18 de maio de 2015

A vida dunha astronauta no espazo

Samantha Cristoforetti, a primeira muller astronauta italiana e a terceira europea, foi seleccionada por parte da Axencia Espacial Europea, para realizar experimentos sobre a ingravidez, dende a Estación Espacial Internacional.
Samantha instalouse na ISS hai seis meses, e aínda que estaba prevista a sua volta esta semana, a súa estancia ampliarase ata principios de xuño, debido a que o mercante Progress 59 da Axencia Espacial Rusa, con subministros para a estación, non puido acoplarse a ela hai dúas semanas.
Esta astronauta nacida en Milán, graduouse en Ciencias da Aeronáutica, na Academia Aeronáutica Italiana, converténdose nunha das primeras mulleres en ser piloto tenente de combate na Forzas Aéreas Italianas. 

Ademais de prepararse fisicamente día a día, Samantha tamén se encarga de preparar as ferramentas e de lanzar pequenos satélites ao espazo.

Imaxe de wikipedia.org

Fonte : www.agenciasinc.es (12/05/15)

1 comentario:

  1. Interesante articulo que nos fala acerca a vida no espazo dunha muller o que, sen dúbida exemplifica a igualdade conseguida ao longo dos anos. Esperemos novas acerca mulleres astronautas de ahora para adiante. E os meus parabéns polo conseguido a Samantha Cristoforetti.

    ResponderEliminar