7 de maio de 2013

A síndrome de Asperger.

Incapacidade de comprender as intencións ou as emocións dos demais, dificultades para relacionarse ou captar as bromas e os sarcasmos nas conversacións, incapacidade para mentir e intransixencia coas rutinas son os principais síntomas da síndrome de Asperger.
As persoas que sofren esta enfermidade teñen pouca habilidade para comprender os estados mentais dos demais, é dicir, non son capaces de poñerse no lugar doutras persoas, non logran comprender como pensan, senten, actúan ou cales son as súas intencións. Teñen tamén problemas para planificarse e normalmente sofren de ansiedade cando hai cambios nas súas rutinas.
No entanto, a maioría destas persoas teñen un coeficiente intelectual normal ou incluso sobresaíente e poden posuír talentos extraordinarios para a música, o debuxo, o cálculo ou a memoria.

Imaxen da Wikipedia.


Fonte: www.muyinteresante.es  (02/04/2013)

4 comentarios:

  1. Penso que estas noticias deberían servirnos para darnos conta de que aquelas persoas que teñen problemas contan sen embargo con outras cualidades. Por iso debemos respectalas e axudalas a levar unha vida normal.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  3. Habitualmente, desprézase ao resto sen se dar conta de que son iguais. Teñen a capacidade de poder realizar caricaturas cómicas en cuestión de segundos, a maioría dos deportes dánselle ben, teñen un bo oído para a música...entre outras moitas cousas. Ten que ser duro vivir co desprezo dos demais polo simple xeito de nacer con algo diferente. Creo que deberiamos de aprender a valorar o que temos o noso redor, e non parecer seres insensibles.

    ResponderEliminar
  4. Non sabía da existencia desta síndrome. É moi interesante mais gustaríame saber se a podes ter de nacemento ou se desenvolve de algunha forma durante a vida.

    ResponderEliminar