Investigadores da Universidade de Harvard (EEUU) deseñaron un material que pode volverse transparente e axustar as súas características de humectabilidade segundo conveña. Está inspirado nas lágrimas, onde os líquidos se unen e forman unha capa sobre os ollos con múltiples funcións. Así, o novo material consiste nunha película líquida que cobre un sustrato poroso elástico, o que fai que sexa tan versátil. Deformando o material cambiase o tamaño dos poros, o que permite que a superficie do líquido cambie a súa forma. A autora principal do traballo, Joanna Aizenberg, destacou que “o bo do sistema é que é adaptable e multifuncional”.
En estado de repouso, este novo material é suave, claro e plano. No momento no que caen substancias líquidas sobre a súa superficie, discorren por el facilmente. Por outro lado, se se estira a súa superficie vólvese máis rugosa e o material pasa a ser lixeiramente máis opaco.
Podería empregarse en tendas de campaña, xa que este material bloquearía a luz nun día seco e soleado e volveríase transparente e repelente ao auga nun día escuro e chuvioso, así como en lentes de contacto de alta precisión, autoaxustables e que se limpan a sí mesmas así como en tuberías que regulan o paso da auga.
Instituto Weyss/SEAS |
Fonte: www.muyinteresante.es (13/04/13)
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarEste artigo chamoume moito a antención. Paréceme moi interesante dado que pode chegar a revolucionar todo o mercado. Poderíase utilizar en cortinas nas casas, algunha prenda de roupa como impermeables ou chaquetas, en paraugas...
ResponderEliminarEn definitiva, un grande invento.
Moi interesante. Isto podería revolucionar todo a noso forma de vivir, dende as fiestras dos nosos fogares ata invernadoiros e incluso teitos. En resumo, un invento que pode ser moi relevante nun futuro próximo.
ResponderEliminar