Emmy Noether naceu o 23 de marzo de 1882 en Alemania. De orixe xudía, Noether revolucionou a teoría da álxebra, e no seu momento, foi considerada por Albert Einstein como “A xenio creativa das matemáticas”.
Debido a que naquela época non era habitual que as mulleres foran a universidade, asistiu de oínte as clases que impartía seu pai na Universidade de Erlangen-Núremberg.
Finalmente conseguiu matricularse neste centro e doutorarse exercendo a a súa carreira como profesora durante sete anos.
Máis tarde impartiu clase na Universidade de Gotinga dende 1919 ata que no ano 1933, Hitler expulsou aos profesores de ascendencía xudía das institucións públicas alemanas. Noether exiliouse aos EEUU para poder seguir dando clase en Bryn Mawr (Pensilvania) e adicarse á investigación no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton.
Imaxe da wikipedia |
Fonte : www.agenciasinc.es (23/03/15)
Esta muller é un claro exemplo de loita polo seu traballo, xa que tras haberllo posto difícil para estudar e posteriormente ser expulsada da súa plaza como docente, polas autoridades dirixidas por Hitler, nunca se rendiu. Ademáis, que un xenio como Einstein a calificara de tal xeito é por algún motivo!
ResponderEliminarSen dúbida, é o símbolo do esforzo persoal, e da loita polos soños, xa que, a pesares de telo case todo en contra, nunca se rendeu. Ademáis, a mención especial do maior xenio do noso tempo débese á súa capacidade matemática.
ResponderEliminar