11 de maio de 2015

Fibra óptica para diagnosticar e curar.

A fibra óptica, creada polos ilustres Jonh Tyndall, Harold Hopkins e Narinder Singh Kapany, é un dos piares fundamentais sobre o que se apoia a nosa tecnoloxía xa que é a forma mais rápida que temos para comunicarnos de forma guiada. Estímase que o 95% do tráfico global en internet viaxa polos fondos mariños a través de fibras ópticas.
Da mesma maneira que a fibra óptica é o futuro da comunicación, tamén pode ser o futuro de moitas aplicacións médicas como por exemplo a reparación de varices ou a eliminación de tatuaxes: 
As varices son dilatacións venosas causadas por acumulacións de sangue nas veas. Estas son especialmente visibles nas extremidades inferiores. As varices superficiais (“arañas”) ou de grosor intermedio poden quitarse con tratamentos externos de láseres. Non obstante, as varices grosas precisan máis potencia, e para eliminalas introdúcense fibras ópticas para guiar potencias moi altas de luz de láser. Desta maneira, as varices máis gordas “quéimanse” e o propio corpo encárgase de limpar a zona. 
A través da fibra óptica tamén podemos conseguir a retirada de tatuaxes. O que se fai é enviar impulsos eléctricos de alta potencia preparados para un tipo específico de pigmentación. Este láser xera un impulso de luz que é guiado a través dunha fibra óptica. Estes láseres precisan maior potencia que os que se usan para quitar as “arañas” xa que a precisan para profundar mellor no tecido da pel. Ademais permiten facer isto en nanosegundos sen danar a pel.
http://www.gangster-tattoos.com


Fonte: www.investigacionyciencia.es (06/04/15)


3 comentarios:

  1. Sen dúbida, a fibra óptica e moi importante para as tecnoloxías de hoxe en día, pero máis importante se vai facer ao introducila noutros ámbitos como a mediciña. Moi bo traballo!

    ResponderEliminar
  2. Paréceme increible que algo que se emprega sobre todo para a tecnoloxía, como é a fibra óptica, tamén se esté a introducir no campo da mediciña. O único problema que vexo é que a xente se tomaría menos tempo en pensarse o de facerse tatuaxes permanentes, xa que os poderían eliminar (aínda que imaxino que por un prezo moi elevado). Gran traballo!

    ResponderEliminar
  3. Que avance tan interesante! Ahora que a fibra óptica se empeza a introducir en campos como a mediciña, a xente que o desexe, poderá eliminar os tatuaxes permanentes. Bo traballo!

    ResponderEliminar