Amosando publicacións coa etiqueta Física. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Física. Amosar todas as publicacións

3 de xuño de 2016

O canibalismo transforma unha estrela en anana marrón

Unha estrela converteuse nunha anana marrón debido a que a súa compañeira lle quitou parte da súa masa.
Isto descubriuse ao observar o sistema binario J1433 dende o Observatorio Paranal de Chile.
O sistema consiste nun obxecto de baixa masa que se move nunha órbita moi estreita arredor dunha anana branca e esta deixouna sen un 90% de masa transformándoa así nunha anana marrón. As ananas marróns son estrelas que non poden brillar.
Para realizar estas observacións utilizouse o instrumento X-Shooter. O profesor Christian Knigge na Universidade de Southampton foi quen iniciou e supervisou este proxecto.

Imaxe de www.agenciasinc.es
Rene Breton 

Fonte: www.agenciasinc.es (publicado 18/05/2016)


1 de xuño de 2016

Nicolás Copérnico (1473-1543)

Copérnico é coñecido como o iniciador da revolución científica que cambiou de maneira decisiva a historia da ciencia e con iso a da humanidade. Naceu en Thorn (hoxe Polonia), e criouse baixo os coidados do seu tío Lucas Watzenrode, quen se fixo cargo dos seus estudos.
Estudou Dereito, Medicina, Grego, Filosofía, Ciencias e Astronomía na Universidade de Cracovia. Chegou a exercer a Medicina mais foron os seus traballos sobre Astronomía os que o converteron nun dos científicos máis famosos de todos os tempos.
A primeira teoría referente ao universo foi dun astrónomo grego chamado Claudio Ptolomeo que dicía que a Terra ocupaba o centro do Universo, e así movíanse os planetas, a Lua é o Sol en órbitas circulares a diferentes distancias en torno a ela, existindo unha esfera externa onde situar as estrelas, é dicir, a Terra era o centro do universo e polo tanto o ser humano. 
Copérnico contradiciu a teoría de Ptolomeo coa súa propia, grazas as observacións que realizou nas torres de Heilsberg, Allenstein e Frauenburg.
No seu libro De revolutionibus orbium coelestium expuxo a súa teoría heliocéntrica na que o sol é o centro do universo, os planetas orbitan arredor del e os satélites arredor dos planetas. 
Con este descubrimento de Copérnico inaugúrase unha nova época que fai ver dunha maneira diferente a observación do universo, mais as súas teorias do universo enfrontáronse coa Igrexa. O desprazamento da Terra e mais do home do centro do Universo foi rexeitado e a súa obra incluida no Índice de Libro Prohibidos pola Igrexa.

Imaxe de wikipedia.org

Fonte: http://www.losimprescindiblesdelaciencia.es/artpdf/01a.pdf



19 de maio de 2015

Incineran os buracos negros a quen intenta penetrar neles?

Tan pronto como estes obxetos foron descubertos, supúxose que achegarse demasiado a un deles sería un erro fatal. Non obstante, até hai moi pouco criamos que un astronauta non sentiría nada especial ao cruzar a horizonte de sucesos, a fronteira máis alá da cal resulta imposible regresar.
Segundo a teoría da relatividade de Einstein, o horizonte non se acha marcado por ningún sinal en particular. Quen queira que o atravesase sufriría unha caída infinita até a escuridade. Hoxe consideran que o astronauta viviría unha experiencia moi distinta da predita por Einstein: en lugar de deslizarse suavemente ata o interior, ao chegar ao horizonte toparíase cun “muro de lume”, que son partículas de alta enerxía que aniquilarían o astronauta ao instante.
Donald Marolf, Ahmed Almheiri e James Sully da Universidade de California, Santa Barbara chegaron a esta conclusión ao empregar certas ideas procedentes da teoría de cordas para analizar con detalle unparadoxo plantexado hai corenta anos por Stephen Hawking. 

Imaxe de www.rtve.es
Fonte: www.investigacionyciencia.es (Abril 2015, nº 463)


18 de maio de 2015

O material do futuro: O supergrafeno

Descuberto na Universidade de Manchester, o grafeno comparte, xunto cos drons e a IA (intelixencia artificial) o campo de futuros avances que revolucionarán a nosa sociedade. O grafeno componse dunha estrutura de átomos de carbono, que se aliñan formando unha rede dun grosor do tamaña dun só átomo. Esta estrutura confírelle as propiedades de ser o condutor da electricidade máis fino que existe ou de ser transparente, entre outras.
A día de hoxe, a Universidade de Exeter está desenvolvendo melloras substanciais nas propiedades deste revolucionario material. Entre as súas aplicacións posibles están a de fabricar potabilizadores de auga de baixo consumo e alta eficiencia, ou substituír aos actuais condutores dos teléfonos móbiles (óxido de indio e estaño) por unha estrutura de carbono modificada.

Ilustración artística da estrutura de carbono do grafeno
(de www.thecuttingedgenews.com)

Fonte: http://www.muyinteresante.es (12/03/2015)

13 de maio de 2015

O misterio dos raios cósmicos

Os raios cósmicos son partículas procedentes do espazo exterior que viaxan polo Universo a velocidades cercanas á da luz. Calcúlase que cada segundo chocan aproximadamente mil raios cósmicos por metro cadrado. Ao impactar na atmosfera xeran unha cascada de partículas de menor enerxía. A suá orixe relaciónase coas violentas explosións que poñen fin a vida das supernovas . 
A detección de raios cósmicos constitúe un laborioso traballo que se basea na medición dunha serie de partículas resultantes da interacción entre os protóns (partículas das que están formados principalmente os raios cósmicos) e a atmosfera.

Imaxe de www.apolo11.com

Fonte: www.investigacionyciencia.com (Xullo 2014, nº 454).



5 de maio de 2015

Xa chegou o tempo atómico

Hoxe en día, a tecnoloxía permite facer avances incribles, o máis salientábel é o dos chamados “smartphones” (teléfonos intelixentes en inglés), que case posúen as prestacións dun ordenador moderno, permitindo capturar imaxes de moi boa calidade e ata substituír os reloxos, o medio común de medir o tempo no que vivimos.
A pesar diso, a firma inglesa de produtos de luxo Hoptroff, especialmente reloxos, decideu apostar pola construcción do primeiro reloxo atómico de bolsillo. Este aparato, que, por apariencia parecería un xoguete con agullas falsas, posúe 28 eixes de movemento, cunha agulla insertada en cada un, o que lle permite marcar dende o tempo sideral, ata a temperatura, a humidade e tamén inclúe un pequeno compás, por se algún día perdemos o norte…
Este pequeno enxeño mecánico, ten unha precisión case inigualábel, posto que só atrasa 1,5 segundos por cada mil anos, debido tamén a que o chip que o controla é o Quantum SA.45s., que foi desenvolvido militarmente para medir o tempo con precisión case exacta en lugares onde a cobertura GPS non é posíbel.
Consiste nunha cámara que contén gas de cesio en condicións reguladas por láser, e un resoador de microondas, é dicir, un medidor de oscilacións dos átomos deste gas. É ese bip bip nuclear o que permite que este artiluxio de prezo escandaloso (100.000 libras ou 139.276 euros) continúe facendo a súa función, coma calquera das doce unidades que se fabricaron.

Interior del Hoptroff 10.

Fonte: http://www.alpoma.net/ (25/03/2015)


26 de maio de 2014

Galileo, o inicio da Ciencia

Naceu en 1564 en Pisa (Italia). Foi o primeiro dos sete fillos do músico, comerciante e luthier Vicenzo Galilei.
Galileo estudou desde os 17 anos na universidade da súa cidade natal. Pronto descubriu que os seus verdadeiros intereses derivaban cara ás matemáticas. Foi expulsado da universidade polo seu carácter contestatario, polo que viaxa a Florencia sen obter o diploma universitario e comeza os seus estudos teóricos sobre o centro da gravidade dos corpos. Nesta época inventou o medidor do impulso humano.
Traballou nas Universidades de Pisa e de Padua. Nesta época desenvolvería a ley do movemento uniformemente acelerado e a bomba de auga.
En 1609 perfecciona o seu telescopio e fai unha demostración en Venecia. Despois desta, Venecia interésase polo invento xa que lle outorgaba vantaxes militares e comerciais.
En 1610 volve a Florencia onde intentará transmitir a teoría do Heliocentrismo (O Sol é o centro do Sistema Solar e a Terra móvese a redor del). Ao principio, estivo protexido polo papa Urbano III, pero cando este lle mandou facer unha comparación entre as dúas teorías do Universo o Heliocentrismo e o Xeocentrismo (a Terra é o centro do Sistema Solar e o resto dos planetas xiran a redor dela) e Galileo se negou, foi capturado pola Santa Inquisición. Con amenaza de tortura, Galileo foi obrigado a negar a teoría Heliocentrista e, despois disto, foi condenado a cadena perpétua.




wikipedia.org
Fonte: http://www.losimprescindiblesdelaciencia.es/articulos.html

21 de maio de 2014

Isaac Newton, o mestre da razón

Nacido en 1642 en Liconlshire (Inglaterra), nunha familia analfabeta de granxeiros. Seus pais separáronse ao pouco tempo e viviu a súa infancia xunto aos seus avós.
Xa maior de idade, Newton ingresa no Trinity College da Universidade de Cambridge, onde comeza a ler libros sobre Aristóteles,Galileo e Copérnico; lerá a Óptica de Kepler e sobre todo, Os elementos de Euclides, que lle impresionarán decisivamente.
O libro de ciencia máis importante xamais escrito foi o chamado Principia. Nel explica as Leis da Mecánica e as súas aplicacións, o movemento absoluto e relativo, as mareas, a demostración das Leis de Kepler e a Lei de Gravitación Universal.
O seu cáracter neurótico, case psicótico fixo que sufrira grandes crises persoais e progresivamente perdeu a súa capacidade de concentración. Fixou o seu interese na alquimia, astroloxía, relixión e na historia. Morreu en 1727 e encóntrase enterrado na Abadía de Westminster.
Imaxe de: wikipedia.org

19 de maio de 2014

Mar Capeáns

Naceu en Santiago de Compostela en 1967. É licenciada en física e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade traballa como investigadora no CERN (Organisation européenne pour la recherche nucléaire).

Cando estudaba non tiña claro que fose apostar pola investigación pero no último curso fascinoulle unha materia sobre os conceptos dos detectores de partículas.

Despois de licenciarse botou un tempo colaborando no departamento de física de particulas da USC. Marchou a Xenebra no 1992 para traballar 12 meses no grupo de Georges Charpak, que recibiu o Premio Nobel de física ese mesmo ano. Estivo no CERN ata 1998, ano no que foi traballar a outro laboratorio de física de partículas, o alemán DESY. Dous anos despois volveu ao CERN para quedar definitivamente. Alí traballou no proxecto ATLAS, entre outros. Ten máis de 60 publicacións en revistas científicas de prestixio internacional. Actualmente está traballando nun experimento do LHC cuxo obxetivo é entender o porque do Big Bang.


 
Fonte: Casal, Iolanda (2007). Investigadoras galegas. Grupo Correo Gallego.


22 de outubro de 2013

Seguindo os pasos de Michael Faraday

Coñece Londres seguindo os pasos de Michael Faraday, brillante científico británico do século XIX, a quen lle debemos importantes aportacións no campo da electricidade e o magnetismo.


 
 

24 de outubro de 2012

Que é unha gaiola de Faraday?

Pois non é máis que unha caixa metálica que nos protexe de descargas eléctricas. Esta propiedade débese á capacidade que teñen os materiais condutores, coma os metais, de anular o efecto dos campos eléctricos externos.
Este curioso fenómeno, descuberto polo físico inglés Michael Faraday, ten unha importante aplicación na protección dos avións, pois  non se ven afectados polo impacto dos raios cando se atopan en pleno voo. Na seguinte gravación podes comprobalo.