Ata hoxe en día, pensábase que o síndrome da cabeza explosiva, un tipo de alteración do sono que consiste en escoitar un forte son na cabeza antes ou despois de dormir, afectaba a persoas maiores de 50 anos pero os investigadores da Universidade Estatal de Washington desmentíronno.
Estes profesionais fixeron un estudo cunha mostra de 211 estudantes, observabando que un de cada cinco experimentou a sensación de explosión alomenos unha vez na vida. Para algúns deles mesmo tivo consecuencias no seu día a día, producíndolles parálise do sono.
Aínda non se sabe que é o que causa este trastorno, nin se coñecen tratamentos para el pero, o feito de que haxa un porcentaxe considerable de persoas que o padecen, serve como apoio para cada afectado. Decátanse de que non están sós.
Imaxe de: www.laraza.com/trastornos-del-sueno-que-meten-miedo/ |
Este síndrome pode alterar a vida cotiá dunha persona e, por iso, débeselle atopar unha solución o antes posible para que, aqueles que a sofran, poidan recuperar a súa vida e, sobre todo, consigan conciliar o sono e non teñan terribles dores de cabeza.
ResponderEliminarEste trastorno nocturno paréceme moi grave xa que, nun momento no que un precisa relaxarse e durmir, escoitar fortes sons dentro da cabeza ten que ser moi incómodo.
ResponderEliminarSen embargo, non me parece adecuada a reflexión do último parágrafo, que di que unha unha persoa se sente mellor se outras persoas senten o mesmo ca ela. Esto faime recordar a frase feita "Mal de moitos, consolo de tontos".