10 de maio de 2013

Ata logo á experimentación animal con fins cosméticos

Recentemente acaba de entrar en vigor a última fase do proceso para prohibir a experimentación con animais con fins cosméticos na Unión Europea. A partir de agora non se poderá nin experimentar nin comercializar produtos cosméticos en cuxo desenvolvemento se houbera experimentado con animais.
Nos últimos anos, grazas á unha Diretiva asinada pola Unión Europea en 2003, estívose a eliminar progresivamente esta práctica na industria cosmética. 
Pero agora xorde unha nova pregunta: "Existen métodos alternativos?". Na actualidade atopamos diversas alternativas como as técnicas in vitro, a bioinformática ou a metabolómica. Estes métodos están recibindo axuda institucional da Unión Europea.

Getty Images

Fonte: www.mundo-geo.es

2 comentarios:

  1. Esta paréceme unha gran noticia xa que significa a prohibición do uso de animais para exerimentos. Desta forma acabaríase con moitas mortes e danos innecesarios,tendo en conta que hai outras alternativas e pódese eliminar.

    ResponderEliminar
  2. Paréceme unha noticia moi interesante xa que os animais no sufriran mais os efectos secundarios dos experimentos.

    ResponderEliminar