equipo internacional de científicos, entre os que figura María Jesús Obregón do Instituto de Investigacións Biomédicas , afirma que estes contaminantes poden chegar a afectar ao seu sistema endócrino e reproductivo.
Este equipo elaborou unha guía para controlar a saúde destes exemplares posto que preocupa a perda do seu hábitat xeado, e polo tanto a súa supervivencia.
Os osos polares atópanse en continuo risco de supervivencia, xa sexa polo desxeo a causa da calor e dos cambios climáticos, ou neste caso, pola contaminación, feito causado unicamente por todos nós, e ao fin, imos provocar a extinción de dito animal.
ResponderEliminarPareceme algo realmente preocupante. O cambio climático está a afectarlles moito e creo que é algo que necesita unha solución urxente.
ResponderEliminarIsto é unha mostra da enorme cantidade de lixo e diferentes materiais que tiramos ao mar e da repercusión no medio que isto provoca, chegando a afectar a especies que xa están en perigo de extinción debido a outros factores como o oso polar.
ResponderEliminarRealmente penso que este problema necesita unha solución rápidamente porque se non os osos polares acabarán en peligro de extinción. Debemos coidar o ambiente.
ResponderEliminar