8 de maio de 2013

Un traxe que se volve transparente cando quen o leva mente

Se levas esta roupa e mentes, será mellor que te escondas.
O autor holandés Daan Roosegaarde creou unha innovadora prenda que se volve totalmente transparente cando o que a leva posta mente. O invento, que forma parte do proyecto Intimacy 2.0, utiliza coiro como láminas electrónicas que cambian a súa opacidade dependendo do ritmo dos latexos do corazón. Así, este tecido intelixente consegue responder á interacción social modificando a corrente eléctrica e a luz para alternar entre un estado opaco e outro transparente. 
Daan está á fronte do Studio Roosegaarde, que se pode describir como un laboratorio artístico de proxectos interactivos, sobre todo proxectos que relacionan a tecnoloxía coa interactividade dos humanos, o son e as emocións.



Fonte: www.muyinteresante.es (29/04/2013)



4 comentarios:

  1. Este debería ser o traxe oficial de todos os deputados. Sería divertido ver o Congreso cheo de xente espida.

    ResponderEliminar
  2. Este proxecto debería saír adiante e ser utilizado por todo o mundo. Quizais, se a xente pasara a maior parte do tempo espida por mentir entendería o mal que está facelo.

    ResponderEliminar
  3. Se todos levásemos posto este traxe pensaríamos dúas veces se mentir ou non. Ademáis do citado anteriormente polos meus compañeiros cómpre destacar que isto tamén axudaría en temas xudiciais.

    ResponderEliminar
  4. Eu creo que este traxe a non vai ser moi utilizado cando saia, debido a que sera bastante caro e os "peces gordos" de españa non creo que lles interese levar un traxe deste material.

    ResponderEliminar