10 de maio de 2013

Novo Reloxo de Apple

Cen deseñadores da compañía Apple traballaron no deseño do reloxo iWatch, que permite as funcións que se atopan no iPhone e no iPad como facer chamadas telefónicas ou chequear as coordenadas de posición nun mapa. 
Os analistas afirman que é posible que inclúa unha pantalla flexible alimentada con enerxía cinética xerada a partir do movemento do usuario. Este aparello incorpora un podómetro para controlar os pasos dos usuarios mentres camiñan ou corren, así coma sensores para motorizar datos relacionados coa saúde, coma o latexo cardíaco.



Fonte: www.muyinteresante.es (05/03/2013)

7 comentarios:

  1. Este reloxo está moi ben xa que se pode usar como teléfono móbil e é pequeno. O feito de que sexa alimentado por enerxía cinética do movemento do usuario, permítenos aforrar cartos en pilas.

    ResponderEliminar
  2. Obviamente é un tema moi interesante e actual, suponse que vai ser revolucionario pero non sei ata que punto, polo simple feito de "traballar" nunha pantalla tan pequena, resulta algo complicado.

    ResponderEliminar
  3. É unha gran innovación, como non podía ser doutra maneira, creada pola compañía Apple. Paréceme moi interesante o uso que lle dan á enerxía cinética e creo que pode ser moi útil na nosa vida diaria.

    ResponderEliminar
  4. Unha nova moi interesante, pero probablemente non teña moito futuro con este uso inicial, xa que sería máis útil para previr enfermidades, para o seu tratamento e control.

    ResponderEliminar
  5. Moi bo invento xa que hoxe en dia, eu creo que a enerxia cinetica tamen se poderia empregar noutras tecnoloxias pero por algo hai que comezar.

    ResponderEliminar
  6. Este reloxo é moi curioso xa que podes mirar cousas nel que nunca pensaches mirar nun reloxo, como pose ser falar por teléfono ou o teu latexo cardíaco.

    ResponderEliminar
  7. Como non podía ser doutra maneira, Apple segue a innovar, e agora, con este invento, poderemos saír a correr case durante dias, se fosemos capaces, xa que a batería se renovaría co noso movemento, e ademáis poderiamos comprobar a velocidade á que corremos.

    ResponderEliminar