Amosando publicacións coa etiqueta Astronomía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Astronomía. Amosar todas as publicacións

3 de xuño de 2016

O canibalismo transforma unha estrela en anana marrón

Unha estrela converteuse nunha anana marrón debido a que a súa compañeira lle quitou parte da súa masa.
Isto descubriuse ao observar o sistema binario J1433 dende o Observatorio Paranal de Chile.
O sistema consiste nun obxecto de baixa masa que se move nunha órbita moi estreita arredor dunha anana branca e esta deixouna sen un 90% de masa transformándoa así nunha anana marrón. As ananas marróns son estrelas que non poden brillar.
Para realizar estas observacións utilizouse o instrumento X-Shooter. O profesor Christian Knigge na Universidade de Southampton foi quen iniciou e supervisou este proxecto.

Imaxe de www.agenciasinc.es
Rene Breton 

Fonte: www.agenciasinc.es (publicado 18/05/2016)


1 de xuño de 2016

Nicolás Copérnico (1473-1543)

Copérnico é coñecido como o iniciador da revolución científica que cambiou de maneira decisiva a historia da ciencia e con iso a da humanidade. Naceu en Thorn (hoxe Polonia), e criouse baixo os coidados do seu tío Lucas Watzenrode, quen se fixo cargo dos seus estudos.
Estudou Dereito, Medicina, Grego, Filosofía, Ciencias e Astronomía na Universidade de Cracovia. Chegou a exercer a Medicina mais foron os seus traballos sobre Astronomía os que o converteron nun dos científicos máis famosos de todos os tempos.
A primeira teoría referente ao universo foi dun astrónomo grego chamado Claudio Ptolomeo que dicía que a Terra ocupaba o centro do Universo, e así movíanse os planetas, a Lua é o Sol en órbitas circulares a diferentes distancias en torno a ela, existindo unha esfera externa onde situar as estrelas, é dicir, a Terra era o centro do universo e polo tanto o ser humano. 
Copérnico contradiciu a teoría de Ptolomeo coa súa propia, grazas as observacións que realizou nas torres de Heilsberg, Allenstein e Frauenburg.
No seu libro De revolutionibus orbium coelestium expuxo a súa teoría heliocéntrica na que o sol é o centro do universo, os planetas orbitan arredor del e os satélites arredor dos planetas. 
Con este descubrimento de Copérnico inaugúrase unha nova época que fai ver dunha maneira diferente a observación do universo, mais as súas teorias do universo enfrontáronse coa Igrexa. O desprazamento da Terra e mais do home do centro do Universo foi rexeitado e a súa obra incluida no Índice de Libro Prohibidos pola Igrexa.

Imaxe de wikipedia.org

Fonte: http://www.losimprescindiblesdelaciencia.es/artpdf/01a.pdf



19 de maio de 2015

Incineran os buracos negros a quen intenta penetrar neles?

Tan pronto como estes obxetos foron descubertos, supúxose que achegarse demasiado a un deles sería un erro fatal. Non obstante, até hai moi pouco criamos que un astronauta non sentiría nada especial ao cruzar a horizonte de sucesos, a fronteira máis alá da cal resulta imposible regresar.
Segundo a teoría da relatividade de Einstein, o horizonte non se acha marcado por ningún sinal en particular. Quen queira que o atravesase sufriría unha caída infinita até a escuridade. Hoxe consideran que o astronauta viviría unha experiencia moi distinta da predita por Einstein: en lugar de deslizarse suavemente ata o interior, ao chegar ao horizonte toparíase cun “muro de lume”, que son partículas de alta enerxía que aniquilarían o astronauta ao instante.
Donald Marolf, Ahmed Almheiri e James Sully da Universidade de California, Santa Barbara chegaron a esta conclusión ao empregar certas ideas procedentes da teoría de cordas para analizar con detalle unparadoxo plantexado hai corenta anos por Stephen Hawking. 

Imaxe de www.rtve.es
Fonte: www.investigacionyciencia.es (Abril 2015, nº 463)


18 de maio de 2015

A vida dunha astronauta no espazo

Samantha Cristoforetti, a primeira muller astronauta italiana e a terceira europea, foi seleccionada por parte da Axencia Espacial Europea, para realizar experimentos sobre a ingravidez, dende a Estación Espacial Internacional.
Samantha instalouse na ISS hai seis meses, e aínda que estaba prevista a sua volta esta semana, a súa estancia ampliarase ata principios de xuño, debido a que o mercante Progress 59 da Axencia Espacial Rusa, con subministros para a estación, non puido acoplarse a ela hai dúas semanas.
Esta astronauta nacida en Milán, graduouse en Ciencias da Aeronáutica, na Academia Aeronáutica Italiana, converténdose nunha das primeras mulleres en ser piloto tenente de combate na Forzas Aéreas Italianas. 

Ademais de prepararse fisicamente día a día, Samantha tamén se encarga de preparar as ferramentas e de lanzar pequenos satélites ao espazo.

Imaxe de wikipedia.org

Fonte : www.agenciasinc.es (12/05/15)

13 de maio de 2015

Chuvia de estrelas

Este 2015 contaremos cun total de once chuvias de estrelas (tres menos có ano pasado). A chuvia de Líridas, comezou un ano máis durante o mes de abril, concretamente este ano observáronse do 16 al 25 de abril. O mércores 22 foi o día onde máis líridas se viron.
Estes meteoros, pertencen ao cometa Thatcher dende a constelación da Lira cunha órbita de 415 anos, por iso foi unha das máis importantes do ano.
Esta chuvia puídose observar sen telescopios ou outros tipos de instrumentos, con que o único requisito foi ir a algún lugar alonxado da contaminación lumínica, onde o ceo fora perfectamente visible e despexado.
A chuvia foi visible dende todo o mundo e a Lúa non molestou xa que estivo na súa fase crecente.



Fonte: www.muyinteresante.es (16/04/2015)

O misterio dos raios cósmicos

Os raios cósmicos son partículas procedentes do espazo exterior que viaxan polo Universo a velocidades cercanas á da luz. Calcúlase que cada segundo chocan aproximadamente mil raios cósmicos por metro cadrado. Ao impactar na atmosfera xeran unha cascada de partículas de menor enerxía. A suá orixe relaciónase coas violentas explosións que poñen fin a vida das supernovas . 
A detección de raios cósmicos constitúe un laborioso traballo que se basea na medición dunha serie de partículas resultantes da interacción entre os protóns (partículas das que están formados principalmente os raios cósmicos) e a atmosfera.

Imaxe de www.apolo11.com

Fonte: www.investigacionyciencia.com (Xullo 2014, nº 454).



6 de maio de 2015

A Terra primitiva devorou un astro semellante a Mercurio

Un equipo de xeoquímicos da Universidade de Oxford afirman que hai máis de 3500 anos, a Terra devorou un obxecto cósmico do tamaño de Marte, pero moi parecido a Mercurio na súa composición: rico en xofre e pobre en osíxeno. 
Os expertos afirman que este choque resultou fundamental para o desenvolvemento da vida actual, pois proporcionou ao núcleo do noso planeta os elementos radiactivos fundamentais para a formación do campo magnético terrestre, campo que nos protexe constantemente das radiacións que chegan continuamente do espazo exterior.




Fonte: www.muyinteresante.es 16/04/15

26 de maio de 2014

Galileo, o inicio da Ciencia

Naceu en 1564 en Pisa (Italia). Foi o primeiro dos sete fillos do músico, comerciante e luthier Vicenzo Galilei.
Galileo estudou desde os 17 anos na universidade da súa cidade natal. Pronto descubriu que os seus verdadeiros intereses derivaban cara ás matemáticas. Foi expulsado da universidade polo seu carácter contestatario, polo que viaxa a Florencia sen obter o diploma universitario e comeza os seus estudos teóricos sobre o centro da gravidade dos corpos. Nesta época inventou o medidor do impulso humano.
Traballou nas Universidades de Pisa e de Padua. Nesta época desenvolvería a ley do movemento uniformemente acelerado e a bomba de auga.
En 1609 perfecciona o seu telescopio e fai unha demostración en Venecia. Despois desta, Venecia interésase polo invento xa que lle outorgaba vantaxes militares e comerciais.
En 1610 volve a Florencia onde intentará transmitir a teoría do Heliocentrismo (O Sol é o centro do Sistema Solar e a Terra móvese a redor del). Ao principio, estivo protexido polo papa Urbano III, pero cando este lle mandou facer unha comparación entre as dúas teorías do Universo o Heliocentrismo e o Xeocentrismo (a Terra é o centro do Sistema Solar e o resto dos planetas xiran a redor dela) e Galileo se negou, foi capturado pola Santa Inquisición. Con amenaza de tortura, Galileo foi obrigado a negar a teoría Heliocentrista e, despois disto, foi condenado a cadena perpétua.




wikipedia.org
Fonte: http://www.losimprescindiblesdelaciencia.es/articulos.html

21 de maio de 2014

Isaac Newton, o mestre da razón

Nacido en 1642 en Liconlshire (Inglaterra), nunha familia analfabeta de granxeiros. Seus pais separáronse ao pouco tempo e viviu a súa infancia xunto aos seus avós.
Xa maior de idade, Newton ingresa no Trinity College da Universidade de Cambridge, onde comeza a ler libros sobre Aristóteles,Galileo e Copérnico; lerá a Óptica de Kepler e sobre todo, Os elementos de Euclides, que lle impresionarán decisivamente.
O libro de ciencia máis importante xamais escrito foi o chamado Principia. Nel explica as Leis da Mecánica e as súas aplicacións, o movemento absoluto e relativo, as mareas, a demostración das Leis de Kepler e a Lei de Gravitación Universal.
O seu cáracter neurótico, case psicótico fixo que sufrira grandes crises persoais e progresivamente perdeu a súa capacidade de concentración. Fixou o seu interese na alquimia, astroloxía, relixión e na historia. Morreu en 1727 e encóntrase enterrado na Abadía de Westminster.
Imaxe de: wikipedia.org

HENRIETTA SWAN LEAVITT( 1857-1911)

Naceu nos Estados Unidos. Estudou o bacharelato no Radcliffe College onde atopou a súa fascinación pola astronomía.
 
En 1893 entra a traballar como voluntaria no Harvard College Observatory xunto con máis mulleres astrónomas ás que lle chamaron “harén”, debido ao machismo da época. Pronto se retirou do seu traballo no observatorio debido a unha xordeira.
 
A súa aportación ao mundo da astronomía permitiu anos máis tarde calcular as distancias entre galaxias despois dun estudio sobre as variables Cefeidas da Nube de Magalláns e numerosos cálculos. Non puido ser recoñecida como a autora deste gran avance xa que tiña unha saúde débil o que fixo que morrera pronto, feito ao que tamén se lle sumou o carácter fortementre machista dunha sociedade que non llo permitiu.

En 2009 a directora do Museo da Ciencia e o Cosmos (La Laguna, Tenerife), Carmen del Puerto, preparou unha obra de teatro sobre ela.
                            
20090213021930-gal-leavitt2.jpg
Imaxe:http://vgomez.blogia.com/2009/021301-henrietta-swan-leavitt.php

 
 
Fontes: 
http://www.muyinteresante.es ( 26/11/09 )  

http://www.elmundo.es  ( 07/10/09 )
 

Albert Einstein: O precursor da nova era da Física

Naceu no ano 1979 en Ulm (Alemaña) e foi un neno de desenvolvemento tardío. Na súa infancia, os profesores non viron nada especial nel.
Cando acadou a idade apropiada intentou ingresar no ETH, Instituto Tecnolóxico Federal de Suíza, mais suspendeu o exame de acceso. Máis adiante conseguiríao e alí coñecería á súa primeira parella, Mileva.
En 1905 publicou catro artigos científicos sobre diversos temas. No primeiro fala sobre o movemento browniano e no segundo sobre o efecto fotoeléctrico. No terceiro, afirmou que a velocidade da luz é constante para calquera observador e no cuarto artículo, deduce a fórmula para a variación da masa dunha partícula en movemento.
Recibiría, por cambiar as bases da Física, unha cátedra na Universidade de Berlín.
Presentou a chamada Teoría da Relatividade Xeral (1915) que explica a atracción gravitatoria como unha consecuencia da estrutura xeométrica en catro dimensións. Este foi probablemente o logro científico máis importante da historia.
En 1921 recibe o premio Nobel polas súas achegas á Física Teórica, en especial pola súa explicación do efecto fotoeléctrico.
Einstein morreu en Princenton (EEUU), no 1955.



Imaxe de: wikipedia.org

 
Fonte: http://www.losimprescindiblesdelaciencia.es/articulos.html

14 de maio de 2013

A primeira eclipse de 2013

O pasado 25 de abril tivo lugar unha eclipse parcial de lúa que foi visible en numerosas zonas de Europa, África, Asia e Australia. Tratouse dunha eclipse de curta duración e o seu escurecemento foi limitado. Por iso se denomina eclipse penumbral.
O fenómeno contemplouse sen necesidade ningunha dun instrumento óptico, dado que se produciu durante o día. 
Esta é a eclipse número 65 das 72 eclipses do ciclo Saros, denominadas caldeos polos astrónomos na antigüidade. Cada un destes ciclos contén 223 meses sinódicos (meses dende unha Lúa Nova á seguinte). 
Trátase tamén da segunda eclipse parcial de lúa máis breve do século XXI e a primeira deste tipo en 2013.
No presente ano produciránse ademais outras dúas eclipses deste tipo, a primeira o 25 de maio e a segunda o 18 de outubro, tendo unha duración maior cá da mencionada no texto.



Fonte: www.muyinteresante.es (25/04/13)

8 de maio de 2013

Meteorito en Arxentina

Na madrugada do pasado 24 de Abril, un meteorito entrou na atmosfera terrestre, véndose con claridade en moitos lugares de Arxentina. Segundo os expertos, o asteroide avanzaba a unha velocidade de 130.000 kilómetros por hora, descompoñéndose totalmente no aire cando se encontraba a unha altura de 65 quilómetros.
O ronsel deixadp polo meteorito foi tan potente, que pareceu facerse día nalgunhas provincias do Norte do país. Por outra banda, producíronse unha serie de sacudidas e movementos tectónicos, que alarmaron a unha gran parte da poboación destas zonas.
O profesor Jorge Coghlan, director do Observatorio Astronómico de Santa Fe, asegurou que "a importancia non está no tamaño, senón na velocidade de impacto na atmosfera do corpo". O experto informounos tamén da composición do asteroide; segundo el estaría formado por níquel, ferro e magnesio, tendo unha orixe tan primitiva como a do noso propio planeta.


30 de abril de 2013

Descubertos os planetas máis similares á Terra fóra do Sistema Solar

O telescopio espacial Kepler, lanzado no 2009, foi o descubridor de sete novos exoplanetas. Estes pertencen a dous sistemas planetarios distintos e dispóñense en torno a dúas estrelas: Kepler-62 e Kepler-69.
A primeira estrela é menos brillante e máis fría có noso Sol, e posúe cinco planetas, dous considerados potencialmente habitables. O segundo sistema planetario que orbita en torno a Kepler-69, contén dous planetas que se diferencian principalmente na súa órbita. Mentres a dun dura 242 días, a do outro tan só 13.
Lisa Kaltenegger, investigadora do Instituto Max Planck de Alemania, manifestou con admiración  que o descubrimento destes exoplanetas mostra a gran diversidade que alberga o Universo fóra do noso Sistema Solar.



Image credit: NASA Ames/JPL-Caltech


Fonte: www.elmundo.es/ciencia (18/04/13)