Amosando publicacións coa etiqueta Saúde. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saúde. Amosar todas as publicacións

30 de maio de 2016

O brazo que Óscar recuperou en 15 días

O 23 de marzo, Óscar González, que exercía a súa profesión nas obras do túnel do AVE, tivo un aparatoso accidente coa máquina que empregaba no que amputou unha extremidade superior.
Para a reconstrución do seu brazo, pasou polas mans dos cirurxiáns Enrique Moledo, Beatriz Postigo e Rafael Otero do Hospital Povisa de Vigo. 
Parte do éxito da operación, que durou máis de 7 horas, debeuse á rápida intervención do 061.
En primeiro lugar estabilizáronselle os ósos ao paciente, e posteriormente, o equipo de cirurxía plástica e reconstrutora reconectou os vasos sanguíneos, os nervios e os tendóns. 
A Óscar ainda lle queda un longo traballo para recuperar a total movilidade do seu brazo. 
En Povisa, un equipo formado de seis médicos están especializados en macro e micro reimplantes, dos cales se realizan unhas 50 intervencións anuais.

Imaxe de gciencia.com
Fonte: www.gciencia.com (publicado 06/04/2016)


27 de maio de 2016

Macacos sometidos a experimentos

Na actualidade, China consta de 40 compañías que dispoñen destes monos e que converten a este país no maior exportador. Unha das principais empresas que utilizan estes primates para determinar a seguridade de produtos para uso humano é Hubei Tian Qin Company, que ten arredor duns 700 macacos. 
Estes animais críanse en Asia, polo baixo custo de produción, para despois envialos a diversos centros de investigación, principalmente en Gran Bretraña, Estados Unidos e Xapón. Actualmente empréganse arredor de 145 000 primates ao ano en ensaios clínicos. O feito de compartirmos o 96% dos xenes convírteos en animais moi axeitados para tal fin.

Imaxe de www.nationalgeographic.com
Li Feng

Fonte: www.nationalgeographic.com (publicado 29/04/2016) 


25 de maio de 2016

Alimentos que combaten a resaca

Estudos realizados en diversas clínicas e universidades do mundo conclúen que o consumo de máis alcol ou café non axudan a eliminar a resaca, aínda que hai alimentos que si o fan.
As froitas e o mel, segundo investigacións realizadas na Clínica Cleveland de Ohio, conteñen azúcares que son capaces de eliminar o alcol do corpo. O salmón, os ovos e os lácteos, segundo a mesma clínica, son bos para combater a resaca, xa que conteñen altos niveis de vitaminas B6 e B12, que diminúen os seus efectos.
Os espárragos, segundo un estudo publicado pola revista The Journal of Food Science, conteñen aminoácidos e minerais que axudan a metabolizar o alcol e protexen as células do fígado fronte ao mesmo.
As bebidas deportivas axudan a hidratar o organismo e a subir o nivel de electrolitos, e a dieta BRAT, composta por arroz, plátanos, puré de mazá e pan torrado, permite eliminar a dor de estómago rapidamente producida pola resaca. Finalmente, o xenxibre alivia as náuseas e os mareos causados pola mesma.

Imaxe de muyinteresante.es

Fonte: http://www.muyinteresante.es/salud


20 de maio de 2015

Predicir a orixe do cancro

Un estudo realizado por expertos do MIT(Massachussets Institute of Technology), a Universidade de Harvard e a Universidade de Washington amosa un novo modo para atopar o tipo de célula que se encontra detrás de calquera tumor. Estudando os datos aportados polo Roadmap Epigenomics Program, o equipo atopou que as caracteristicas dun tumor poden servir para determinar de onde provén. 
Un dos investigadores, afirma que o seu descubrimento pode predicir especificamente, para distintos tipos de cancro, onde se producirán as mutacións e cal foi a célula orixinal que o causou.
As mutacións son a causas que se agochan detrás de todos os tumores. Os cientificos estudaron diferentes tipos de células provintes de distintos tipos de cancro, como por exemplo o de colon e o de cerebro. En todas elas observaron que as mutacións estaban relacionadas coas estructuras da cromatina. A estructura da cromatina é tan única como unha pegada dactilar e resulta ser unha ferramenta moi fiable para determinar a célula responsable.

Imaxe de www.abc.es

Fonte: www.quo.es (18/02/2015)

6 de maio de 2015

A cabeza explosiva


Ata hoxe en día, pensábase que o síndrome da cabeza explosiva, un tipo de alteración do sono que consiste en escoitar un forte son na cabeza antes ou despois de dormir, afectaba a persoas maiores de 50 anos pero os investigadores da Universidade Estatal de Washington desmentíronno.

Estes profesionais fixeron un estudo cunha mostra de 211 estudantes, observabando que un de cada cinco experimentou a sensación de explosión alomenos unha vez na vida. Para algúns deles mesmo tivo consecuencias no seu día a día, producíndolles parálise do sono.

Aínda non se sabe que é o que causa este trastorno, nin se coñecen tratamentos para el pero, o feito de que haxa un porcentaxe considerable de persoas que o padecen, serve como apoio para cada afectado. Decátanse de que non están sós. 


Imaxe de: www.laraza.com/trastornos-del-sueno-que-meten-miedo/

Fonte: www.investigacionyciencia.es (15/04/2015)

4 de maio de 2015

O instinto materno

É a oxitocina tan só a hormona do pracer? Baseándonos na investigación realizada por neurocientíficos estadounidenses do NYU Langone Medical Center, a resposta é non. 

A partir do seu estudo publicado na revista Nature, observaron que unha inxección desta hormona no cerebro das ratas sen crías, estimulaba o comportamento materno facendo que se preocupasen por coidar os descendentes doutras.

Este efecto perdura incluso despois de que se bloqueen os receptores de oxitocina. Isto indícanos que esta hormona funciona como amplificador e supresor dos sinais neuronais no cerebro podendo ser manipulada nun futuro para trastornos como ansiedade social, estrés postraumático ou transtornos psicolóxicos de abusos.


Imaxe de: el-gatorriodico.blogspot.com
Fonte: www.agenciasinc.es (15/04/2015)

21 de maio de 2014

O consumo de alcohol empeora a visión nocturna

Investigadores da Universidade de Granada demostraron que o consumo de alcohol empeora notablemente a visión na noite. Menoscaba a calidade óptica da imaxe que vemos porque se deteriora a película de lágrima que recobre a superficie do ollo. 

Isto sucede xa que o alcohol aumenta a percepción dos círculos luminosos e produce alteracións visuais nocturnas o que dá lugar a unha visión deficiente. 

Estes investigadores realizaron o experimento con 67 participantes aos que se lle mediu a tasa de alcoholemia en aire expirado e aos que lles fixeron probas de rendemento visual nocturno.


Fonte: www.muyinteresante.es  ( 25/04/14 )