Investigadores da Universidade Pierre e Marie Curie de París estudaron unha solución de nanopartículas (óxido de silicio en po mesturado con auga) que podería ser empregada para pegar tecidos humanos nuns trinta segundos. Até o de agora só se probou en animais, concretamente en fígado de tenreira.
As súas vantaxes sobre os puntos de sutura convencionais son, por una banda, que as súas nanopartículas se integrarían perfectamente no organismo e por outra, que se evitarían as inflamacións e os desgarros producidos polas agullas.
Fonte: http://www.elmundo.es/salud/
Artigo resumido por Ana Rosa, Isabel e María de 3ºESO C.
Este é un gran avance na medicina, xa que os puntos de sutura son moi empregados actualmente. todo o mundo os tivo algunha vez. Esperemos que poida ser usada en humanos e que en poucos anos estea dispoñible.
ResponderEliminar