Os glaciares son grandes masas de auga conxelada que se atopan nas zonas máis frías do planeta. Normalmente, teñen unha cor branca ou azulada, aínda que as rochas e minerais que arrastran poden cambiar a súa cor a vermella.
Na Antártida hai unha paraxe chea de glaciares con este fenómeno, coñecida como “fervenzas de sangue”. O primeiro en observar esta paisaxe foi o xeógrafo e explorador australiano Thomas Griffith Taylor en 1911, quen lle dá o nome ao glaciar Taylor. Este é un terreo moi árido, xa que apenas chove, e o glaciar non está conxelado na súa totalidade. A parte sólida atopase enriba dun lago, o cal posúe unha gran concentración de sal e ferro. Cando os ions ferro da auga entran en contacto coa atmosfera, oxídanse e depositan os seus óxidos na superficie. Estes óxidos son os causantes da cor vermella.
Jill Mikucki, microbióloga da Universidade de Tenessee, descubriu que as bacterias autótrofas do ecosistema son as responsables da oxidación dos ions, tomando como fonte de enerxía a materia órganica enterrada xunto a eles.
Imaxe de elembrujodegaia.blogspot.com.es/ |
Fonte: http://www.muyinteresante.es/naturaleza (publicado
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarNa miña opinión, o feito de que a explicación do proceso polo cal os glaciares "sangran" esté separada en dous parágrafos dificulta lixeiramente a comprensión. A pesar diso parece moi interesante a publicación deste arquivo.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar