Amosando publicacións coa etiqueta Inventos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Inventos. Amosar todas as publicacións

19 de maio de 2015

O ordenador máis pequeno do mundo

Expertos do Departamento de Ciencias da Computación da Universidade de Michigan desenvolveron o ordenador mais pequeno do mundo chamado Michigan Micro Mote (M^3) que non ten nin teclado nin pantalla.
O obxectivo destes científicos e conseguir que algún día os obxectos cotiáns da casa teñan circuítos integrados e que poidan comunicarse entre eles formando unha rede.
Entres as funcións deste ordenador están: a toma de fotografias, a obtención de temperaturas e o rexistro de medidas de presión. Debido ao seu pequeno tamaño poderase utilizar dentro do corpo humano.
Industrias petroleiras tamén se interesaron por esta tecnoloxía que podería ser empregada en tuberias e gasodutos.

Fonte: www.quo.es (7/04/2015)

18 de maio de 2015

O material do futuro: O supergrafeno

Descuberto na Universidade de Manchester, o grafeno comparte, xunto cos drons e a IA (intelixencia artificial) o campo de futuros avances que revolucionarán a nosa sociedade. O grafeno componse dunha estrutura de átomos de carbono, que se aliñan formando unha rede dun grosor do tamaña dun só átomo. Esta estrutura confírelle as propiedades de ser o condutor da electricidade máis fino que existe ou de ser transparente, entre outras.
A día de hoxe, a Universidade de Exeter está desenvolvendo melloras substanciais nas propiedades deste revolucionario material. Entre as súas aplicacións posibles están a de fabricar potabilizadores de auga de baixo consumo e alta eficiencia, ou substituír aos actuais condutores dos teléfonos móbiles (óxido de indio e estaño) por unha estrutura de carbono modificada.

Ilustración artística da estrutura de carbono do grafeno
(de www.thecuttingedgenews.com)

Fonte: http://www.muyinteresante.es (12/03/2015)

11 de maio de 2015

Unha batería que se recarga ao 100% nun minuto

É posible conseguir que unha batería se recargue ao 100% nun só minuto? Ata agora todos os investigadores o daban por imposible, aínda que non deixaron de intentalo. Un equipo de científicos da Universidade de Stanford (E.E.U.U.) está a conseguilo.
Existen moitas diferenzas entre esta nova batería e as convencionais. Unha delas é que a primeira pode soportar 7.500 cargas e descargas (chamados ciclos) fronte ás 1.000 que soportan as actuais. O material do que están feitas tamén é distinto: as baterías tradicionais están feitas de litio, mentras que estas novas baterías están feitas de aluminio. A principal vantaxe deste material é que é ignífugo, o que evita que a batería estoupe ou prenda lume a pesar da súa velocidade de proceso de datos. Ademáis, grazas ás características físicas do aluminio, estas baterías poderíanse incorporar nos futuros dispositivos flexibles.
O único problema actual para non poder empregar xa estas baterías é que contan cunha voltaxe de só dous voltios, mentras que as actuais precisan máis de tres. Isto obrigaría a poñer dúas baterías nun mesmo dispositivo ou mellorar os dispositivos actuais.
Polo momento non se coñece unha data de lanzamento a nivel comercial para este invento, pero o seu éxito está máis que asegurado.

http://entertecno/tag/bateria-recargable-en-un-minuto/

Fontes:
http://www.muyinteresante.es/ (10-04-2015)
http://www.investigacionyciencia.es/ (14-4-2015)

5 de maio de 2015

Xa chegou o tempo atómico

Hoxe en día, a tecnoloxía permite facer avances incribles, o máis salientábel é o dos chamados “smartphones” (teléfonos intelixentes en inglés), que case posúen as prestacións dun ordenador moderno, permitindo capturar imaxes de moi boa calidade e ata substituír os reloxos, o medio común de medir o tempo no que vivimos.
A pesar diso, a firma inglesa de produtos de luxo Hoptroff, especialmente reloxos, decideu apostar pola construcción do primeiro reloxo atómico de bolsillo. Este aparato, que, por apariencia parecería un xoguete con agullas falsas, posúe 28 eixes de movemento, cunha agulla insertada en cada un, o que lle permite marcar dende o tempo sideral, ata a temperatura, a humidade e tamén inclúe un pequeno compás, por se algún día perdemos o norte…
Este pequeno enxeño mecánico, ten unha precisión case inigualábel, posto que só atrasa 1,5 segundos por cada mil anos, debido tamén a que o chip que o controla é o Quantum SA.45s., que foi desenvolvido militarmente para medir o tempo con precisión case exacta en lugares onde a cobertura GPS non é posíbel.
Consiste nunha cámara que contén gas de cesio en condicións reguladas por láser, e un resoador de microondas, é dicir, un medidor de oscilacións dos átomos deste gas. É ese bip bip nuclear o que permite que este artiluxio de prezo escandaloso (100.000 libras ou 139.276 euros) continúe facendo a súa función, coma calquera das doce unidades que se fabricaron.

Interior del Hoptroff 10.

Fonte: http://www.alpoma.net/ (25/03/2015)