4 de maio de 2015

Consecuencias do quentamento global: desaparición dos glaciares

Prevese que os glaciares situados no oeste de Canadá, co paso do tempo, poidan chegar a perder un 50% do seu volume, en lugares nos que o clima sexa seco, e ata un 90% en lugares onde haxa moita humidade. Estes prognósticos baséanse nos escenarios de emisión de gases do efecto invernadoiro. Investigadores canadienses da Universidade de British Columbia combinaron os datos dispoñibles con simulacións do clima a través de ordenadores para conseguir así, unha simulación o máis real posible para o ano 2100.
Este desxeo pode levar unha serie de problemas entre os cales o máis perigoso, sobre todo nesa zona, é que os caudais dos ríos serán moito mais cálidos, o que afectará á produtividade do salmón.



Fonte: www.agenciasinc.es (6/04/15)


1 comentario:

  1. Penso que se trata de un problema bastante grave xa que, a desaparición dos glaciares, levan consigo tamén unha desaparición de distintas especies animais e, non podemos permitir que unha especie se extinga.

    ResponderEliminar