14 de maio de 2013

Google Glasses


As Google Glasses son un novo proxecto no que está traballando a compañía informática dende hai un ano e que non estarán dispoñibles á venda para o público ata 2014.
Os creadores destas gafas pretenden que sexan utilizadas como un computador ou un smartphone, só que permitirá ter as mans libres. Constarán do sistema operativo Android e dun sistema de comandos de voz comparable ao Siri do iPhone.
Tamén terá unha avanzada tecnoloxía de lectura de ollos, xa que todo será dirixido mediante os movementos das nosas pupilas. 
A montura será de titanio e constarán dunha pequena cámara e dunha pantalla do tamaño dun selo de correos, que será proxectada virtualmente grazas a un láser.

From: www.phonearena.com

Fonte: www.muyinteresante.es (14/5/2013)

7 comentarios:

  1. A tecnoloxía avanza moi rapidamente hoxe en día e este pode ser un dos inventos máis revolucionarios pero tería que estar moi perfeccionado para evitar problemas, por exemplo, de vista.

    ResponderEliminar
  2. Para min é un gran avance tanto na tecnoloxía como na nosa vida, xa que estas gafas fannos a nosa vida un pouco máis sinxela, debido a que nos poden guiar a calquera lado e falar con calquera persoa unicamente coa conexión do noso teléfono móbil.

    ResponderEliminar
  3. Unha nova que demostra o incrible que pode ser a tecnoloxía. Pero tamén ten inconvintes, xa que a nosa privacidade podería verse moi reducida, xa que poden ver o que les, a onde vas, os teus gustos...

    ResponderEliminar
  4. Este invento ten un gran incovinte, que é, toda información subida a internet queda ahí para sempre e por moito que o intentas non se pode eliminar, sempre queda un rastro.

    ResponderEliminar
  5. A min paréceme un gran invento tecnolóxico, que nos poderá axudar en moitos aspectos. Pero creo que o seu prezo non será baixo, co que non poderá contar con el calquera persoa.

    ResponderEliminar
  6. Hai un problema grande neste invento, se a pantalla é tan pequena, fará que nos esforcemos por ver o que pon, o que quero decir e que iso causaría problemas visuais ao tempo

    ResponderEliminar
  7. Estou dacordo con que di Antonella, se non somos capaces de mover un ollo independentemente do outro, poderíamos quedarnos virollos.

    ResponderEliminar