30 de maio de 2016

O brazo que Óscar recuperou en 15 días

O 23 de marzo, Óscar González, que exercía a súa profesión nas obras do túnel do AVE, tivo un aparatoso accidente coa máquina que empregaba no que amputou unha extremidade superior.
Para a reconstrución do seu brazo, pasou polas mans dos cirurxiáns Enrique Moledo, Beatriz Postigo e Rafael Otero do Hospital Povisa de Vigo. 
Parte do éxito da operación, que durou máis de 7 horas, debeuse á rápida intervención do 061.
En primeiro lugar estabilizáronselle os ósos ao paciente, e posteriormente, o equipo de cirurxía plástica e reconstrutora reconectou os vasos sanguíneos, os nervios e os tendóns. 
A Óscar ainda lle queda un longo traballo para recuperar a total movilidade do seu brazo. 
En Povisa, un equipo formado de seis médicos están especializados en macro e micro reimplantes, dos cales se realizan unhas 50 intervencións anuais.

Imaxe de gciencia.com
Fonte: www.gciencia.com (publicado 06/04/2016)


2 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. É asombroso os grandes avances médicos dos que dispoñemos, cada día acadan maiores logros dos cales este arquivo é unha mostra.

    ResponderEliminar