Amosando publicacións coa etiqueta Experimentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Experimentos. Amosar todas as publicacións

27 de maio de 2016

Macacos sometidos a experimentos

Na actualidade, China consta de 40 compañías que dispoñen destes monos e que converten a este país no maior exportador. Unha das principais empresas que utilizan estes primates para determinar a seguridade de produtos para uso humano é Hubei Tian Qin Company, que ten arredor duns 700 macacos. 
Estes animais críanse en Asia, polo baixo custo de produción, para despois envialos a diversos centros de investigación, principalmente en Gran Bretraña, Estados Unidos e Xapón. Actualmente empréganse arredor de 145 000 primates ao ano en ensaios clínicos. O feito de compartirmos o 96% dos xenes convírteos en animais moi axeitados para tal fin.

Imaxe de www.nationalgeographic.com
Li Feng

Fonte: www.nationalgeographic.com (publicado 29/04/2016) 


13 de maio de 2015

O misterio dos raios cósmicos

Os raios cósmicos son partículas procedentes do espazo exterior que viaxan polo Universo a velocidades cercanas á da luz. Calcúlase que cada segundo chocan aproximadamente mil raios cósmicos por metro cadrado. Ao impactar na atmosfera xeran unha cascada de partículas de menor enerxía. A suá orixe relaciónase coas violentas explosións que poñen fin a vida das supernovas . 
A detección de raios cósmicos constitúe un laborioso traballo que se basea na medición dunha serie de partículas resultantes da interacción entre os protóns (partículas das que están formados principalmente os raios cósmicos) e a atmosfera.

Imaxe de www.apolo11.com

Fonte: www.investigacionyciencia.com (Xullo 2014, nº 454).



26 de maio de 2014

Galileo, o inicio da Ciencia

Naceu en 1564 en Pisa (Italia). Foi o primeiro dos sete fillos do músico, comerciante e luthier Vicenzo Galilei.
Galileo estudou desde os 17 anos na universidade da súa cidade natal. Pronto descubriu que os seus verdadeiros intereses derivaban cara ás matemáticas. Foi expulsado da universidade polo seu carácter contestatario, polo que viaxa a Florencia sen obter o diploma universitario e comeza os seus estudos teóricos sobre o centro da gravidade dos corpos. Nesta época inventou o medidor do impulso humano.
Traballou nas Universidades de Pisa e de Padua. Nesta época desenvolvería a ley do movemento uniformemente acelerado e a bomba de auga.
En 1609 perfecciona o seu telescopio e fai unha demostración en Venecia. Despois desta, Venecia interésase polo invento xa que lle outorgaba vantaxes militares e comerciais.
En 1610 volve a Florencia onde intentará transmitir a teoría do Heliocentrismo (O Sol é o centro do Sistema Solar e a Terra móvese a redor del). Ao principio, estivo protexido polo papa Urbano III, pero cando este lle mandou facer unha comparación entre as dúas teorías do Universo o Heliocentrismo e o Xeocentrismo (a Terra é o centro do Sistema Solar e o resto dos planetas xiran a redor dela) e Galileo se negou, foi capturado pola Santa Inquisición. Con amenaza de tortura, Galileo foi obrigado a negar a teoría Heliocentrista e, despois disto, foi condenado a cadena perpétua.




wikipedia.org
Fonte: http://www.losimprescindiblesdelaciencia.es/articulos.html

21 de maio de 2014

Isaac Newton, o mestre da razón

Nacido en 1642 en Liconlshire (Inglaterra), nunha familia analfabeta de granxeiros. Seus pais separáronse ao pouco tempo e viviu a súa infancia xunto aos seus avós.
Xa maior de idade, Newton ingresa no Trinity College da Universidade de Cambridge, onde comeza a ler libros sobre Aristóteles,Galileo e Copérnico; lerá a Óptica de Kepler e sobre todo, Os elementos de Euclides, que lle impresionarán decisivamente.
O libro de ciencia máis importante xamais escrito foi o chamado Principia. Nel explica as Leis da Mecánica e as súas aplicacións, o movemento absoluto e relativo, as mareas, a demostración das Leis de Kepler e a Lei de Gravitación Universal.
O seu cáracter neurótico, case psicótico fixo que sufrira grandes crises persoais e progresivamente perdeu a súa capacidade de concentración. Fixou o seu interese na alquimia, astroloxía, relixión e na historia. Morreu en 1727 e encóntrase enterrado na Abadía de Westminster.
Imaxe de: wikipedia.org

O robot atrapador de obxectos.

Foi construído en Suíza pola Escola Politécnica Federal de Lausana.

O robot funciona da seguinte maneira: primeiro observa como o fai unha persoa e tras varias repeticións, aprende como facelo. A súa forma é a de un brazo biónico de 150 centímetros de lonxitude que consta de tres articulacións e unha sofisticada man con catro dedos coa finalidade de capturar obxectos en movemento de diferentes tamaños e formas.

 Unha das súas aplicacións potenciais é a de atrapar fragmentos de basura no espazo.




Fonte: www.elmundo.es (13/05/2014)


19 de maio de 2014

Como converter o océano en auga potable.

A día de hoxe ningún método para desalinizar a auga deu resultado polo seu coste de produción e mantemento. Pero científicos da Universidade de Texas desenvolveron un chip que podería converter a auga dos mares en auga potable.

O proceso é moi simple: faise correr a auga por un canal pequeno sobre o que se pon unha corrente eléctrica uniforme de 3 vatios. Con isto conseguimos frear os ións de cloruro de sodio ao paso da auga.

De momento só se conseguiu desalinizar unha pequena porcentaxe da que sería necesaria para o consumo humano. Se se fixese funcionar este proceso, o chip axudaría moito aos sistemas purificadores de auga.


Fonte: www.quo.es (28/08/2013)

15 de maio de 2013

Hovercraft cos apeiros do xardín.

Material a empregar: 
  • Unha cadeira de xardín.
  • Un soplador de follas.
  • Dúas táboas de contrachapado.
  • Gomaespuma.
  • Plástico resistente.
  • Cable.
  • Un interruptor.
  • Cinta adhesiva.
  • A tapa dun tupper.
Como primeiro paso hai que cortar dúas láminas de contrachapado cun diámetro de 130cm ás que lle hai que facer dous buratos co diámetro da circunferencia do soplador. Un dos buratos cúbrese con plástico resistente e fíxase con grapas de tapiceiro. Montase a segunda plancha de contrachapado sobre a primeira . Engádese o soplador e acóplase aos buratos. Por último engádese a cadeira.
No seguinte video pódese ver como construilo.




Fonte: www.quo.es/tecnologia (19/10/2012)