7 de maio de 2013

As formigas matemáticas

Según diversos estudos, as formigas son mellores en matemáticas cós humanos porque escollen o camiño máis rápido, en lugar do máis curto, para se desprazaren dun determinado punto a outro.
Pode ser que o camiño máis curto dificulte a nosa velocidade por calquera motivo, pero os humanos tendemos a escollelo, mentres que as formigas escollen o máis rápido aínda que camiñen máis distancia.
Para a investigación empregáronse colonias de Wasmannia auropunctata, unha das especies  de formigas máis invasoras do mundo. 


Alex Wild 2007 (myrmecos.net)
Fonte: www.quo.es (18/04/2013)

4 comentarios:

  1. Paréceme unha noticia moi interesante xa que, ás veces, non caemos na conta de que, en numerosas ocasións, os animais poden ter as mesmas ou incluso mellores capacidades ca nós.

    ResponderEliminar
  2. Esta pareceme unha boa noticia porque, ademáis de ver que os humanos non sempre estamos no certo, podemos ver como outros animais coma estas pequenas formigas toman mellores decisións ca nós nalgunhas ocasións e así tamén deixamos de infravalorar as demais especies.

    ResponderEliminar
  3. Impresiona darse conta de que uns animais tan pequenos poden ser capaces de desenvolver tales capacidades, boa noticia.

    ResponderEliminar
  4. Está claro que estes pequenos animais son realmente incribles. Teñen unha gran organización ademais de ser moi traballadores e intelixentes. Esta noticia resúltame realmente interesante.

    ResponderEliminar