10 de maio de 2013

Deportista polifacética

Marie Félicie Élisabeth Marvingt naceu en Aurillac (Francia) en 1875. Destacou moi pronto pola súa habilidade deportiva.
Demostrou en diversas probas que podía competir contra calquera home e logrou da Academia de Deportes Francesa a medalla de ouro “por tódolos deportes” en 1910.
En 1909 probou por primeira vez a súa maior paixón: os avións. Está considerada como a primeira muller en pilotar en solitario un avión monoplano.
A Gran Guerra impulsouna a loitar pola construción de ambulancias aéreas. Morreu o 14 de decembro de 1963 mentres durmía. 

Imaxe de wikimedia.org


Fonte: Marck, Bernard. Ellas conquistaron el cielo. Ed. Blume



2 comentarios:

  1. Esta pareceme unha muller que debería estar máis recoñecida, xa que eu antes de ler este artículo non sabía nada dela.
    Ao parecer debeu de ser moi importante para que as mulleres seamos máis recoñecidas en todos os ámbitos da vida, sobre todo nos que antes solo estaban os homes.

    ResponderEliminar
  2. Opino que é unha noticia moi importante xa que as mulleres ao longo do tempo apenas están recoñecidas como importantes

    ResponderEliminar