3 de maio de 2013

É a fin das troitas?


Un estudo español prevé que no ano 2040 unha de cada dúas troitas desaparecerá, e que no ano 2100, case ningunha percorrerá os ríos ibéricos.
Debido á sensibilidade desta especie de salmónido (Salmo trutta) aos cambios no seu contorno e, en especial, aos cambios de temperatura da auga, producidos polo xa coñecido cambio climático, estase producindo a súa rápida regresión nas cuncas ibéricas. Outras causas que están provocando a súa extinción son, entre outras: a sobrepesca, a extracción de auga para cultivos ou a repoboación con outras especies que compiten polo alimento e, ao mesmo tempo, están alterando de xeito negativo a xenética das troitas.




4 comentarios:

  1. O que me fai pensar esta noticia é que a este paso os nosos descendentes só vcan conocer as troitas por fotos, iso parece bastante malo a verdade

    ResponderEliminar
  2. Pois é unha pena que as troitas desaparezcan.. Habería que intentar facer algo para que esto non ocorra.

    ResponderEliminar
  3. Eu penso que deberíamos protexelas, xa que é preferible velas en vida e non nunha simple fotografia.

    ResponderEliminar
  4. Esta é unha noticia preocupante xa que, con estes datos, podemos calcular que en menos de 90 anos quedarán unhas poucas troitas nas nosas augas. Espero que se tomen medidas para solucionar este problema.

    ResponderEliminar