Amosando publicacións coa etiqueta Química. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Química. Amosar todas as publicacións

30 de maio de 2016

Por que "sangran" os glaciares?

Os glaciares son grandes masas de auga conxelada que se atopan nas zonas máis frías do planeta. Normalmente, teñen unha cor branca ou azulada, aínda que as rochas e minerais que arrastran poden cambiar a súa cor a vermella. 
Na Antártida hai unha paraxe chea de glaciares con este fenómeno, coñecida como “fervenzas de sangue”. O primeiro en observar esta paisaxe foi o xeógrafo e explorador australiano Thomas Griffith Taylor en 1911, quen lle dá o nome ao glaciar Taylor. Este é un terreo moi árido, xa que apenas chove, e o glaciar non está conxelado na súa totalidade. A parte sólida atopase enriba dun lago, o cal posúe unha gran concentración de sal e ferro. Cando os ions ferro da auga entran en contacto coa atmosfera, oxídanse e depositan os seus óxidos na superficie. Estes óxidos son os causantes da cor vermella.
Jill Mikucki, microbióloga da Universidade de Tenessee, descubriu que as bacterias autótrofas do ecosistema son as responsables da oxidación dos ions, tomando como fonte de enerxía a materia órganica enterrada xunto a eles.



Imaxe de elembrujodegaia.blogspot.com.es/

Fonte: http://www.muyinteresante.es/naturaleza (publicado

23 de maio de 2016

Unha app para coñecer a calidade da cervexa

Un equipo de químicos coordinados por Elena Benito Peña e María Cruz Moreno Bondi da Universidade Complutense de Madrid, desenvolveron un sistema que permite medir se a cervexa está rancia.
Este sistema, rápido e de baixo custo, consta duns sensores dun polímero similar ao que se emprega para fabricar as lentes de contacto. Os sensores cambian de cor ao entrar en contacto coa cervexa, pasando de amarelo a rosa segundo a cantidade de furfural -composto químico que se forma cando a bebida envellece- que detecten. 
Mediante unha aplicación móbil, creada polo mesmo equipo, pódese coñecer exactamente a cantidade de furfural presente na bebida mediante a toma dunha fotografía. Considérase este un importante avance para a industria cervexeira, que tamén podería ser utilizado con outros alimentos como mel, leite, café...

Imaxe UCM


22 de maio de 2015

Pilar Bermejo

Santiago, 1956.
Foi Vicedecana da Facultade de Química dende 1989 ata 1994 e directora do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía dende 1998 ata 2006.
Dirixe nesta facultade o Grupo de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación.
Dirixiu e desenvolveu numerosos proxectos de investigación. Entre eles citamos o realizado coa cooperativa galega leiteira Feiraco para obter leite enriquecido en selenio, elemento químico que achega propiedades protectoras contra o cancro e a diabete.

 
Pilar Bermejo é decana da Facultade de Química dende 2014.
Imaxe de www.lavoz degalicia.es
Fonte:Casal, Iolanda (2007). Investigadoras galegas.Ed. Compostela.

23 de febreiro de 2014

Cicatrices sen puntos

Investigadores da Universidade Pierre e Marie Curie de París estudaron unha solución de nanopartículas (óxido de silicio en po mesturado con auga) que podería ser empregada para pegar tecidos humanos nuns trinta segundos. Até o de agora só se probou en animais, concretamente en fígado de tenreira.
 
 
As súas vantaxes sobre os puntos de sutura convencionais son, por una banda, que as súas nanopartículas se integrarían perfectamente no organismo e por outra, que se evitarían as inflamacións e os desgarros producidos polas agullas.

Fonte: http://www.elmundo.es/salud/

Artigo resumido por Ana Rosa, Isabel e María de 3ºESO C.