Célebre físico inglés. Con doce anos comezou o seu interese pola ciencia.
Dalton tiña dificultades para diferenciar determinadas cores polo que, hoxe en día, esta enfermidade coñecese co nome de daltonismo, na súa honra.
É coñecido pola súa teoría atómica, que explica que a materia está formada por átomos e que estes son indivisibles e non se poden nin crear nin destruír. Tamén afirma que os átomos se poden combinar de tal maneira que se crean estruturas máis complexas.
Esta teoría era moi útil para explicar as reaccións químicas, pero foi rexeitada por moitos científicos da época. Hoxe en día está demostrado que o átomo se pode dividir.
Imaxe da wikipedia |
Ningún comentario:
Publicar un comentario