Na universidade de Vigo (co apoio do Instituto Nacional de Técnicas Aereoespaciais) creouse o prototipo dun “cubosatélite” chamado Xatcobeo que foi posto en órbita o 9 de febreiro na Guayana Francesa.
O “cubosatélite” de 900 gramos e 10 centímetros de longo, largo e profundidade será útil na futura construción de novos satélites. Outra aplicación poderá ser a recepción de sinais de vixilancia marítima ata a configuración de sensores terrestres que axudarán na loita contra incendios. Varias universidades chilenas amosaron interés polo “cubosatélite”.
Fonte: www.elmundo.es (14/01/2012)
Pareceme unha noticia interesante e ao mesmo tempo optimista, porque, como teño lido noutras fontes, trátase do primeiro satélite deseñado, en Galicia, o que nos mostra que a nosa comunidade tamén pode ser punteira e importante a nivel tecnolóxico e científico.
ResponderEliminarParéceme beneficioso que dito satélite poida axudar na loita contra os incendios, o medio ambiente agredeceráno moito
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarMoi interesante que se comece a traballar e investigar neste tipo de actividades nas que España, e neste caso Galicia,non son os principais países precursores.
ResponderEliminar