8 de maio de 2013

Riles artificiais

Os investigadores do Hospital Xeral de Massachussets en Boston crearon riles de rata no laboratorio que poderían dar lugar ao desenvolvemento de órganos para o seu transplante a persoas.
Os riles obtidos produciron ouriños no laboratorio e seguírono facendo cando foron transplantados a outras ratas.
Para obter estes órganos partiuse de riles de ratas doantes aos que se lles realizou o proceso de descelularización. A continuación intruducíronse neles novas células para que rexeneraran o tecido.
Demostrouse que este método permitía conservar as complexas estruturas do órgano e que funcionaba en riles de porcos e humanos.
A investigación abre a porta á obtención de órganos a partir das células do propio paciente, o que solucionaría a escaseza de órganos para transplante.


Centro de Médicina Rexenerativa do Hospital Xeral de Massachusetts

Fonte: www.investigaciónyciencia.es (18/04/2013)

4 comentarios:

  1. Este articulo pareceme moi interesante, xa que agora xa case se pode xerar organos a partir das celulas do propio paciente

    ResponderEliminar
  2. É interesante e moi importante que se investigue en medicina,especialmente neste tipo de actividades xa que, ademais de proporcionarlle ao pacinente unha mellor e maior calidade de vida evita o transplante de órganos(riles neste caso) no que pódense ver perxudicadas varias persoas se algo sae mal.

    ResponderEliminar
  3. Pareceme moi interesante, porque esto abrirá novas portas a contrucción e formación de transplantes para moitas partes do corpo....

    ResponderEliminar
  4. Esta noticia pareceme interesante porque se poden chegar a xerar organos a partir de celulas do noso propio corpo.

    ResponderEliminar