O pasado 25 de abril tivo lugar unha eclipse parcial de lúa que foi visible en numerosas zonas de Europa, África, Asia e Australia. Tratouse dunha eclipse de curta duración e o seu escurecemento foi limitado. Por iso se denomina eclipse penumbral.
O fenómeno contemplouse sen necesidade ningunha dun instrumento óptico, dado que se produciu durante o día.
Esta é a eclipse número 65 das 72 eclipses do ciclo Saros, denominadas caldeos polos astrónomos na antigüidade. Cada un destes ciclos contén 223 meses sinódicos (meses dende unha Lúa Nova á seguinte).
Trátase tamén da segunda eclipse parcial de lúa máis breve do século XXI e a primeira deste tipo en 2013.
No presente ano produciránse ademais outras dúas eclipses deste tipo, a primeira o 25 de maio e a segunda o 18 de outubro, tendo unha duración maior cá da mencionada no texto.
Fonte: www.muyinteresante.es (25/04/13)
Esta noticia paréceme moi interesante xa que precisamente eu non sabía nada sobre o ciclo Saros
ResponderEliminarTodos escoitamos falar dos eclipses, son fenómenos astronómicos que suceden cando a terra se interpón entre o sol e a lua entre o cono da sombra da terra, isto produce o oscurecemento do corpo celeste. Isto non sucede todos os días e o do 25 de Abril de 2013 é o máis frecuente.
ResponderEliminarRecoñezo que non é un tema que me chame moito a atención pero ninguén pode negar a sua importancia, ademáis e moi emocinante ver un eclipse lunar.