Amosando publicacións coa etiqueta Tecnoloxía móbil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tecnoloxía móbil. Amosar todas as publicacións

18 de maio de 2015

O material do futuro: O supergrafeno

Descuberto na Universidade de Manchester, o grafeno comparte, xunto cos drons e a IA (intelixencia artificial) o campo de futuros avances que revolucionarán a nosa sociedade. O grafeno componse dunha estrutura de átomos de carbono, que se aliñan formando unha rede dun grosor do tamaña dun só átomo. Esta estrutura confírelle as propiedades de ser o condutor da electricidade máis fino que existe ou de ser transparente, entre outras.
A día de hoxe, a Universidade de Exeter está desenvolvendo melloras substanciais nas propiedades deste revolucionario material. Entre as súas aplicacións posibles están a de fabricar potabilizadores de auga de baixo consumo e alta eficiencia, ou substituír aos actuais condutores dos teléfonos móbiles (óxido de indio e estaño) por unha estrutura de carbono modificada.

Ilustración artística da estrutura de carbono do grafeno
(de www.thecuttingedgenews.com)

Fonte: http://www.muyinteresante.es (12/03/2015)

11 de maio de 2015

Unha batería que se recarga ao 100% nun minuto

É posible conseguir que unha batería se recargue ao 100% nun só minuto? Ata agora todos os investigadores o daban por imposible, aínda que non deixaron de intentalo. Un equipo de científicos da Universidade de Stanford (E.E.U.U.) está a conseguilo.
Existen moitas diferenzas entre esta nova batería e as convencionais. Unha delas é que a primeira pode soportar 7.500 cargas e descargas (chamados ciclos) fronte ás 1.000 que soportan as actuais. O material do que están feitas tamén é distinto: as baterías tradicionais están feitas de litio, mentras que estas novas baterías están feitas de aluminio. A principal vantaxe deste material é que é ignífugo, o que evita que a batería estoupe ou prenda lume a pesar da súa velocidade de proceso de datos. Ademáis, grazas ás características físicas do aluminio, estas baterías poderíanse incorporar nos futuros dispositivos flexibles.
O único problema actual para non poder empregar xa estas baterías é que contan cunha voltaxe de só dous voltios, mentras que as actuais precisan máis de tres. Isto obrigaría a poñer dúas baterías nun mesmo dispositivo ou mellorar os dispositivos actuais.
Polo momento non se coñece unha data de lanzamento a nivel comercial para este invento, pero o seu éxito está máis que asegurado.

http://entertecno/tag/bateria-recargable-en-un-minuto/

Fontes:
http://www.muyinteresante.es/ (10-04-2015)
http://www.investigacionyciencia.es/ (14-4-2015)