3 de maio de 2013

Demostrado o "efecto Pinocho".

Coñecemos como efecto Pinocho aquel que lle afecta a unha persoa cando mente. Debido a isto aumenta a temperatura do seu nariz e a do seu músculo orbital. O nariz volverá ao seu estado inicial se realizamos un esforzo mental, é dicir, se nos enfrontamos a actividades difíciles, mentras que se sufrimos un ataque de ansiedade a temperatura facial aumentará de novo. 
Isto corresponde a unha investigación realizada mediante termografía, técnica baseada na detección da temperatura dos corpos. 
Cando mentimos sobre os nosos sentimentos, actívase no cerebro unha estrutura denominada ínsula que intervén na regulación da temperatura corporal.


Fonte: www.muyinteresante.es/  (26/11/2012)

2 comentarios:

  1. Ahora xa sei o que ocurrirá se minto

    ResponderEliminar
  2. Moi curiosa esta noticia. Vendo esto mellor non volvo a mentir.

    ResponderEliminar